Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CASE PERFECTO DE MARINA MAYORAL

Case perfecto, Marina Mayoral, Xerais

A carta dunha muller a seu fillo que a acusa da morte de seu pai sérvelle a Marina Mayoral para abordar as relacións materno-filiais, o papel das mulleres que non se adaptan ao rol de nais tradicionais e que parece que teñen que estar xustificándose sempre diante dos fillos máis esixentes. A presenza de referencias literarias dentro da novela é outra constante literaria.

“Nunca, ou case nunca, vemos a realidade de forma inocente, pura, sen prexuízos nin pantallas que deformen a nosa visión. Vemos o que queremos ver, ou o que nos ensinaron a ver. En ocasións, tamén o que tememos ver. E moi poucas veces somos quen de darnos conta de cal é o cristal deformado a través do que ollamos: que temor, que desexo, que experiencia pasada está condicionando a percepción do que sucede diante dos nosos ollos.”

“Quería que entendeses esa estraña relación entre o que escribo e a realidade, pero hai algo máis que me veu á cabeza mentres cho estba contando.
Ao poñerse a escribir ocorre sempre iso, comezan a xurdir aspectos, temas, sentimento cos que non contabas. É algo fascinante, mais tamén perigoso. É como asomarse a un abismo ao que non lle ves o fondo e de onde pode saír o que menos agardas. Fascinante e temible. Ás veces dá medo, e outras, polo contrario, dá a satisfacción que produce resolver un enigma, un misterio que parecía irresoluble.”
Comentarios (0) - Categoría: PARA LER - Publicado o 09-06-2008 16:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal