Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VÍDEO A PARTIR DUN RELATO DE MANUEL RIVAS
Confeccionamos este vídeo combinando imaxes de dous cómics realizados por alumnado de 4º de ESO con voces de alumnado e profesorado e algunhas fotos propias. O impresionante relato "A barra de pan" do libro Ela, maldita alma, de Manuel Rivas, é a base literaria. Vexan e escoiten, paga a pena.


Comentarios (2) - Categoría: PARA VER - Publicado o 05-05-2012 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
CALIGRAMAS EN VÍDEO
Achégase o 21 de marzo, día da poesía, e xa estamos a celebralo.Vía Trafegando ronseis soubemos deste vídeo baseado no caligrama de Guillaume Apollinaire "Il pleu"t.
Tamén atopamos estoutro vídeo poético-musical baseado en caligramas.




Comentarios (0) - Categoría: PARA VER - Publicado o 18-03-2012 19:22
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA ANIMACIÓN CON AREA XENIAL
Sara enviounos este vídeo onde unha artista, Ksneniya Simonona, gañadora do Ukraine's Got Talent, recrea os efectos dunha guerra nunha animación con area. Xenial!E emociona.


Comentarios (16) - Categoría: PARA VER - Publicado o 03-06-2011 08:16
# Ligazón permanente a este artigo
CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DA LECTURA
Tamén lle "roubamos" a Trafegando ronseis esta campaña de promoción da lectura en Finlandia, é sorprendente!



Comentarios (2) - Categoría: PARA VER - Publicado o 22-01-2011 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
PROMOCIÓN VISUAL DE TODO É SILENCIO DE MANUEL RIVAS
Que maneira máis orixinal e plástica de promocionar a nova novela de Manuel Rivas, Todo é silencio.


Tomamos a referencia prestada de Brétemas.

Comentarios (0) - Categoría: PARA VER - Publicado o 09-11-2010 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
8 DE MARZO: PELÍCULAS RECOMENDADAS

Buda explotou por vergonza: dirixida pola iraniana Hana Makhmalbaf. Conta como unha nena afgá se enfronta a un grupo de nenos que imita a violencia dos adultos.

Osama: dirixida polo afgán Siddiq Barmak. Conta a historia dunha nena afgá que debe disfrazarse de rapaz para sobrevivir nun espazo que rouba a dignidade ás mulleres.

As mulleres de verdade teñen curvas: dirixida pola mexicana Patricia Cardoso. Conta a historia dunha adolescente mexico-americana que se resiste aos desexos dunha familia tradicional.

Antonia: dirixida pola holandesa Marleen Gorris. Conta a historia de 4 mulleres da mesma familia, pertencentes a 4 xeracións distintas, que deciden como conducir as súas vidas sen importarlles o que dirán.

Persépolis: coodirixida por Marjane Satrapi e Vincent Paronnaud. Baseada no cómic homónimo de Satrapi.
Comentarios (0) - Categoría: PARA VER - Publicado o 05-03-2009 19:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal