Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

8 DE MARZO: PELÍCULAS RECOMENDADAS

Buda explotou por vergonza: dirixida pola iraniana Hana Makhmalbaf. Conta como unha nena afgá se enfronta a un grupo de nenos que imita a violencia dos adultos.

Osama: dirixida polo afgán Siddiq Barmak. Conta a historia dunha nena afgá que debe disfrazarse de rapaz para sobrevivir nun espazo que rouba a dignidade ás mulleres.

As mulleres de verdade teñen curvas: dirixida pola mexicana Patricia Cardoso. Conta a historia dunha adolescente mexico-americana que se resiste aos desexos dunha familia tradicional.

Antonia: dirixida pola holandesa Marleen Gorris. Conta a historia de 4 mulleres da mesma familia, pertencentes a 4 xeracións distintas, que deciden como conducir as súas vidas sen importarlles o que dirán.

Persépolis: coodirixida por Marjane Satrapi e Vincent Paronnaud. Baseada no cómic homónimo de Satrapi.
Comentarios (0) - Categoría: PARA VER - Publicado o 05-03-2009 19:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal