|
|
|
|
O XARDÍN DAS PEDRAS FLOTANTES, DE MANUEL LOURENZO GONZÁLEZ, PREMIO XERAIS DE NOVELA |
|
 Unha historia inquietante.
Unha serie de acontecementos en cadea, que arrancan na Idade Media, provoca que dous adolescentes se coñezan e namoren. Un libro maldito que condena a quen o toque. Amores prohibidos, imaxinación desbordada, presenzas funestas?, todas pezas dun puzle que van encaixando pouco a pouco.
"[...] Tras un silencio, preguntei:
- Campás, que é morrer?
Dubiou ao escoller as palabras que necesitaba:
- Xa sabes o que din, morrer é irse un pouquiño. Estás aquí e logo estás alá. É entrar nun burato negro e pasar a ser outra cousa. Unha flor, un barco, unha estrela. Ou unha pociña de chuvia. Ti que quererías ser? ? Baixei a cabeza, buscando unha resposta que non atopei. El púxose serio-: Oín a Rouco. Sabes que me doe tanto coma a ti.
- Só quixera estar seguro de que non sofre.
- Diso podes estar seguro. Onde el foi, non saben o que é sufrir. Nin estar ben. Por iso están ben. É coma se durmisen.
[...]
Esa noite bicámonos por primeira vez. Entón, coñecín o sabor dos seus beizos, máis fresco ca a auga da fonte, máis doce ca as uvas da infancia, máis embriagador ca calquera licor. Bicámonos unha vez, outra vez, beixos como lúas, como flores, como bolboretas ou augamares, beixos como cancións, como raios de luz na penumbra.
[...]
- Eu non sei cal será o meu futuro. Só sei que agora estou contigo e que non desexo estar noutro lugar nin con outra persoa. Mais non sei o que pode ocorrer mañá, ti sábelo? Non se pode predicir. Nós xogamos a facer promesas como se a eternidade fose un territorio da nosa propiedade, e non o é. Só son palabras, son as palabras que dicimos porque nos gustan e porque os demais as queren oír. Pero a vida vai por onde quere, é independente das nosas palabras."
Se queredes contactar co autor este é o seu blog:
batume |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|