|
|
|
|
UNHA PRIMAVERA PARA ALDARA, Teresa Moure |
|
 de Unha primavera0395.jpg) UNHA PRIMAVERA PARA ALDARA
Teresa Moure
Un convento no século XV ve perturbada a súa rutina polo desembarco do amor. As revoltas irmandiñas están protagonizando unha revolución e o seu ideario entra nas paredes do convento. Os preceptos relixiosos abanean.
NUNO [Ri]: Sabedes, madre prioresa, por que amo a forza e a liberdade dos paxaros? Porque lles permiten ser libres e non escravos! Non hei de defender os falcóns. Só quería anunciarvos que chegará un día en que os pardais deixen de ser criaturas asustadas e se lancen a perseguir a quen os fustriga. Se cadra xa estamos nos albores dese día...
SANCHA [soñadora]: Se cadra...!
XOANA: Os mozos serán señores...
SANCHA: E os pobres teremos as riquezas dos pazos.
XOANA: E os vestidos das condesas...
SANCHA: E bailaremos todas as noites...
XOANA: E durmiremos con quen nos pete e non co guerreiro do señor.
SANCHA: E erguerémonos tarde da cama...
XOANA: E só comeremos amorodos...
NUNO: Amorodos? Eu prefiro comer carne.
XOANA / SANCHA: Ha, ha! Non estades afeitos a ser falcón!
NUNO: Os auténticos pardais, que gañarán a revolta, son xentes coma vós.
XOANA: Aínda gozaba un pouco de mandar un escuadrón e poñer a todo o mundo a cociñar e refregar!
|
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Claro! Pois se me dandes un mail envíovolo...levaríao #blgtk08#de boa gana en persoa, pero non vai poder ser. Saúdos. |
|
|
Comentario por aNinha (21-11-2008 22:46) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|