Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

POETIZÁMONOS

Unha actividade sinxela e atractiva para iniciarse na creación poética é construír versos a partir dun Gústame, Lémbrome, Non me gusta, Teño medo. Os versos creados polo alumnado de 3º de ESO recóllense aquí, xunto con algúns acrósticos elaborados co seu nome.






Comentarios (0) - Categoría: POETIZÁMONOS - Publicado o 12-06-2013 09:32
# Ligazón permanente a este artigo
DESPEDÍMONOS CUNS VIDEOPOEMAS REALIZADOS POLO ALUMNADO
Despedimos este curso con tres interesantes videopoemas do alumnado de 1º de BAC:
"Sombras", de Xosé María Álvarez Caccamo
"Dobres parellas, de Ramiro Fonte
"Game Over", de Makinaria, de Carlos Negro

FELIZ VERÁN!!






Comentarios (0) - Categoría: POETIZÁMONOS - Publicado o 03-07-2012 15:39
# Ligazón permanente a este artigo
RECREACIÓNS POETÍZATE 2012
Aquí van algunhas recreacións do alumnado de 1º de BAC sobre poemas da antoloxía de Fran Alonso Poetízate.

Comentarios (1) - Categoría: POETIZÁMONOS - Publicado o 12-06-2012 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
LOS NADIES, DE EDUARDO GALEANO
O fermoso poema "Los nadies" de Eduardo Galeano na súa voz.
Chéganos a través de Trafegando ronseis, como non.

Acábase de crear un club de lectura virtual, Falemos de lecturas, e o libro que se está a comentar é Sunset Park, de Paul Auster. Si, o mesmo que estamos a ler no club de profes.

Comentarios (0) - Categoría: POETIZÁMONOS - Publicado o 03-12-2011 19:11
# Ligazón permanente a este artigo
MAIO: MES DAS LETRAS

Este mes dedicámolo ás Letras Galegas e para comenzar un poema de Uxío Novoneyra, poeta d'O Courel.

BARBAÑA barbaña...
Que noite de lobos!
Oulan os cais nas airas.

Anda a nebra baixa
Polos caborcos do souto
E polas bouzas da braña...
Comentarios (0) - Categoría: POETIZÁMONOS - Publicado o 05-05-2010 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
MORTE EN GAZA

Harold Pinter

The bombs go off
The legs go off
The heads go off
The arms go off
The feet go off
The light goes out
The heads go off
The legs go off
The lust is up
The dead are dirt
The lights go out
The dead are dust
A man bows down before another man
And sucks his lust

A relación especial

As bombas estalan
As pernas estalan
As cabezas estalan
Os brazos estalan
Os pés estalan
A luz apágase
As cabezas estalan
As pernas estalan
A luxuria crece
Os mortos están sucios
As luces apáganse
Os mortos son po
Un home inclínase ante outro home
e chupa a súa luxuria
Comentarios (2) - Categoría: POETIZÁMONOS - Publicado o 06-01-2009 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal