Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O MITO DE PENÉLOPE NOS VERSOS DE MARTA DACOSTA

Mentres Ulises se empapaba de sabedoría viaxando, Penélope tecía e destecía. Mentres Ulises gozaba dalgunha aventuriña amorosa, Penélope gardaba fidelidade. Penélope, o descanso do guerreiro, o símbolo da submisión, condenada a non ser, secuestrada.
A figura de Penélope foi recuperada por moitas mulleres poetas e liberada das cadeas do amor perverso. A nova Penélope rebélase contra o destino e bótase ao mar. Naceu un novo mito: a muller que decide sobre a súa propia vida, que actúa. Penélope é esa nova muller, símbolo da liberación feminina.
Penélope navegante.

Proba disto, estes versos de Marta Dacosta en As amantes de Hamlet , no apartado “Cartas mariñas para Penélope”.

... Eu son Penélope
e rexeito teas e fíos
non te vou agardar.

PENÉLOPE,
Penélope,
Penélope navegante,
cabelos atados e pel de salitre,
rodeiras nos beizos e dor
nas mans
rotas polas cordas e polo vento.
Penélope navegante,
a que traza rotas e encarta mapas,
leva timón e leme
e ve máis alá do mar,
máis lonxe có charrán,
e busca a calor das illas,
o seu resplandor branco no centro da noite.

CARTAS mariñas para Penélope,
compás e redes,

única bagaxe para a vida,
nin fitas nin alfaias,
ningunha cadea que a prenda á terra,

só compás, redes e cartas.

Se queredes saber máis da poeta entrade no seu blog Acuática, lede e deixade comentarios:
Blog de Marta Dacosta
Comentarios (2) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 05-03-2009 09:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 carmen as poesias que nos liches oxe na clase de galego fixéronme reflexionar... nunca me decatara #blgtk08#de que o papel da muller na historia é como a misión de penélope. É triste, pero e unha gran verdad
Comentario por lorena (06-03-2009 15:48)
2 Provocar a reflexión é unha maneira de chegar á consciencia da realidade, entender o porqué da#blgtk08#s cousas, desenmascarar o que aprendemos como "normal"... Alédome pola túa reflexión, Lorena.
Comentario por Carmen (06-03-2009 18:58)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal