Xosé Neira Vilas é un escritor nado en Vila de Cruces que coñeceu a emigración dende novo, que colaborou activamente na vida cultural dos intelectuais galegos no exilio que promoveu a publicación de obras galegas en América e que plasmou na súa produción a súa experiencia vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas. Na
Biblioteca Virtual Galega hai máis información sobre este escritor e a súa obra, da cal destacamos
Cartas a Lelo, Querido Tomás, Xente no rodicio, Aqueles anos do Moncho e Memorias dun neno labrego, novela que trata sobre a infancia do neno Balbino nunha aldea galega, que aborda temas coma a amizade, as relacións familiares, as tradicións, a pobreza, a discriminación do idioma e a emigración.
O mes vindeiro o club de 1º ciclo xunto cos membros do EDLN participarán nunha tertulia con alumnado de Maceda, Allariz e Celanova e asistirán a un encontro co escritor no concello allaricense.