Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

LECTURAS DE MEDO PARA ESTAS DATAS DO SAMAÍN

Cando petan na porta pola noite, catro historias que arrepían coma aquelas que se contaban ao pé da lareira nas noites de inverno. Relatos de medo e suspense para non durmir. Xabier P. Docampo.

?Botei uns días cismando dentro de min se sería certo o que sucedera ou tería sido un mal soño, cando unha noite que viña de Mos, ao pasar pola Ponte Vilar volvín ver a vella. De primeiras non vin máis que a luz do lume que vai canda ela, porque se botou de riba de min e arrincoume o fígado en menos do que che conto, e mentres eu agarraba e apertaba a barriga entre as máis terribles dores que ten sufrido humano ningún, el acomía a miña víscera coma se fose un manxar. Berrei coma un condenado polas dores e polo medo. Vomitei e cuspín sangue toda a noite.? Fragmento de ?O Fornadas?.

A pantasma de Canterville
, unha familia norteamericana merca o pazo enmeigado de Canterville. Polas noites aparece o espectro de Sir Simon de Canterville e as reaccións da familia alporiza a pantasma. Oscar Wilde.

A noite das cabras do aire, Chisco é ese heroe que debe enfrontarse aos seres que buscan saciar os seus apetitos máis horrendos. Lázaro Enríquez.

Dr. Jekyll e Mr. Hyde, un home experimenta no seu laboratorio e acaba transformándose no ser máis vil para cometer actos terribles. R. L. Stevenson.

A pantasma telefónica, un grupo de rapaces notan a presenza dunha pantasma nun albergue, a pantasma entra nos seus móbiles, no ordenador... Xabier A. Barreiro.

O escarabello de ouro, sete contos de misterio e terror que provocan arrepío n@s lector@s. Edgar Allan Poe.

Pel de lobo, a lenda das mulleres loba cobra vida nun relato apaixonante de misterio que pon os pelos de punta. Niinguén fica indiferente. Xosé Miranda.
Comentarios (0) - Categoría: PARA LER - Publicado o 02-11-2009 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0