Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ACRÓSTICOS

Aquí van os acrósticos máis valorados, o de Úrsula Casado e Anxo Quintairos, dous poetas que prometen.
Na imaxe colgamos o acróstico de Susana Do Nascimento Ralha, unha excelente alumna que se nos foi para Guadalajara unha tempada e que desexamos que lle vaia ben na súa estancia alí. Lembrámonos de ti, Susana, e esperamos que fagas amizades e, á volta, nos contes as túas aventuras. Unha aperta.

Úps (o que digo cando me equivoco)
Remendo (acción común en min)
Soños (moitos e variados)
Ulir (non ao fedento!)
Ledicia (valor indispensable)
Amor (sen palabras)

Cedo (o que non chego aos sitios)
Alerxia (enfermidade fastidiosa)
Sinxeleza (así son eu!)
Algarabía (habitual nos sitios que vou)
Durmir (ben prezado…)
Omm (Úrsula, reláxate!)

Verbas (necesítoas para vivir)
Achantaches! (sempre caio!)
Zarabeta (nos meus primeiros anos de vida)
Queixo (rico rico)
Uhh... (máis cara pensativa)
Esperar (non me gusta nada de nada)
Zoar (o vento nos días de inverno)

Adoro comer
Nunca me encho, o
Xamón faime soñar,
Ódio ter que parar.

Quixera poder viaxar
Utilizando o meu compás máxico
Indo dun lugar a outro
Navegando polos mares sen
Temón nin rumbo
A descubrir novo mundo
Investigando novas especies en cada
Recuncho do planeta
Onde poida vivir sen preocupacións e podendo
Ser libre!!!
Comentarios (4) - Categoría: VARIOS - Publicado o 03-12-2008 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 oh k bon#blgtk08#itos!!!!
Comentario por Luisa (04-12-2008 13:02)
2 k orixi#blgtk08#naaaal
Comentario por xoan (04-12-2008 21:44)
3 Desde o comentario de Mesturas entrei neste blog tan i#blgtk08#nteresante. Parabéns desde Pontevedra (www.ogalego.eu)
Comentario por Anxo (05-12-2008 20:38)
4 Ola Carmen. Grazas polo teu comentario, sempre é de agradecer. Pois verás, o tema dos poemas árabes contra a guerra e o sentimento do exilio empezamos a tratalo cando empezou a guerra de Iraq. Pensamos que se cadra eles terían algo que dicir desde o seu punto de vista e descubrimos un auténtico filón. Podo mandar unha pequena escolma de poemas traducidos ao galego que fixemos entón, se mandades un correo . Polo momento achego unha ligazón de onde están sacados algúns dos fragmentos do traballo do ano pasado, o que aparece no blog. As traducións están contrastadas pola Fundación da Cultura Islámica, remitímoslles os poemas traducidos por se había algunha burrada antes de publicar o post, porque este ía ser publicado por outros moitos blogs nunha publicación colectiva do PLAMBE.

Hai, agora, bastantes poemas traducidos ao castelán na rede. Cando empezou a guerra de Iraq había moitos menos. Algúns os traducimos do inglés directamente porque árabe non sabemos ninguén polo meu centro.


A idea dos poemas chineses é diferente. Xurdiu con motivo do Salón do Libro, aquí en Pontevedra, que trataba do tema da Natureza na literatura e decidimos que podiamos facer unha pequena investigación sobre o papel que desempeña a natureza na poesia chinesa porque temos varios alumnos desa orixe. Fixemos un libro precioso cos poemas e pinturas chinesas e unha das al#blgtk08#umnas debuxou todos os poemas cun pincel en chinés. É unha pasada de bonito. Tambien preparamos o pase de diapositivas que hai no blog para poder colgalo na rede. Os poemas están sacados da ligazón que achego. Seleccioneinos eu de entre os que me pareceron máis sinxelos e nos que aparecese o tema da natureza. Logo traducíronse a galego e unha das nosas alumnas chinesas corrixiunos escrupulosamente porque dicía que a tradución inglesa do chinés non era, en moitos versos moi acertada. Pasámolo xenial facendo esta actividade, se vos vale para algo a idea encantaranos sabelo. tes tamén esta ligazón na páxina do centro. Non sei se a coñeces
http://centros.edu.xunta.es/iessanchezcanton/1/biblioteca/remexemos/antoloxiachina/poemas/inicio.htm

Ligazón para poesía chinesa
http://www.chinapage.com/poet-e/english.html

ligazón poemas árabes sobre guerra
http://www.nodo50.org/csca/na/na51/cultura.pdf
O do cemiterio rumano é outra historia. Agoa traballamos sobre o tema da morte e o do. atopamos este cemiterio tan chulo e coincidiu que temos unha nena rumana e dixo que ela podía facer as traducions dos epitafios. Descoñecemos todo sobre a poesía en Rumanía e non traballamos nada o tema. ainda que...quen sabe no futuro? por agora é algo puntual.

Bicos e grazas de novo

Un blog moi traballado tendes por aquí...
Comentario por charo (05-12-2008 23:22)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal