Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CELEBRAMOS A SEMANA DO AMOR

Ule esta hora como cando regresas
e soño aguas agallopando na mar brava.
Este sangue derrámase como auga
sobre o cemento no outono e ule
o rastro que deixan os paxaros
cando fuxen en solpores de espada.
Así rasga a túa presencia,
e fágome sal e pranto.
ule esta tarde como cando marchas
e levas contigo as miradas brancas,
as singraduras dos dedos na ternura.

Así, sen ti,
fica o mar tan tristemente en calma
e eu canto.

Ana Romaní

VII (amor valente)

El amor está en lo que tendemos

El amor está en lo que tendemos
(puentes, palabras)
El amor está en todo lo que izamos
(risas, banderas)
Y en lo que combatimos
(noche, vacío)
por verdadero amor.
El amor está en cuanto levantamos
(torres, promesas)
En cuanto recogemos y sembramos
(hijos, futuro).
Y en las ruinas de lo que abatimos
(desposesión, mentira)
por verdadero amor.

José Angel Valente.

Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 12-02-2009 21:09
# Ligazón permanente a este artigo
DA PAZ

Colgaremos o libriño de lecturas pola paz na sección de normalización da páxina web. Aquí unha pequena mostra.
Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 03-02-2009 19:32
# Ligazón permanente a este artigo
30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

ODA Á GUERRA
Manuel María
A guerra é a salvación da Humanidade,
fai avantar a Ciencia, desenrola
o pobo, crea industrias importantes
e potentes, fai florecer a Economía
dun xeito case milagroso, asegura
a paz, é construtiva, sirve
de inspiración aos cantos épicos,
fabrica heroes inmortais e lexendarios.
Na guerra un pode demostrar o seu
valor e o seu valer, gañar ascensos,
acadar condecoracións moi preciadas,
brillantes e honrosísimas. En tempo
de guerra todo é progreso, ledicia
e máis fartura. Misís, tanques,
fusís, pistolas, metralletas,
escuadras, cañóns aéreos e antiaéreos,
bombas atómicas, de mao e de napal
erguen unha música doce e harmoniosa
que a xente escoita compracida
e enlevada. Todos van á morte
moi felices, os feridos teñen nos beizos
a flor dun sorriso. Non se derrama
sangue, ai, iso non! Os campos
bombardeados e incendiados
seméllanse aos xardíns e ás máxicas
fogueiras do San Xoán.
Os homes esquécense de odiar
e aprenden a amarse de verdade.
Comentarios (3) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 25-01-2009 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

No 60º aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos queremos lembrar as persoas que loitaron e morreron por defender un mundo máis xusto:

Valentes e fráxiles, todas escribimos as historias
como espadas de carne e óso
como flores abertas mirando cara ao sol
coma ti, María Elena.

Doris Moromisato (escritora peruana)

Homenaxe a Mª Elena Moyano (peruana asasinada polo seu activo compromiso na loita polos dereitos d muller e contra a pobreza e a marxinación). Súas son estas palabras:

Ás veces penso
Que xa me mataron sen facelo

"A revolución é a afirmación da vida, da dignidade individual e colectiva; é unha nova ética. A revolución non é morte nin imposición nin tanto menos submisión nin fanatísmo. A revolución é unha vida nova, é convencer e loitar por unha sociedade xusta, digna, solidaria á beira das organizacións creadas polo noso pobo, respectando a súa democracia interna e levando no seu colo as novas sementes do poder dun Perú novo. Continuarei á beira do meu pobo, das mulleres, dos jovenes e dos nenos; continuarei a loitar pola paz en nome da xustiza social".

María Elena Moyano
Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 10-12-2008 08:48
# Ligazón permanente a este artigo
POEMAS PARA O DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Memorial dos Foxos de Lugo

Teñen que se encher aínda
As cunetas
Con sangue de mestres e de obreiros.


O poeta ergueuse unha mañán
e non a viu.
saíu á rúa
e non a viu.
Fuxiu ao monte
e non a viu.
Volveu á casa
e non a viu.
E non tivo por onde camiñar
que non fosen cunetas e cunetas.

