O luns 8 de marzo o club de lectura do 2º ciclo e BAC participou nun obradoiro de poesía con Carlos Negro. O poeta chegou á biblioteca cargado de libros, despregou a maxia da poesía sobre a mesa, encheu o aire de palabras e repartiu metáforas de chocolate que se nos derreteron na boca.
Coñecemos a Frederick, o rato que recollía as palabras, as cores e os raios de sol para compartir no inverno, e a Ajo, unha poeta madrileña que crea versos sorprendentes, micropoemas desconcertantes.
Escoitamos a voz do poeta, lenta, acelerada, eufórica, rota, mascando Makinaria.
Aprendemos, reflexionamos, xogamos, creamos, cantamos, mergullámonos na poesía como unha aventura.
E rapeamos.
Fotos e micropoemas do alumnado.
Carlos Negro tamén recitou para e co alumnado de 1º de BAC. Foi presentado por Lucía e Tiziana, dúas das máis veteranas do club e voraces lectoras.
Rescatamos estes poemas de alumnas e alumnos de 4º da ESO para este momento enchoupado en sangue.
Carballos de paz
regresan á miña ialma
co ar do serán.
Miguel García
A morte agarda na fin dun camiño
cos brazos abertos.
María Barreiro
Quen non mira pola
peneira é cego.
Fatima Fathallah
Rúas de pedras,
corren os meniños
soñando con elas.
Laura Paz
Teño medo á escuridade
ós corredores longos
ás rúas desertas
a Uxía,
a que me crave cristais nos ollos,
a tropezar,
a caer,
a non darme levantado,
e volver caer,
á soidade,
á morte,
e sobre todo
a ter medo.
As que cosen roupa clandestina para as fábricas
As que limpan o colexio, a oficina e o despacho/
As que maquillan a cara contra os puños do home
As que envexan as caídas dos nenos ó xogar
As que cociñan para o seu asasino
As que por medo ó maltrato non van nin á feira/ Raquel Trigo
As que cociñan para ?o señor?
As que sofren en silencio
As que loitan consigo mesmas para seguir igual Elsa López
As que derraman bágoas de xeo, engaioladas,
As que dormen preto do golpe, prófugo,
As que teñen o latexo esmorecido/ Clara Aparicio
As que sorrín cando teñen ganas de chorar
As que coidan os fillos, os avós e os maridos
As que cociñan, planchan, lavan, mercan, recollen/ Vanesa Colmenero
As que pelan as patacas de pé na cociña
As que merendan pan con nocilla coma os nenos
As que non poden vivir/ Paula Cristina
As que piden perdón polo que non cometeron
As que lembran o fogar lonxe da terra
As que mostran ledicia sentindo inquedanza/ Esther Losada
As que loitan polo que debería ser delas
As que choran en silencio e non berran
As que morren sen ter vivido/ Hadrián
Para todas elas/
O noso verso insomne.
Gústame:
o pan con queixo
a noite sen nubes
as películas de medo
os saúdos con bicos
o chocolate con améndoas
o ruído do silencio/
o olor a gasoil
a pasta con nata
os xerseis con capucha
as noites cos amigos
o libro de suspense
a xeometría en matemáticas
o pan con aceite
miña nai con meu pai
as tardes enteiras con Curro/ Raquel Trigo
o arrecendo da herba cortada/ Esther Losada
a liberdade de expresión
o cariño dos meus/ Elsa...
Non me gusta:
O ceo sen estrelas
A patada na porta /
A nata no leite
Os zapatos desatados
As fazulas vermellas
Os coches pitando/ Paula Cristina
O día con vento
O Nadal sen luces
O paxaro sen canto
Miña nai sen sorriso
A tristura sen bágoas/ Raquel Trigo
Non dicir adeus/ Elsa
Lémbrome:
das noites sen durmir, de miña avoa, que sempre tiña galletas para ofrecerme, das escapadas ao río nas tardes de verán, do olor do pan recén feito/ do mirar a ningures, do mergullar no sono, das pisadas silenciosas no escuro, do arrecendo do vento, pero non me lembro de min, de ter estado/ Clara Aparicio/ do arrecendo a terra húmida, do coche de meu pai, dos xogos co meu can, da boina do meu avó, da neve naqueles días.../ Paula Cristina/ das visitas (obrigadas) á igrexa, nas que me escapaba con facilidade, dos traballos no taller de meu pai, do son da pandeireta da miña bisavoa, dos paseos en moto co meu avó, dos veráns na praia, dos invernos na neve, desa luz que dá a neve.../Raquel Trigo...