Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

8 DE MARZO
E coa palabra
recuperar os camiños,
pórlle nome ó labirinto,
navegalo.

Ana Romaní

Quero
abandonar
a vida morta
das princesas.

Lupe Gómez

Un día, despois de marchar Lalo, contoume a historia dunha muller que se miraba no espello e non se vía, afeita como estaba a mirarse só nos ollos dos homes. Os homes marcharan todos, sempre é así, ás súas batallas, e a muller ficara na casa, agardando e esmorecendo como unha verza ao sol?
A muller que non se vía no espello esqueceu que tal lle pasaba, entretida polo camiño e as aventuras. Un día que pasaron á beira dun río para darlle de beber ao cabalo, mentres asubiaba marcándolle o ritmo da indixestión ao animal, descubriu o propio rostro no espello da auga. Era un rostro novo, intelixente e ledo, ben distinto daquel inxenuo e case aparvado que lle devolvían os espellos dos homes.

Memoria para Xoana, Marica Campo
Comentarios (0) - Categoría: VARIOS - Publicado o 02-03-2008 23:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0