Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

POEMAS PARA O DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Memorial dos Foxos de Lugo

Teñen que se encher aínda
As cunetas
Con sangue de mestres e de obreiros.


O poeta ergueuse unha mañán
e non a viu.
saíu á rúa
e non a viu.
Fuxiu ao monte
e non a viu.
Volveu á casa
e non a viu.
E non tivo por onde camiñar
que non fosen cunetas e cunetas.

Mirou o caderno dos poemas
e non había ringleira
senón soamente cunetas.

Abriu os libros de poesía
e non había verso ningún
que non fose escrito entre cunetas.

“Por iso fun tantos homes
como mulleres tiven”:
Cunetas.
“Tantos monstros sós por sempre nosos”:
Cunetas.
“Cal brazos que te abracen
como tigres de tenrura”:
Cunetas. Cunetas. Cunetas
Cada verso era a beira dun suco
ao que tan só lle compría outro verso
para converterse en cuneta.
“Morderás esta lingua como o crótalo
e son o amor o amado e máis o amado”:
Cunetas.
“A túa boca violeta boreal e venérea”:
Cunetas.
“O destino quizais tracexará no tempo
unha historia de amor ocorrida en lituania...”
Cunetas. Cunetas. Cunetas.

Antes dos poemas de amor sen morte:
Cunetas.
Antes dos tigres de tenrura:
Cunetas.
Antes do celuloide en cinepoemas:
Cunetas.
Antes de todas as historias da lúa:
Cunetas.
Antes da túa boca violeta:
Cunetas.
Antes do son de Lugo Blues:
Cunetas. Cunetas. Cunetas.

Porque onde estivo un corpo
estivo a vida
e onde estivo a vida
están os versos
para sempre
convertidos en cunetas.

Acaso non se fixo a cuneta para a auga
senón a auga para a cuneta.
Acaso non se fixo a cuneta para o home
senón o home para a cuneta.
Acaso non se fixo a cuneta para a muller
senón a muller para a cuneta.
Acaso non se fixo a cuneta para o silencio
Senón o silencio para a cuneta.
Acaso non se fixo a cuneta para a morte
senón a morte para cuneta.

No lugar onde medran as silveiras
e discorre a auga pola estrada
houbo antes un suco de sangue
inzando de nomes as cunetas:
A cuneta Camilo Díaz Baliño
segundo se vén de Santiago.
A cuneta Juana Capdevielle
segundo se vén dende A Coruña.
A cuneta do paseado anónimo
saíndo de Lugo a todas partes.

Así se fixo o Plan Nacional de Estradas
de mil novecentos trinta e seis:
Onde a silva medraba con máis arte,
metralla.
Onde o amor era libre polas curvas,
metralla.
Onde a verba se elevaba na rasante,
metralla, metralla, metralla.

Deixando a vida polos sucos
sementáchedes tramo a tramo toda gavia
ata encher de esperanza cada foxo.
Que queimen o meu corpo cando morra:
que espareixen as cinzas por todas as cunetas:
que volvamos á vida todos xuntos:
aínda que sexa en verso compañeiros:
que volva pacer a dignidade en Lugo.
Que volva pacer a dignidade ao mundo.


Claudio Rguez Fer

DESAPARECIDOS

Qué extraño ser es ese
que no entiende
por qué escribo desapareció cuando alguien muere.
Que me enseñe la lista de sus muertos.
Todos en la cama, por supuesto
y a respetable edad.
Mire esta mía: cortados prematuros
pisoteados, maltrechos.
A mí no me tocó la suerte
de cerrarles los ojos ni rezar nueve días.
Fueron uno tras otro. Y por el miedo
y el dolor
y la angustia
no tuve tiempo de investigar
cómo
quién
ni por qué.
Pero me consta que desaparecieron.

Ana Mª Rodas (poeta guatemalteca)

Comentarios (1) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 07-12-2008 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 ¿puedes enviarme una autorizacion para difundir el poema en mi #blgtk08#blog de VENTO NAS XESTAS?
Moitas grazas, e unha ledicia
Comentario por xardonmanrofer (08-12-2008 00:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal