Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

1 DE DECEMBRO: A SIDA EXISTE

Acróstico

Somentes
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de min que me sobrevivise

sabendo que debería ter sabido
impedirme a min mesmo
descubrir que só fun un interludio
atroz entre dous muros de silencio

só puiden evitar vivindo á sombra
inocularlle para sempre a quen amaba
doses letais do amr que envelenaba
a súa alma cunha dor eterna

sustituíndo o desexo polo exilio
iniciei a viaxe sen retorno
deixándome levar sen resistencia
ó fondo dunha interna
aniquilación chea de nostalxia.

novembro, 94


Lois Pereiro


Primeiro levaron as persoas de pel escura, pero a min non me importou, porque eu tiña a pel branca. Non fixen nada.

Despois levaron os homosexuais, pero como eu non era homosexual tampouco me importou. Non fixen nada.

Logo apresaron as prostitutas, pero eu como non era prostituta seguiu sen importarme. Non fixen nada.

Máis tarde prenderon as persoas que eran de fóra, as que tiñan SIDA, as que eran pobres, as que coxeaban, pero como eu era do país e non tiña SIDA nin era pobre nin coxeaba seguín sen preocuparme.

Cando viñeron por min estaba completamente só.


(baseado nun poema de Bertolt Brecht)
Comentarios (2) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 30-11-2008 20:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Estaba a escribir algo sobre a SIDA para os meus a#blgtk08#lumnos/as e atopeivos. Noraboa polo voso traballo
Comentario por begoña (30-11-2008 21:26)
2 quería tamén invitarvos a visitar o#blgtk08# seu blog: blogoteca.com/sambilamas
Comentario por begoña (30-11-2008 21:27)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal