Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

LIBRO COAS LECTURAS POLA PAZ
O Día da Paz organizamos unhas lecturas abertas na biblioteca con poemas nas diferentes lingua do centro traducidos ao galego, velaquí o resultado impreso.

Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 03-04-2009 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
DRAMATIZACIÓN DE "RAMÓN" NA BIBLIOTECA
Comentarios (1) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 02-04-2009 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
LIBRO DE FOTOS: XOGO DE EDUCACIÓN DOCUMENTAL
Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 23-03-2009 21:21
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DA TERRA E DA POESÍA: FADWA TUQAN


SÓ QUERO ESTAR NO SEU SEO
Só quero morrer na miña terra,
Que me enterren nela,
Fundirme e esvaecerme na súa fertilidade
Para resucitar sendo herba na miña terra,
Resucitar sendo flor
Que esfole un neno crecido
No meu país.
Só quero estar no seo da miña patria
Sendo terra
Herba
Ou flor

Fadwa Tuqán (1917-2003, poeta palestina, traducida ao castelán por María Luisa Prieto)
Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 21-03-2009 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA

Un non escolle

Un non escolle o país onde nace;
pero ama o país onde naceu.

Un non escolle o tempo para vir ao mundo;
pero debe deixar pegada do seu tempo.

Ninguén pode evadir a súa responsabilidade.

Ninguén pode taparse os ollos, os oídos,
enmudecer e cortarse as mans.

Todos temos un deber de amor que cumprir,.
unha historia que nacer
unha meta que alcanzar.

Non escollemos o momento para vir ao mundo:
Agora podemos facer o mundo
en que nacerá e crecerá
a semente que trouxemos connosco.

Gioconda Belli (poeta nicaraguana)


Mañá
vestiranme con cinzas á alba,
encheranme a boca de flores,
Aprenderei a durmir
na memoria dun muro,
na respiración
dun animal que soña.

Alejandra Pizárnik (poeta arxentina 1936-1972)


Ela séntese a veces
como cousa olvidada
no curruncho escuro da
casa
como froito devorado
dentro
polos paxaros rapaces,
como sombra sen rostro
e sen peso.
A súa presenza é apenas
vibración leve
no aire inmóbil.
Sente que a traspasan
as miradas
e que se volve néboa
entre os torpes brazos
que tentan circundala.

Quixera ser sequera
unha laranja xugosa
na man dun neno
-non cortiza baleira-
unha imaxe que brilla
no espello
-non sombra que se esfuma-
e unha voz clara
-non pesado silencio-
algunha vez escoitada.

Alaide Foppa (1914- poeta guatemalteca nacida en Barcelona, foi asasinada nos primeiros anos da década dos 80)
Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 21-03-2009 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA


ÁS FURIAS
a María Elena Moyano (

Prohibida de pousar os seus ollos sobre libro ningún
Sor Juana achou o universo nun metro cadrado da súa cela
e ao languidecer as campás cada tarde
explicaba ás asombradas novicias
o misterio dos astros flotando ao redor dos conventos
o titilar das estrelas no enorme ceo
do esvaecente século dezasete,
intuitiva e gloriosa, sumaba e restaba
o manso rumor do sangue
sobre o po acumulado da súa cela.

Ás mulleres incas emancipadoras, con todo,
arrincáronlles a vida
de raíz
por abandonar os seus quefaceres anhelando fundar nacións.
Sinto nas miñas fazulas os seus pés sanguentos
baixando desde o Cuzco, encadeadas e cubertas de esgarros,
morrendo unha tras outra na longa camiñada cara á costa.

Mulleres excelsas arden sobre as miñas pupilas
corpos e almas devorados polas linguas de lume
membro tras membro
pétalo tras pétalo
por ler árbores e descifrar follas
plumas
espiñas
turbulencias nunha vasilla chea de auga
males e temores nos ollos tristes e enormes dos sapos,
atrevidos farois que iluminaron coa súa ciencia
séculos tenebrosos escurecidos polo temor e a envexa,
cabeleiras e beizos na fogueira
intentando volvelas invisibles e de fume...

Miro pola fiestra e chegan ata min as súas maltratadas peles
o eco dos seus berros como unha dentada na memoria,
o meu corazón estremécese e devólveme ao meu propio corpo
recipiente infestado de nubes
devólveme á miña habitación onde cada mañá
Gabriela Mistral dime ao oído: «todas
iamos ser raíñas...», e chora xunto a min
cando abrimos os diarios e volvemos descubrir a mentira;
devólveme á miña cela onde tamén atopo o universo.

Pero a túa morte axeónllame outra vez.
Hai penas que non se reconcilian co calendario
que non queren negociar coas palabras,
penas como furias, imposibles de domar
existe seica algunha palabra que poida dobregar as furias?

Valentes e fráxiles, todas escribimos as historias
como espadas de carne e óso
como flores abertas mirando cara ao sol
coma ti, María Elena.

A ti matáronte porque nunca predicaches sobre a brancura do cal
senón construír coa area castelos de igualdades.
A ti matoute o escuro corazón da envexa
ese mesmo turbio corazón que esnaquiza en cada época
toda fe, todo amor
sobre ti descargouse a súa ira
porque organizaches pedras, pensamentos, furacáns.

A ti matáronte porque domaches a area,
esa mesma area que agora cobre o teu sepulcro
como un inmenso ceo gris suspendido para
sempre sobre a túa mirada.

Doris Moromisato (poeta peruana 1962)

Mª Elena Moyano(peruana asasinada polo seu activo compromiso na loita polos dereitos da muller e contra a pobreza e a marxinación)
Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 20-03-2009 23:57
# Ligazón permanente a este artigo
O MITO DE PENÉLOPE NOS VERSOS DE MARTA DACOSTA

Mentres Ulises se empapaba de sabedoría viaxando, Penélope tecía e destecía. Mentres Ulises gozaba dalgunha aventuriña amorosa, Penélope gardaba fidelidade. Penélope, o descanso do guerreiro, o símbolo da submisión, condenada a non ser, secuestrada.
A figura de Penélope foi recuperada por moitas mulleres poetas e liberada das cadeas do amor perverso. A nova Penélope rebélase contra o destino e bótase ao mar. Naceu un novo mito: a muller que decide sobre a súa propia vida, que actúa. Penélope é esa nova muller, símbolo da liberación feminina.
Penélope navegante.

Proba disto, estes versos de Marta Dacosta en As amantes de Hamlet , no apartado ?Cartas mariñas para Penélope?.

... Eu son Penélope
e rexeito teas e fíos
non te vou agardar.

PENÉLOPE,
Penélope,
Penélope navegante,
cabelos atados e pel de salitre,
rodeiras nos beizos e dor
nas mans
rotas polas cordas e polo vento.
Penélope navegante,
a que traza rotas e encarta mapas,
leva timón e leme
e ve máis alá do mar,
máis lonxe có charrán,
e busca a calor das illas,
o seu resplandor branco no centro da noite.

CARTAS mariñas para Penélope,
compás e redes,

única bagaxe para a vida,
nin fitas nin alfaias,
ningunha cadea que a prenda á terra,

só compás, redes e cartas.

Se queredes saber máis da poeta entrade no seu blog Acuática, lede e deixade comentarios:
Blog de Marta Dacosta
Comentarios (2) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 05-03-2009 09:07
# Ligazón permanente a este artigo
8 DE MARZO: A POETA MARTA DACOSTA VISITARÁ O LAGOA DE ANTELA

Setembro leva aínda a dor que foi o parto,
os días de salitre baixo a chuvia do outono.
Unha muller e outra e tantas que non sei
cunha dor tan prfunda nas rodeiras dos labios.

Marta Dacosta (Setembro)

O luns 9 de marzo recibiremos a poeta Marta Dacosta.
Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 05-03-2009 00:21
# Ligazón permanente a este artigo
SEMANA DE ROSALÍA
A escritora Marina Mayoral(autora de Tristes armas, Chamábase Luís...) recita o poema de Rosalía "Unha vez tiven un cravo"
Esta semana en Santiago Anxo Angueira aborda o espectáculo poético-musical Rosalía 21, podedes ver o escritor na sección de normalización da páxina web recitando "Aurora" en Aguilhoar.
Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 25-02-2009 19:56
# Ligazón permanente a este artigo
A SEMANA DO AMOR FOI UN ÉXITO

Celebramos a semana do amor con éxito de palpitacións.

O alumnado de 1º de BAC puxo en marcha o proxecto ?Bombón ou toxo? que tanto disparou os niveis de concentración hormonal e incrementou a temperatura corporal (e as expectativas amorosas) que a piques estivo de colapsarse o centro: tantas emocións producen taquicardias, xa se sabe. Circularon sobre todo bombóns e algún que outro toxo, esa planta que doura os montes de Galicia (palabras poéticas de Manuel Rivas)
A biblioteca adornouse de frases de ?quéroche? nun monte de idiomas e colocou unha mesa con algúns títulos sobre o amor, o desamor e a perversión do amor que non é amor.

Algúns deses títulos:

A pomba e o degolado, de Fina Casalderrey: sobre o amor adolescente.
O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz: sobre o amor con letras maiúsculas e tamén minúsculas.
Resistencia: sobre o amor que permanece a pesar dos obstáculos.
O centro no labirinto, de Agustín fernández Paz: sobre o amor adolescente e o amor á lingua e á natureza.
Memoria para Xoana, de Marica Campo: sobre o amor xeracional.
20 canciones de amor y una canción desesperada, de Pablo Neruda: sobre a metáfora do amor.
As lágrimas de Shiva, de César Mallorquí: sobre o amor á lectura e o amor adolescente.
Cartas de amor, de Fran Alonso: sobre
Made in Galiza, de Séchu Sende: sobre o amor á lingua.
Trilogía de la huida, de Dulce Chacón: sobre a destrución nas parellas.
Romeo and Juliet, de William Shakespeare: sobre os amores que acaban en traxedia polo odio.
Tristes armas: sobre o amor filial e fraternal.
Mira si yo te querré, de Luis Leante: sobre o amor a pesar das dificultades.
El amor en los tiempos del cólera, de Gabriel García Márquez: sobre o amor.

Entregamos os premios do concurso de declaracións de amor:
1º ciclo: David Gonçalves
2º ciclo: Alejandra Parejas
Noraboa!!!
Comentarios (1) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 15-02-2009 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0