Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MOCHILAS VIAXEIRAS E LIBROS PARA O VERÁN

Esgotamos as mochilas, e iso que superaban as vinte, con libros para toda a familia. Outro ano máis a campaña de préstamos de verán foi un éxito, tanto a nivel de profesorado como de alumnado. Os libros da nosa biblioteca tamén van á praia, ao río, ao campo, a ...???? nas vacacións. E eles levan de viaxe as persoas que os len. Que a sorte vos acompañe a tod@s!



Comentarios (0) - Categoría: MOCHILAS VIAXEIRAS - Publicado o 26-06-2012 21:42
# Ligazón permanente a este artigo
OS LIBROS NAVEGAN POL'A LIMIA

Esgotamos todas as mochilas viaxeiras nesta travesía lectora. Case 400 libros saíron da nosa biblioteca para ser secuestrados, manoseados e devorados por adict@s á lectura.
Comentarios (3) - Categoría: MOCHILAS VIAXEIRAS - Publicado o 24-06-2011 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
NAVEGAN OS LIBROS POLA COMARCA LIMIÁ

Estes días os estantes de galego da biblioteca foron baleirándose de libros. A febre lectora estendeuse polo alumnado do instituto ata converterese nun andazo, viva esta doenza. Tamén achegamos os libros ás familias para que gocen lendo.

Dalgúns libros non quedou nin un exemplar. Andan por aí:

A praia dos afogados, de Domingo Villar
Rúa Carbón e A cabeza de Medusa, de Marilar Aleixandre
Os diarios vermellos de Carlota e Flanagan, de Andreu Martín e Bema Lienas
toda a produción de Agustín Fernández Paz (O único que queda é o amor, O centro do labirinto, Cartas de inverno, As flores radioactivas...)
Pel de lobo, de Xosé Miranda
Veleno tinto, de Ramón Carredano
Un home que xaceu aquí, de Aníbal Malvar
Made in Galiza, de Séchu Sende
Dúas bágoas por Máquina, Lúas de nácara e A lagoa das nenas mudas de Fina Casalderrey
O monstro das palabras, de María Reimóndez
O lapis do carpinteiro e Que me queres, Amor?, de Manuel Rivas
Baixo mínimos, de Diego Ameixeiras
Chamádeme Sinbad, de Francisco Castro
Stefano, de Mª Teresa Andruetto

... e Alexandra, A miña planta de laranxa lima, os Astérix, os Megatoxos, Chamábase Luís, Moonkid e Liberty, A nosa cinza, e moitos moitos máis.

Este fenómeno comezou a manifestarse hai tres anos, cando iniciamos a andaina das campañas de lectura pero este ano superou todas as expectativas e está a desbordarnos, que ben!
Comentarios (1) - Categoría: MOCHILAS VIAXEIRAS - Publicado o 23-06-2010 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZA A TRAVESÍA DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Puxéronse a navegar 11 mochilas viaxeiras na comarca limiá. No seu interior van materiais para que goce toda a familia: para os máis cativos, para xente moza e persoas que deixaron atrás a xuventude pero que mantén intacta a curiosidade. Literatura para soñar, para pensar, para viaxar, para coñecer, para emocionarse, literatura para non naufragar…

Conteñen:
1 exemplar da revista No Límite, nº 15, do curso pasado
1 cómic en castelán e 1 en galego
1 cd de música galega
1 libro d'Os Bolechas para lectoras e lectores miúdos
1 libro de aventuras de Agustín Fernández Paz: O centro do labirinto, Cartas de inverno1 libro xuvenil en castelán
1 libro de cultura clásica sobre mitoloxía e modos de vida da época dos romanbos
1 libro de Historia de Galicia
1 libro de literatura para bacharelato e adultos: Pepa, a Loba, de Carlos Reigosa; O club da calceta, de María Reimóndez...
1 diario de lecturas
1 marcador
1 pin
Comentarios (0) - Categoría: MOCHILAS VIAXEIRAS - Publicado o 25-11-2009 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
OS LIBROS CÓMENSE


Os libros cómense

Despedimos o curso enchendo de sabores e aromas todas as mochilas viaxeiras. E como as mochilas quedaron escasas para tanta demanda, depositamos nas mans do noso alumnado lector montes de libros da nosa biblioteca. Arestora, personaxes de todo tipo circulan pola Limia: o inspector Leo Caldas, de Ollos de auga e A praia dos afogados, mais o detective Horacio Dopico, de Baixo mínimos e O cidadán do mes, están a resolver casos difíciles; Holden Caufield, de O vixía no centeo, anda á procura de si mesmo nunha sociedade hipócrita; os tres mozos de Sardinia Blues buscan converterse en heroes para salvarse da miseria moral que os rodea; o Xoán de A nosa cinza tenta sobrevivir a tanto conflito interno produto da educación represora da posguerra; as personaxes de A cabeza de Medusa deben enfrontarse a unha sociedade que desconfía das vítimas en casos de violación; Pepa a Loba é unha bandoleira convertida en mito…

Os últimos días do curso multiplicáronse os préstamos. Funcionou moi ben a idea de expoñer nas repisas das fiestras e nalgunhas mesas libros de éxito. Tamén animamos o profesorado a solicitar libros para endozar as vacacións.

