Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

TERTULIA DE PROFESORAS NO BALNEARIO D'AS BURGAS

Celebramos un coloquio literario en Ourense algunhas das profes que participamos nas tertulias ourensás co noso alumnado lector. Acudimos á cita Almudena e Paloma, do IES Ferro Couselo; Xela, do IES Julio Prieto Nespereira; Avelina, do IES Blanco-Amor; Carmen, do IES Lagoa de Antela; e Sara, a coordinadora do proxecto. A pesar do frío a reunión tivo lugar ao aire libre, dentro das augas cálidas do balneario d'As Burgas, onde a cálida temperatura favoreceu o diálogo e o intercambio de impresións. Unha experiencia literaria totalmente terapéutica.

Purga, de Sofi Oksanen, foi a novela que nos convocou. Ambientada en Estonia, conta a historia dúas mulleres vítimas de agresións similares en épocas diferentes e cuxas vidas van converxer por motivos que non imos desvelar. A autora crea dende o 1º capítulo un clima de intriga que se mantén ata o final a base de indicios e saltos temporais. Bucea nas mentes das personaxes, verte interrogantes, reabre feridas, destripa o pasado, describe maxistralmente os ambientes, enfía escenas, lugares e tempos distintos... Non podemos desgranar máis sobre a novela para que as persoas se animen a lela, pois é un libro proposto para o noso club de profes. Chapeau para esta caste de libros que provocan adicción.
Entrevista no diario El País
Comentarios (2) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 30-12-2011 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 que contentos se #blgtk08#os ve, un saludo.
Comentario por tarjetas de visita (11-01-2012 20:21)
2 Dende logo un marco de categoría para debater e ca#blgtk08#lmar as angustias xeradas pola temática do libro.
Comentario por Sara (30-01-2012 01:47)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0