Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MÁIS FOTOS DO 25 N
Neste caso as imaxes valen máis cás palabras.

Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 26-11-2009 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
COMMEMORAMOS O 25 DE NOVEMBRO

O IES Lagoa de Antela , como é tradición, conmemorou o 25 de Novembro, Día Mundial contra a Violencia de Xénero.
A actividade tiña como obxectivo visibilizar a violencia de xénero dende un enfoque didáctico e coeducativo e logrou implicar á case totalidade da comunidade escolar.
O alumnado dos diferentes grupos de eso confeccionou varios patchwork con anacos de tea para expoñer o día 25 de novembro. escribiron palabras en positivo como igualdade, respecto e convivencia, o título da actividade (25 DE NOVEMBRO: DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, TOLERANCIA 0. SI AO RESPECTO, NON AO MALTRATO) e os nomes das vítimas mortais do presente ano. Alumnas e alumnos coseron os anacos de tea na propia aula, actividade compartida por alumnas e alumnos.
A idea foi promovida polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, contou co apoio da dirección do centro e foi coordinada polas profesoras de Plástica e titoras e titores.
Xunto coa exposición dos mosaicos no patio leron textos alusivos ao tema alumnado de 1º de Bacharelato e profesorado.

Reproducimos dous textos:

?O alcohol pode actuar de moitas formas nas agresións físicas e sexuais, como un desinhibidor para os homes, como unha escusa para a súa conduta despois de actuar. Pero, na maioría das ocasións, os que utilizan o alcohol como escusa, non acostuman realizar outros tipos de agresións. O home que está bebido non lle pega ao seu xefe, aínda tendo problemas no traballo, nin ao porteiro da casa, nin ao veciño, só á muller?.


Para frear as condutas que indican un principio de control cómpre lembrares, muller, que?
Non debes permitir que a túa parella controle a túa vida.
Ninguén ten dereito sobre a túa aparencia física, roupa, maquillaxe?
Non debes deixar de facer cousas que che gustan por non molestar a túa parella.
As relacións sexuais deben ser consentidas polos dous. O teu corpo é teu e ti decides sobre el, a túa parella non ten dereito sobre el.
A túa parella debe comprender que non é o centro da tua vida, o centro es ti.
Saír con alguén non implica pasar todo o tempo na súa compañía.
As opinións dos dous valen igual aínda sendo diferentes.
O amor non consiste en sacrificar a túa vida por ninguén e renunciar a vivir e realizarse como persoa.
Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 26-11-2009 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
ACHÉGASE O 25 DE NOVEMBRO, DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A través de Trafegando ronseis coñecemos a existencia deste vídeo coa canció de El sueño de Morfeo contra a violencia de xénero. Aplaudimos iniciativas coma esta.
.

TOLERANCIA 0

Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 20-11-2009 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
CELEBRAMOS O SAMAÍN NA BIBLIOTECA
Celebramos o Samaín na biblioteca con:
- Contos de medo creados e escenificados polo alumnado de teatro, a lectura dun conto da alumna Alicia de 1º da ESO e a lectura por parte de Mayte de 2º de BAC do relato "Sobre da morte do Bieito", de Rafael Dieste.
- Unha exposición de cabazas simpáticas e terroríficas confeccionadas polo alumnado en Plástica.
- Unha exposición de libros de medo.

Tamén:

- Adornamos a biblioteca e o corredor con motivos de terror.

- E degustamos os doces elaborados polo alumnado do PCPI de Cociña (que ricos!).


Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 08-11-2009 00:24
# Ligazón permanente a este artigo
CELEBRAMOS O SAMAÍN
Celebramos o Samaín na biblioteca: unha exposición de cabazas, lectura e escenificación de contos de medo, algunha sorpresa... Agora vai un aperitivo, algunhas simpáticas e enxeñosas cabazas elaboradas por alumnado de 3º da ESO.

Comentarios (1) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 02-11-2009 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
SEMANA DA BIBLIOTECA: LIBROS E GASTRONOMÍA
Celebramos a semana da biblioteca con recomendacións literarias por parte do alumnado e o profesorado e con pinchos doces e salgados grazas á colaboración do alumnado de PCPI de Cociña e ao seu profesor Javier. A visita á biblioteca deixou un bo sabor de boca.

Comentarios (2) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 02-11-2009 09:04
# Ligazón permanente a este artigo
UN CONTO DE DRÁCULA DE APERITIVO
Adolfo, de 1º da ESO, é un rapaz todoterreo, creativo e polifacético, que se estrea no noso blog cun conto de Drácula. Mágoa que non se poida admirar a animación do power point orixinal, onde os seres entran e saen, móvense polo espazo, cobran vida...

Comentarios (1) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 28-10-2009 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Celebramos lendo en galego o día das bibliotecas. dentro de nada comezaremos cos clubs de lectura.
Esta semana solicita unha mochila viaxeira, visita a exposición de fotos das actividades da biblioteca do curso pasado, recomenda un libro e cólgao na Árbore dos Libros, participa no concurso "Busca no cartel", navega lendo...

CONCURSO ?. BUSCA NO CARTEL!!!

1- 2 novelas policíacas.

2- 1 título con 2 nomes de paxaro.

3- 1 novela que leva o nome dun personaxe histórico.

4- 2 libros de Fina Casalderrey.

5- 2 traducións.

6- 1 novela que mete medo.

7- 1 novela que leva o nome dun océano.

8- 1 novela que leva o nome de ?estrela da mañá?.

9- 1 novela que leva o nome dun estilo de música nunha illa italiana.

10- 1 novela que contén un ser mitolóxico grego.

11- 1 novela que leva nome de continente.
Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 23-10-2009 09:17
# Ligazón permanente a este artigo
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Alumnado de 1º, 3º, 4º de ESO e 1º de BAC realizaron lecturas dramáticas de varios poemas de Xohana Torres (?Penélope?), Celso Emilio Ferreiro (?Inverno? e ?Deitado fronte ao mar? e Chus Pato, poeta de raíces limiás (versos de A ponte das Poldras). Tamén leron varios textos de Made in Galiza de Séchu Sende: ?Falar?, ?Estou contigo? e ?Ás veces sinto que no meu país faltan palabras?. Co gallo do decimoquinto aniversario da publicación d?A esmorga e decimoterceiro do pasamento do escritor ourensán Eduardo Blanco-Amor, tamén dramatizaron varias escenas da adaptación teatral d?A esmorga realizada pola dramaturga Begoña Muñoz Saá e Carlos Couceiro.
Agradecementos e felicitacións a: Mª José (profesora de Lingua Castelá), Raquel Trigo, Mayte, Raquel Vázquez, Néstor, Pablo, Cándido, Úrsula, Uxía, Isabel, Mirian, Miguel, Anxo, Xosé, Cristian e dúas rapazas de 1º de ESO das que non sei o nome (desculpas).
Dedicámoslle estas lecturas á nosa querida compañeira Ana Escudero, a alma da biblioteca que está a recuperarse dunha operación ósea. Bicos e apertas, Ana.


As miñas devanceiras
mulleres domésticas, todas, precedidas polos bois
as que contratan a producción das operarias
as que ceiban esposos cegos alén dos mares

logo dirán AntaAntelaArcaArquiñaMedorra cousa

cando a todos nos desecaron a memoria

pendurados, eles, os oráculos, con pinzas de roupa de plástico translúcido de cores
das pólas das árbores
que me arrolan
que me arrolan

escrita
(cando a fala era creación)
creación das avoas

das trinta xeracións de nais que me precederon e falaron en galego
das trinta ou mais xeracións de nais que me precederon e falaron nunha lingua
extinta da que conservo ecos na memoria
e daquelasoutras, sen nome, erguendo a fala entre os seus cabelos
Antas
Avós de meu-Nosas
contrarquitectas Túmulos grandes laxes da Vida, da Morte
No Idioma

Ao igual que todas as mulleres que me precederon e encetaron o seu canto
nas vendimias ou nas segas, nas luminiscencias e cegadoras senras-como cobra saltarina
como cobra-eu, a primeira entre todas elas que non sei cavar, nin segar, nin vendimar,
quixera comunicar lingua, creación, praxe linguística: ESCRITA

Chus Pato




Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 25-05-2009 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
ABRIL: MES DA LECTURA
Abril é o mes dos libros.

CELEBRAMOS O MES LENDO

O Departamento de Plástica convocou un concurso para fomentar a lectura e editouse unha pegatina co lema gañador: Disfruta lendo.
Celebramos a semana do cómic na biblioteca cunha exposición de debuxos de Tintín e Astérix e Obélix e recortes con viñetas. Tamén se colocaron exemplares de cómics para remexer.
Por último, editouse un folleto coa historia do cómic.
Comentarios (1) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 27-04-2009 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0