Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

POETIZÁMONOS

AMENCERES

Entre amencer e amencer
hai tanta noite,
tanta ausencia, tanto pranto,
que ás veces xa dubido se son eu
quen vive a noite,
ou se o pasado sempre é a mesma noite
que me está bebendo a min.

Carmen Carballo.




Por amor

Por amor nacín da terra.
Por amor son o que son.
Por amor canto o meu canto,
Por amor.

Por amor sángranme os pulsos
E ábreseme o corazón.
Por amor dóenme os ollos.
Por amor, só por amor.

Darío Xohán Cabana




CUSPE

Il di que malgastei o meu talento;
ela, que son un talento malgastado.
o meu pai soña todas as noites que me apalean
e a miña nai agarda coa biblia nas mans a noticia
de que me botaron do traballo.

Caetano está convencido de que nunca serei un bo profesional,
?ti es poeta?,
di,
e niso coincide con Alcalá que, nos momentos máis
inoportunos,
arquea as cellas e crava os seus ollos nos meus,

?rapaz, non se pode ser tan poeta?.



¿Pero que son os poetas?
coñezo xente que escribe versos e recita versos
e se chaman poetas,
pero eu na vida escribín senón sangue,
nin recitei nada
que antes non se untase en cuspe.

Antón Lopo

Comentarios (1) - Categoría: VARIOS - Publicado o 03-02-2008 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 gustaronme moito eses poemas que tedes na rede. facedes un bo traballo. nos, dende o IES Julio Prieto Nespereira en Ourense i#blgtk08#ntentamos facer o mesmo e buscamos lograr o noso obxetivo.

un saudo dos vosos amigos de: Colegas das Palabras
Comentario por Juan M.S.F. (12-02-2008 16:57)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0