Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

TERTULIA EN OURENSE CON IZAN O DA SACA E ENCONTRO CON XABIER QUIROGA

O pasado xoves, 1 de febreiro, asistimos á cita coa literatura no Liceo de Ourense. Membros do noso club de lectura compartiron unha sesión de intenso debate con alumnado do IES Cidade de Antioquía, IES Allariz, Universidade Laboral, IES de Mende e IES As Lagoas. O coloquio xirou en torno á novela de Xabier Quiroga Izan o da saca, novela que trata a presenza do nazismo en Galicia e as súas conexións co réxime franquista xunto co papel colaboracionista da Igrexa, que agochou nazis escapados de Alemaña ao remate da 2ª Guerra Mundial e facilitou a súa fuxida a Latinoamérica, o que se denominou a Ruta das Ratas. A historia tamén aborda a corrupción política e do sistema xudicial, que impiden que a verdade saia á luz e que son capaces de mandar asasinar para que o sistema, a maquinaria que favorece a oligarquía, non se deteriore.

O alumnado manifestou que a lectura fora difícil e que algúns capítulos ("No escuro", "O Graciano") non os entenderan ata o final. O personaxe de Lelia e a súa relación co taxista investigador Reina, a represión na Guerra Civil, a violencia de xénero? tamén foron obxecto de debate.

Ao remate do coloquio, celebrouse o encontro co autor, Xabier Quiroga, o cal foi desvelando datos reais e probas documentais en que se baseou para escribir a novela. O escritor, oriúndo da Ribeira Sacra, espazo e escenario de Izan o da saca, contestou amablemente as preguntas que lle formularon algunhas persoas e, a continuación, procedeu a asinar os libros.


A experiencia resultou moi atractiva para os integrantes do club de 3º ESO, que asistían por primeira vez e que aparecen na foto xunto con Ana Posada, unha das tertulianas máis veteranas e que sempre realiza unhas intervención moi agudas e interesantes.
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 12-02-2018 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0