
Celebrouse no Liceo ourensán a 1ª tertulia organizada pola Concellaría do concello de Ourense. A novela escollida para o coloquio foi As horas roubadas, de María Solar. Todos os clubs que acudiron á cita coa literatura (IES Lagoa de Antela, IES Cidade de Antioquía, IES San Mamede, IES O Ribeiro e IES Allariz) participaron nun intenso debate sobre as relacións, os factores sociais e culturais que as condicionan e a violencia de xénero. Falouse de liberdade, de capacidade para decidir ou non, de valores?
Despois do coloquio tivo lugar un encontro coa escritora que foi debullando a historia e os personaxes, satisfacendo así as dúbidas e curiosidade de lectoras e lectores. |