Mirou o caderno dos poemas
e non había ringleira
senón soamente cunetas.

Abriu os libros de poesía
e non había verso ningún
que non fose escrito entre cunetas.

?Por iso fun tantos homes
como mulleres tiven?:
Cunetas.
?Tantos monstros sós por sempre nosos?:
Cunetas.
?Cal brazos que te abracen
como tigres de tenrura?:
Cunetas. Cunetas. Cunetas
Cada verso era a beira dun suco
ao que tan só lle compría outro verso
para converterse en cuneta.
?Morderás esta lingua como o crótalo
e son o amor o amado e máis o amado?:
Cunetas.
?A túa boca violeta boreal e venérea?:
Cunetas.
?O destino quizais tracexará no tempo
unha historia de amor ocorrida en lituania...?
Cunetas. Cunetas. Cunetas.

Antes dos poemas de amor sen morte:
Cunetas.
Antes dos tigres de tenrura:
Cunetas.
Antes do celuloide en cinepoemas:
Cunetas.
Antes de todas as historias da lúa:
Cunetas.
Antes da túa boca violeta:
Cunetas.
Antes do son de Lugo Blues:
Cunetas. Cunetas. Cunetas.

Porque onde estivo un corpo
estivo a vida
e onde estivo a vida
están os versos
para sempre
convertidos en cunetas.

Acaso non se fixo a cuneta para a auga
senón a auga para a cuneta.
Acaso non se fixo a cuneta para o home
senón o home para a cuneta.
Acaso non se fixo a cuneta para a muller
senón a muller para a cuneta.
Acaso non se fixo a cuneta para o silencio
Senón o silencio para a cuneta.
Acaso non se fixo a cuneta para a morte
senón a morte para cuneta.

No lugar onde medran as silveiras
e discorre a auga pola estrada
houbo antes un suco de sangue
inzando de nomes as cunetas:
A cuneta Camilo Díaz Baliño
segundo se vén de Santiago.
A cuneta Juana Capdevielle
segundo se vén dende A Coruña.
A cuneta do paseado anónimo
saíndo de Lugo a todas partes.

Así se fixo o Plan Nacional de Estradas
de mil novecentos trinta e seis:
Onde a silva medraba con máis arte,
metralla.
Onde o amor era libre polas curvas,
metralla.
Onde a verba se elevaba na rasante,
metralla, metralla, metralla.

Deixando a vida polos sucos
sementáchedes tramo a tramo toda gavia
ata encher de esperanza cada foxo.
Que queimen o meu corpo cando morra:
que espareixen as cinzas por todas as cunetas:
que volvamos á vida todos xuntos:
aínda que sexa en verso compañeiros:
que volva pacer a dignidade en Lugo.
Que volva pacer a dignidade ao mundo.


Claudio Rguez Fer

DESAPARECIDOS

Qué extraño ser es ese
que no entiende
por qué escribo desapareció cuando alguien muere.
Que me enseñe la lista de sus muertos.
Todos en la cama, por supuesto
y a respetable edad.
Mire esta mía: cortados prematuros
pisoteados, maltrechos.
A mí no me tocó la suerte
de cerrarles los ojos ni rezar nueve días.
Fueron uno tras otro. Y por el miedo
y el dolor
y la angustia
no tuve tiempo de investigar
cómo
quién
ni por qué.
Pero me consta que desaparecieron.

Ana Mª Rodas (poeta guatemalteca)

Comentarios (1) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 07-12-2008 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
1 DE DECEMBRO: A SIDA EXISTE

Acróstico

Somentes
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de min que me sobrevivise

sabendo que debería ter sabido
impedirme a min mesmo
descubrir que só fun un interludio
atroz entre dous muros de silencio

só puiden evitar vivindo á sombra
inocularlle para sempre a quen amaba
doses letais do amr que envelenaba
a súa alma cunha dor eterna

sustituíndo o desexo polo exilio
iniciei a viaxe sen retorno
deixándome levar sen resistencia
ó fondo dunha interna
aniquilación chea de nostalxia.

novembro, 94


Lois Pereiro


Primeiro levaron as persoas de pel escura, pero a min non me importou, porque eu tiña a pel branca. Non fixen nada.

Despois levaron os homosexuais, pero como eu non era homosexual tampouco me importou. Non fixen nada.

Logo apresaron as prostitutas, pero eu como non era prostituta seguiu sen importarme. Non fixen nada.

Máis tarde prenderon as persoas que eran de fóra, as que tiñan SIDA, as que eran pobres, as que coxeaban, pero como eu era do país e non tiña SIDA nin era pobre nin coxeaba seguín sen preocuparme.

Cando viñeron por min estaba completamente só.


(baseado nun poema de Bertolt Brecht)
Comentarios (2) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 30-11-2008 20:19
# Ligazón permanente a este artigo
LECTURAS DRAMÁTICAS NA BIBLIOTECA

O grupo de teatro de 3º C de ESO ( Uxía, Mónica, Álex, Miriam, Iria, Elsa, Iván, Lucía, Leticia, Laura, Jenni, Andrea) e Pablo, de 3º C, realizaron unha lectura dramática a varias voces dunha adaptación do relato ?Un amor que non mate? de Dulce Chacón. Sobre un público atento e entregado caeron as palabras. Unha homenaxe a todas as vítimas da violencia de xénero, a todas elas.

Escribimos un extracto do texto dramatizado:

[?]
Adeus, meu amor:
Principio e fin. O do outro día foi insoportable, que me pegases unha e outra vez con esa carraxe e que case lle pegases ao noso fillo, iso non o podo permitir. Encontrei un traballo lonxe de aquí. Todo ten un final. Sei que a culpa é toda miña, nunca debín consentirche que me anulases así. Pedíchesme tempo e eu deiche toda a miña vida. Todo o fixen por amor pero xa basta. Vou aprender a quererme de novo. Quíxente ata a loucura pero nin un paso máis. ?Nin un paso máis?.

A Prudencia atopárona tirada no cuarto de baño, ao lado dun tubo de pastillas baleiro e en medio dun montón de papeis rotos. Teus pais tamén viñeron verte, Prudencia, non paraban de repetir ?tiñamos que terte levado de aquí?, e non podes dicirlles que non choren. ?Mamá, papá, non me soltedes a man, non vos vaiades?, non te oen, Prudencia, vanse abrazados mirando cara a atrás, ?mirando cara a atrás?.
Descansa en paz, Prudencia. Xa non me dás pena, déixame descansar. Non quero que me confundan contigo nunca máis. Mesmo o meu home me chama Prudencia, quere espertarme, pídeme perdón. Teño sono, Prudencia, ti tamén, tantos anos xuntas e vaste sen dicir nin unha soa palabra. Xa dormes e eu encóntrome soa, déixome ir en silencio, coma ti. Xa durmo.

A todas elas, que xa non están.
A C. F. M. , a X. A. O., a Federica, a Nagore, a Maria José, a Mónica, a Encarnación, a Cecilia Natalia, a Rosario, a María, a Hortensia, a Natalia, a María Dolores, a?
Comentarios (2) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 26-11-2008 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
VOCES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (2)

Lapidadas

Como ovellas que van ao matadeiro
camiñades a serdes lapidadas
en reas, silenciosas e humilladas,
baixo a mirada atenta do carneiro.

Que o voso sangue sexa o derradeiro
a mollar esas terra magoadas
polo integrismo cruel, polas brigadas
dunha fe que vos nega o abeiro.

Maldita sexa a man que tira a pedra!
maldito na semente e no futuro
o nome dos que erguen ese muro

sobre peitos que alentan! sexa a hedra
nai piadosa a cubrilas, nai que medra
a reclamar a vida en berro puro!

Marica Campo
Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 23-11-2008 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
VOCES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

IRA
Víamolo agarimando lascivo
Un corno branco de rinoceronte,
Mentres fitaba de esguello á súa lacerada compañeira,
Afirmando taxativamente,
Aínda coas luvas postas,
Que ela probablemente algo fixera para merecelo.

Raúl Gómez Pato


SOMBRAS DOS DÍAS A VIR

a Ivonne A. Bordelois

Mañá
vestiranme con cinzas á alba,
encheranme a boca de flores,
Aprenderei a durmir
na memoria dun muro,
na respiración
dun animal que soña.

