
Celebramos a 1ª sesión do club de lectura e, aínda que eramos poucas, o debate foi interesante e controvertido. Para algunhas As miñas tardes con Margueritte resultou unha novela de aprendizaxe con personaxes entrañables e para outras unha novela previsible carente de atractivo. Con respecto a El héroe destacar a lección sobre mitoloxía e simboloxía que nos regalou Rosa, que nos enganchou coa versión clásica da orixe de Hércules-Heracles e os traballos que lle obrigou a abordar Euristeo, presionado pola pérfida Hera-Xuño. Resaltamos do cómic de David Rubín a inclusión de elementos actuais na novela gráfica e a factura impecable das secuencias. |