Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CHUS ESCRIBE SOBRE A SÚA EXPERIENCIA NO CLUB

A nosa compañeira Chus conta a súa experiencia no club.


O pasado mes de setembro incorporeime outra vez ao IES Lagoa de Antela despois de pasados oito anos e, a verdade, sentinme partícipe da frase que pronunciou fray Luis de León: ?? como decíamos ayer?? ao incorporarse á súa cátedra despois de pasado anos. Poucos cambios había, tanto no troco de xente como no ?desgaste? que producen os anos, máis ben parecía ao contrario.

A xente, na miña primeira etapa, tíñame por unha lectora ávida, pero cando voltei seguíanme recordando como tal; e pronto comenzáronme a recomendar libros, cheguei a ter lista de espera. Da noite para a mañá atopábame afiliada á biblioteca que, por certo, funciona fenomenal, levan todo ?al dedillo?, non se lles escapa nada!; e tamén era membro do clube de lectura. Nunca pertencera a ningún e, ao principio, impúñame un pouco, pero, a verdade, atopeime cunha moi grata sorpresa: un grande respecto, unha boa amizade e, como non, unha diversidade de opinións que che fan reflexionar sobor o porqué das cousas e que non son tan simples como a primeira vista nos parece.

Para o clube de lectura recoméndanse entre os membros textos diversos, xa sexan artigos, relatos, libros ou películas para logo ser comentadas. Sempre vin que non había problemas; todo o mundo aceptaba, pero por convencemento, nunca por imposición ( dá gusto ver a democracia interna que existe e o bo ambiente que impera).

Outra das grandes sorpresas coas que me atopei foi co libro electrónico. Reacia onde as haxa a estes progresos, non por medo, senón por afianzamento ao papel, fíxenme defensora de tal aparello (crede que só ata un punto); máis ca nada pola comodidade que me supón poder facer outra cousa ó mesmo tempo (camiñar, facer ximnasia, estar na cama, etc) e sobor de todo polo peso e a comodidade de non ter que ir con ?guías telefónicas? a tódolos sitios. Saber que tes outros libros gardados esperándote e cun coste cero é algo extraordinario: si, xa sei que na biblioteca tamén os tes, pero é distinto.

Remata o curso, e non sei se voltarei o ano vindeiro, pero o que si sei é que levo os mellores recordos e experiencias que se poden levar dos compañeiros. Todos temos ?a nosa leira en Toledo?, pero é moi importante sabela repectar e delimitar (aí é onde se demostra a verdadeira liberdade e democracia); pois ben, aquí de verdade que existe. Levarei sempre estas experiencias, que aínda que non son ?fortes?, non deixan de ser menos importantes e axudan a seguir formándonos como persoas.

GRAZAS A TODOS/AS

En Xinzo de Limia a 18 de xuño do 2014

Dende o club agradecemos estas palabras da nosa compañeira Chus, incansable e voraz devoradora de libros, excelente tertuliana e asidua visitante da biblioteca.
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE PROFES - Publicado o 24-06-2014 21:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0