Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Como vén sendo habitual nos últimos catro anos, celebramos o Día da Paz con lecturas na biblioteca. Profesorado e alumnado sumaron voces contra a violencia unha vez máis, e contamos coa colaboración de novo de Natalie, a nosa encantadora lectora californiana. Tamén se decorou o corredor e a biblioteca con pombas de paz deseñadas polo alumnado de Plástica e o PCPI de Cociña agasallou a asistentes e participantes con petiscos doces. Foi un acto moi emotivo!





Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 09-02-2011 20:50
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADES POLA PAZ
Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 30-01-2011 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
TEXTOS PARA O DÍA DA PAZ
Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 27-01-2011 20:25
# Ligazón permanente a este artigo
ACHÉGASE O DÍA DA PAZ
Achégase o Día da Paz e aquí vai un vídeo cun poema galeguizado de Miguel Hernández e cadros de Lluís Gómez.

CANCIÓN DEL ANTIAVIONISTA

Que vienen, vienen, vienen
los lentos, lentos, lentos,
los ávidos, los fúnebres,
los aéreos carniceros.

Que nunca, nunca, nunca
su tenebroso vuelo
podrá ser confundido
con el de los jilgueros.

Que asaltan las palomas
sin hiel. Que van sedientos
de sangre, sangre, sangre,
de cuerpos, cuerpos, cuerpos.

Que el mundo no es el mundo.
Que el cielo no es el cielo,
sino el rincón del crimen
más negro, negro, negro.

Que han deshonrado al pájaro.
Que van de pueblo en pueblo,
desolación y ruina
sembrando, removiendo.

Que vienen, vienen, vienen
con sed de cementerio
dejando atrás un rastro
de muertos, muertos, muertos.

Que ven los hospitales
lo mismo que los cuervos.

Que nadie duerme, nadie.
Que nadie está despierto.
Que toda madre vive
pendiente del silencio,
del ay de la sirena,
con la ansiedad al cuello,
sin voz, sin paz, sin casa,
sin sueño.

Que nadie, nadie, nadie
lo olvide ni un momento.
Que no es posible el crimen.
Que no es posible esto.
Que tierra nuestra quieren.
Que tierra les daremos
en un hoyo, a puñados:
que queden satisfechos.

Que caigan, caigan: caigan.
Que fuego, fuego: fuego.

Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 23-01-2011 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
1 DE DECEMBRO: DÍA MUNDIAL CONTRA A SIDA
Mañá celébrase o Día Mundial contra a SIDA, unha enfermidade que sangra o continente africano e que condena aos que a padecen á discriminación, o rexeitamento e o silencio.

Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 30-11-2010 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
VÍDEOS SOBRE O ACTO DO 25 DE NOVEMBRO
O xoves 25 de novembro, Día Mundial contra a Violencia de Xénero, alumnado e profesorado concentrámonos no patio do instituto para realizar un acto en homenaxe ás vítimas.
O Departamento de Plástica confeccionou uns paneis onde figuraban os nomes das 64 mulleres mortas no que vai de ano e alumnado de 3º de ESO formou as frases VIOLENCIA 0 e RESPECTO 10.
O Departamento de Dinamización Lingüística e o equipo da Biblioteca escolleron e crearon textos alusivos ao tema que foron lidos por profesorado e alumnado.
Desafiando o intenso frío, mulleres e homes uníronse para manifestar o rexeitamento a esta lacra social e reivindicar o respecto e a igualdade nas relacións entre sexos.
Tamén se realizou unha proposta didáctica con actividades por nivel educativo para abordar nas aulas o tema da detección e prevención da violencia de xénero.
É necesaria unha educación en valores que forme persoas integrais, unha educación que deseñe estratexias didácticas que rompan tópicos, desenmascaren estereotipos, combatan prexuízos e eliminen as desigualdades.
No blog O falar non ten cancelas encóntrase o último vídeo. Agradecemos a Miguel e Cristian a colaboración na gravación dos vídeos.




Comentarios (2) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 28-11-2010 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
TEXTOS POLO 25 DE NOVEMBRO
TEXTOS LIDOS O 25 DE NOVEMBRO NO PATIO DO INSTITUTO.

Comentarios (1) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 28-11-2010 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
25 DE NOVEMBRO
Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 24-11-2010 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
CANCIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Chéganos esta recompilación de vídeos contra a violencia de xénero a través do blog A ghaivota, do IES Monte Carrasco de Cangas.


Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 24-11-2010 08:37
# Ligazón permanente a este artigo
CAMPAÑA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Interesantísimo vídeo dunha campaña internacional contra a violencia sobre as mulleres promovida pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID)e outras organizacións. Chéganos vía Trafegando ronseis.

Tu Voz Cuenta. Por un mundo sin violencias contra las mujeres from Tu Voz Cuenta on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 23-11-2010 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0