Alejandra Pizárnik
Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 18-11-2008 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ ESCRIBE SOBRE A BIBLIOTECA

ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA HAI UNHA LUZ
Agustín Fernández Paz

ABRE AS PORTAS e entra. Entra neste espazo que agarda por ti, neste ámbito onde cada palabra é un don que recibimos como agasallo. Percorre todos os recantos desta casa da liberdade, respira este aire que non sabe de fronteiras, déixate levar polo río de recendos que anuncia os tesouros da biblioteca.
Estamos nun lugar especial, sería imposible confundilo. Desde o ceo debe de verse como un punto de luz brillando coa intensidade maior, como un aleph que contén a memoria e os soños da humanidade. Unha luz, si. Unha luz que escintila coma un faro entre as tebras, co rítmico latexar dun corazón inmenso que expande ondas de liberdade e de esperanza polo territorio que a circunda.
Quizais poderiamos seguir vivindo se nos faltase este aire que fai vibrar todas as células do noso corpo, se cadra as persoas continuariamos coa nosa existencia rutineira se non existise a biblioteca, mais algún lugar decisivo ficaría baleiro no noso corazón.
Faltaríanos a enerxía que nos fai desexar unha vida mellor, unha cidadanía máis libre, unha sociedade máis xusta. Doeríanos non escoitar a voz das persoas que sufriron a historia e a das que a sofren agora mesmo; sería insoportable oír só as palabras dos que tentan dirixir e controlar as nosas vidas.
Para que isto non suceda, abre as portas e entra. Ábreas sempre, todas as portas, pois cada vez que o fas incorpóraste ao río subterráneo que alimenta a biblioteca, ao torrente de liberdade que a fai vivir e lle dá azos renovados.

ABRE OS LIBROS e mergúllate na auga da vida que abrolla irreprimible desde as súas páxinas. Déixate arrastrar pola fervenza de voces, de linguas, de recendos, de paisaxes. Non esquezas nunca o abraio que experimentamos nos anos da infancia, cando se nos revela a dimensión máxica que teñen as palabras e descubrimos que as páxinas dos libros poden conter o mundo enteiro.
Como as labregas que se afanan na rebusca de espigas entre os regos despois da ceifa, tamén os escritores recollen as palabras unha a unha e elaboran con elas o humilde pan dos seus textos. Deste xeito fan que cheguen ata nós, sempre novas e sempre sorprendentes, pois os libros posúen a insólita capacidade de revivir e reinventarse en cada nova lectura.
Todas as persoas necesitamos as historias, os soños, as palabras, talvez sexa unha característica inscrita no ADN da humanidade. Necesitámolas coma o comer, como beber auga, xaora que si. Para entendermos o mundo e para entendernos a nós mesmos, para soñar outros destinos, para loar os dons que a vida nos dá. Sabemos que non poderiamos vivir sen o alento da imaxinación e da creatividade, sen as palabras que expresan a variedade e a beleza dos nosos desexos e dos nosos sentimentos.
Por todo iso, abramos os libros. Eles conteñen os soños, as paixóns, os medos, os amores, as risas. Nas súas paxinas habita a inmensa variedade de sentimentos e experiencias da humanidade, das persoas que viven agora en calquera lugar do mundo e das que desapareceron hai moitos anos. Os libros: ríos de palabras que se nos ofrecen con xenerosidade para axudarnos a aprender o oficio de vivir, para cambiarnos a vida e implicármonos na transformación do mundo.
ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA HAI UNHA LUZ que traspasa todos os muros, unha luz que se fai máis intensa cando medran as persoas que a incorporan ás súas vidas. As mesmas persoas que logo, ao saíren por rúas e prazas, levarán canda elas o reflexo desa luz, a semente dese mundo novo que algún día faremos agromar. Un mundo máis solidario, máis plural, máis culto, máis xusto. Un mundo onde non se escoite a voz adormecedora dos poderosos, senón as palabras múltiples e diversas de todas as persoas que habitamos esta casa común que é o noso planeta.
Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 16-10-2008 08:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0