Algúns dos títulos solicitados foron:

Ollos de auga e A praia dos afogados, de Domingos Villar
Baixo mínimos e O cidadán do mes, de Diego Ameixeiras
Un home que xaceu aquí, de Aníbal Malvar
Resistencia, de Rosa Aneiros
O vixía no centeo, de Salinger
A nosa cinza, de Xavier Alcalá
O diario vermello de Carlota, de Gemma Lienas
Sardinia Blues, de Flavio Soriga
El amor en los tiempos del cólera, de García Márquez
A cabeza de Medusa e Rúa Carbón, de Marilar Alexandre
O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz
Pepa a Loba, de Carlos Reigosa
La fiesta del chivo, de Vargas Llosa
A esmorga e Xente ao lonxe, de Blanco – Amor
Dúas bágoas por máquina, Asústate, Merche! e A pomba e o degolado, de Fina Casalderrey
Los escarabajos vuelan al atardecer, de María Gripe
Así nacen as baleas, de Anxos Sumai
Kafka en la orilla, de Murakami
Fin de século en Palestina, de Miguel Anxo Murado
Made in Galiza, de Séchu Sende
Poetízate, de Fran Alonso
As amantes de Hamlet, de Marta Dacosta
As lágrimas de Shiva, nas súas versións galega e castelá, de César Mallorquí
Viajes con Heródoto, de Kapuscinski
Os comedores de patacas e Que me queres, Amor?, de Manuel Rivas

E mesmo unha alumna de 4º da ESO, fan de Manuel Rivas, levou Os libros arden mal

Feliz verán a todo o mundo, gozade da lectura!!
Comentarios (1) - Categoría: MOCHILAS VIAXEIRAS - Publicado o 30-06-2009 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
AS MOCHILAS VIAXEIRAS NON DESCANSAN

12 mochilas viaxeiras seguen o seu percorrido polas casas da Limia.

Esta experiencia, que botou a andar o curso pasado, converteuse nunha campaña exitosa de promoción da lectura. Ademais de incrementar o hábito lector no alumnado, está a aumentar o hábito lector noutros membros da familia, como demostra a solicitude de máis préstamos de fondos por parte de nais e pais a través do alumnado.
Tamén está a resultar unha exitosa estratexia de normalización lingüística (un 75% dos fondos están en lingua galega)pois persoas que antes non lían en galego estanse atrevendo.

No diario que acompaña os fondos recóllense comentarios sobre as lecturas e palabras que agradecen esta iniciativa.

Citamos algúns títulos que forman parte da equipaxe lectora que acompaña o noso alumnado e as súas familias nesta viaxe polo pracer e do saber:

Ollos de auga, de Domingo Villar
A pomba e o degolado, de Fina Casalderrey
Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. Docampo
Pepa a Loba, de Carlos Reigosa
Veleno tinto, de Ramón Carredano
Tempo rachado, de Margot Chamorro
Pel de lobo, de Xosé Miranda
Memorias do esquenzo, de Inma Antonio
Los escarabajos vuelan al atardecer, de María Gripe
El cartero siempre llama mil veces, de Andreu Martín e Jaume Ribera
Libros da Colección universal de A Nosa Terra

Cómics:
Mortadelo e Filemón
Astérix
No nome da amada morta


Revista No límite

Música:
CD de música galega (Budiño,O’Leo, The Homens, Uxía...)
Comentarios (1) - Categoría: MOCHILAS VIAXEIRAS - Publicado o 19-03-2009 21:21
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZA A AVENTURA DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Comeza a aventura das mochilas viaxeiras, proxecto iniciado o curso pasado que ten como obxectivo achegar os fondos da nosa biblioteca ás familias. Con elas vai un diario de lecturas para recoller opinións.

Incluímos títulos como:
Memoria para Xoana, de Xoana Torres
Veleno tinto, de Ramón Carredano
Os cárceres do esquenzo, de Inma Antonio
O río e a lagoa, de Steve Parker
Cómics da colección de Astérix na versión galega
Libros da colección Historia Universal en galego
Libros da colección de Manolito Gafotas, de Elvira Lindo
Revista No Límite nº 14
CD de música: Cantos na maré
Comentarios (0) - Categoría: MOCHILAS VIAXEIRAS - Publicado o 04-11-2008 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
A MOCHILA VIAXEIRA CONTINÚA A SÚA TRAVESÍA CON ÉXITO

Comentarios (0) - Categoría: MOCHILAS VIAXEIRAS - Publicado o 28-05-2008 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal