Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

5º TERTULIA DE PROFES

A 5ª reunión do club de lectura converteuse nunha xornada didáctica, lúdica, gastronómica e, por suposto, lectora. Pola mañá realizamos unha visita cicloturística polas terras d’A Limia que antes bañaba a Lagoa de Antela. Visitamos as charcas recuperadas, observando a flora e a fauna acuáticas propias destas zonas lacustres (vimos mergullóns ou somorgullos, niños de cegoñas, escoitamos o reiseñor bastardo e algún paspallás…), paseamos polas veigas d’A Saínza e abrazamos a Carballa da Rocha… Ao mediodía, como era día de feira en Xinzo, xantamos un polbo exquisito nunha tasca enxebre. Na sesión da sobremesa, despois dunha deliciosa bica con noces, falamos das lecturas que nos convocaron alí: as novelas gráficas Engurras e Maus e o libro El reencuentro.

Con Engurras falamos do alzheimer, da vellez, do abandono, da soidade, da necesidade de coidados e, como non, da lei de dependencia. Falamos de como un debuxo pode chegar ao corazón, da viaxe á nada sen posibilidade de retorno, da maneira de representar o alzheimer: as páxinas en branco, as caras desaparecidas…

Con Maus falamos do nazismo, da ignominia e a intolerancia, e constatamos como o fío que separa a civilización da barbarie é tan fráxil que á mínima pode romper. Falamos do medo, da memoria, o poder e o silencio. E tamén da forza da imaxe e da orixinalidade representar as vítimas e verdugos con caras de animais.

Con El reencuentro falamos sobre a amizade, a sensibilidade e a empatía, de como as persoas poden recuperar co tempo a alma perdida e recoñecerse. Falamos da separación e un inesperado reencontro.

E tamén falamos da vida, da crise, dos tempos que nos está tocando vivir e do peor que, seguramente, está por chegar.

E Rosa mais eu comentamos, mentres dabamos un "inesperado" paseo pola miña culpa (de novo desculpas, Natalia, he, he), de Smoke e do bonito conto de Nadal. Mágoa que ninguén máis das persoas presentes vise esa interesante película.



Comentarios (2) - Categoría: CLUB DE PROFES - Publicado o 03-06-2012 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Cada vez gustarme Maís a mestura da lectura ca natureza. É unha delicia coñecer a Limia mentras pedaleamos e disertamos sobre as lectur#blgtk08#as recomendadas por Carmen, e moito máis cando coincide feira en Xinzo. Un gusto enorme coincidir con tod@s vos. Ata o curso que ven!!
Comentario por Sara (10-06-2012 03:58)
2 Estupendo día, completo, completo. Lectura, natureza e bica, quen da máis? Mesmo saquei a pasear o meu lado escuro porque había unha voceciña que moi baixiño me dicía: Veña, dilles que por aquí damos unha volta do c..., non sexas retorcida" #blgtk08#pero preferín facer caso á que me dicía: "Non digas nada, boba, a ver qué cara poñen cando vexan a caminata que damos por aquí". Xa sabedes cal gañou. Grazas Carmen por non mandarnos a porra e seguir preparando estas emocionantes reunións.
Comentario por Natalia (13-06-2012 22:37)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal