Celebramos a última reunión do club de profes na Corte dos Bois, en Sandiás.
Durante o xantar falamos do libro libro La vuelta al mundo de un forro polar rojo que deu pé a debater sobre o fenómeno da globalización, a deslocalización das empresas, a industria téxtil, o consumismo e o imparable proceso de mercantilización da sociedade. Lembramos, como non podía ser doutra maneira,o derrubamento do edificio de Bangladesh onde morreron máis de 1000 persoas que traballaban para firmas de renome nunhas condicións laborais precarias.
Logo do xantar visitamos a Torre do Castro dende onde hai unha impresionante perspectiva sobre a bisbarra limiá. A Torre do Castro foi construída con fins defensivos entre os séculos XII e XIII e, xunto coa Torre da Pena e a Torre da Forxa, forman parte do patrimonio cultural d?A Limia.
Enviolle a seguinte nova sobre a recuperación dos traballos de recompilación de tradicións, lendas, contos, etc., da parroquia de Sandiás publicados no ano 1931 na revista Nós.
Para iso, enviolle o PDF do número 8 da revista A Torre do Castro. Pode vela revista no seguinte ligazón:
A Torre do Castro (Nº 8)
image
A Torre do Castro (Nº 8)
Revista cultural e turística do Concello de Sandiás editada para dar a coñecer o rico patrimonio cultural do concello e da Limia (Deposito Legal: 150-2008 - ISSN: 1...
Ver en issuu.com
Vista previa por Yahoo
Tamen pode atopar tódolos números da revista en PDF na web do Concello de Sandiás: www.sandias.es
www.sandias.es
Concello de Sandiás
Ver en www.sandias.es
Vista previa por Yahoo
Saúdos,
Xavier
Sandiás - Ourense
Coa intención de homenaxear á xeración da revista Nós, a revista A Torre do Castro recupera os traballos de recompilación de tradicións, lendas, contos, etc., da parroquia de Sandiás publicados no ano 1931, cumprindo desta maneira cun dos principais#blgtk08# obxectivos desta revista, a salvagarda e a promoción do patrimonio material e inmaterial do concello de Sandiás e da Limia.
Neste novo número recuperouse, para que chegue ao maior número de persoas interesadas, unha pequena xoia da etnografía sobre o concello de Sandiás , que xa atesoura máis de 80 anos. Trátase da colaboración do veciño de Sandiás, Urbano Santana, na revista Nós a través do seu ¨Resume xeneral do folk-lore de Sandiás¨, publicado en varios números do ano 1931. Neste traballo recompilaronse lendas, refráns, expresións, etc., así como outros datos de interese (arquitectura, vestimenta, etc.) da parroquia de Sandiás, textos que nos transportan a outros tempos e a outros modos de vida, que aos máis novos poden resultarlles moi afastados. Trátase dun traballo que co paso do tempo adquiriu máis valor, xa que permitiu que moitas das lendas, contos, etc., non pasasen ao esquecemento de non ter sido recompiladas por ninguén, como tristemente está a suceder en moitas zonas da nosa Terra. Coa publicación deste traballo, feito nunha época na que o galego non se estudaba na escola nin en ningures, o Concello de Sandiás quere promover iniciativas que potencien a estima pola nosa lingua e polo noso patrimonio cultural, para que sexa coñecido e valorado polas xeracións máis novas.