
Esta semana celebramos o Día da Biblioteca. O luns 24 de outubro, o equipo da biblioteca fixémoslles entrega dun libro de Os megatoxos, un adhesivo, un marcador e un folleto a todos os alumnos e alumnas de 1º de ESO, que visitaron a biblioteca en diferentes quendas. Tamén realizamos un exercicio para a formación de usuarios: un xogo-concurso entre equipos para aprender a buscar libros de diferentes materias na biblioteca e interpretar as sinaturas, para o cal se lles entregou unha folla coa CDU a cada grupo. Este xogo resultou moi entretido e eficaz para a aprendizaxe. Como premio simbólico os membros dos equipos gañadores recibiron un diploma. |