Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

RECIBIMOS A VISITA DE TOKIO, AUTOR DE CABANA DE BALIEIROS

O venres recibimos a visita de Tokio, pseudónimo artístico de Alfredo López, autor da novela gráfica Cabana de Balieiros.

Despois da impecable presentación de Fatima Aboufaris, alumna de 4º B de ESO, Tokio tomou a palabra e deunos unha charla moi interesante sobre a súa vida artística, fluíron as palabras e fundíronse coas imaxes que as acompañaron.

Contounos que foi un dos pioneiros no ámbito da banda deseñada en Vigo nos anos 80 e que participou nas xornadas organizadas anualmente pola Casa de Xuventude de Ourense e promovidas polo tristemente xa falecido Benito Losada. Eran anos de movida viguesa e de revistas como Katarsis e Frente Comixario. Alfredo López é biólogo e, nestes momentos, preside a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) por iso pasa moito tempo no mar, ao que se nota que adora, investigando e estudando a fauna mariña.

Tokio combina a súa faceta plástica coa de biólogo, por iso foi ilustrador de libros de ciencia ademais de libros de ficción e o protagonismo dos animais na súa obra é constante. Despois de contarnos como xestou e deu corpo á novela gráfica Cabana de Balieiros (unha homenaxe á poboación mariñeira, homes e mulleres e ás súas crenzas e mitos, con guiños aos fotógrafos Caamaño e Ruth Matilda Anderson) agasallounos cunha mostra da súa habilidade artística debuxando en papel continuo unha viñeta mariña, con mar, gaivota, golfiño, barca e mariñeiro incluídos.

Ademais das súas palabras, deixounos unha morea de agasallos: calendarios, marcadores, unidades didácticas sobre a fauna mariña, libros de ficción...

Alfredo, agradecémosche a visita, os agasallos e a charla, tan didáctica e amena. Foi un pracer contar coa túa presenza neste instituto da Limia, onde a memoria, aínda que foi vilmente desecada, conserva a súa alma acuática.



Comentarios (2) - Categoría: VISITAS - Publicado o 05-02-2012 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Gustounos moitísimo ter a Tokio na aula onde estamos a traballar co cómic este trimestre. A súa experiencia, e contada en primeira persoa in situ, deunos moitas forzas para comenz#blgtk08#ar a debuxar e crear coma o fai él. Máis de un emocionóuse cos seus trazos no papel. AGORA....A TRABALLAR!!!!.
Gracias a Tokio polo seu interese e complicidade coa Limia.
Comentario por Sara (13-02-2012 00:21)
2 E grazas como sempre a Carmen #blgtk08#por facer palabras dos feitos.
Comentario por Sara (13-02-2012 00:22)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal