|
|
|
|
ACIO SANGUENTO DE CARLOS FREIRE E VIVA PETER PAN, XESÚS PISÓN |
|
 Acio sanguento, Carlos Freire Cordeiro, Xerais
Un policía debe resolver o caso dun asasinato. Unha despedida de solteiro, amores clandestinos, mentiras, a presenza do deus grego Dionisos.. ., todas pezas dun puzle que o policía Daniel Sieiro debe encaixar.
?- Hai algo novo que apareceu esta mañá-dixo botando enriba da mesa unha bolsiña cunha folla de árbore no seu interior.
-Que é?
-Unha folla de loureiro. Atopámola na gorxa do cadáver.?
o mito de Peter Pan e a literatura como subversión. Merece a pena lelo.
Viva Peter Pan, Xesús Pisón, AS-PG
MARTA.- Entón viraron-nos nenos.
DOUTOR.- Só por unhas horas.
DARIO.- E para que?
DOUTOR.- Para demostrar que a literatura é nociva, especialmente para os nenos, xa que fomenta a rebeldía.
MARTA.- Os contos fan feliz á xente.
DARIO.- A Xerezada salvaron-lle a vida.
DOUTOR.- Enganando ao Sultán. Iso é subversión.
DARIO.- O pobre Merlin tamén é subversivo?
DOUTOR.- E Peter Pan, e todos os que moran en mundos maravillosos. A xente pensa que o noso mundo tamén pode ser así.
MARTA.- Oxalá!
DOUTOR.- Ve? Rebeldia. Asi veñen as desgracias. Hai que esborrar a literatura do mundo. Mellor dito, sustitui-la por outra máis civilizada. E vosté, doutora, ha criar o novo xénero.
MARTA.- Corre, Dario, antes que despertemos.
[?]
|
|
|
|
CASE PERFECTO DE MARINA MAYORAL |
|
 Case perfecto, Marina Mayoral, Xerais
A carta dunha muller a seu fillo que a acusa da morte de seu pai sérvelle a Marina Mayoral para abordar as relacións materno-filiais, o papel das mulleres que non se adaptan ao rol de nais tradicionais e que parece que teñen que estar xustificándose sempre diante dos fillos máis esixentes. A presenza de referencias literarias dentro da novela é outra constante literaria.
?Nunca, ou case nunca, vemos a realidade de forma inocente, pura, sen prexuízos nin pantallas que deformen a nosa visión. Vemos o que queremos ver, ou o que nos ensinaron a ver. En ocasións, tamén o que tememos ver. E moi poucas veces somos quen de darnos conta de cal é o cristal deformado a través do que ollamos: que temor, que desexo, que experiencia pasada está condicionando a percepción do que sucede diante dos nosos ollos.?
?Quería que entendeses esa estraña relación entre o que escribo e a realidade, pero hai algo máis que me veu á cabeza mentres cho estba contando.
Ao poñerse a escribir ocorre sempre iso, comezan a xurdir aspectos, temas, sentimento cos que non contabas. É algo fascinante, mais tamén perigoso. É como asomarse a un abismo ao que non lle ves o fondo e de onde pode saír o que menos agardas. Fascinante e temible. Ás veces dá medo, e outras, polo contrario, dá a satisfacción que produce resolver un enigma, un misterio que parecía irresoluble.?
|
|
|
|
CARTAS DE AMOR DE FRAN ALONSO |
|
 Cartas de amor, Fran Alonso, Xerais
Varias historias que teñen como protagonistas mulleres que se enfrontan á vida con dignidade, a pesar de estaren sufrindo circunstancias adversas. O amor e o desamor son dúas presenzas máis dentro dun amplo territorio temático ocupado pola miseria, a guerra, a inmigración, a violencia?
?A guerra?
?Aínda que che resulte difícil de entender, o que máis dano me fixo ao longo de tantos anos auxiliando as vítimas da guerra foron as súas miradas. creo que hoxe non resistiría nin sequera unha máis. Eses ollos tan estrañamente profundos, ubicados en rostros de calquera raza, color ou condición, que destilan a intensidade de tato horror, de tanta angustia, de tanta súplica, e de tanta resignación, nunca me deixaron vivir en paz.?
?Lonxe?
?O que eu máis quería quedou definitivamnte atrás. Todo, porque incluso das nosas pertenzas só trouxemos a roupa e pequenos obxectos persoais. Había que escoller, e, ¿sabes?, meu irmán escolleu as fotos. Estaba obsesionado con traelas consigo. Ás veces vémolas unha e outra vez, unha e outra vez, os dous, sentados sobre a cama, até que choramos e nos abrazamos como idiotas?
|
|
|
|
O NENO DO PIXAMA A RAIAS |
|
 O neno do pixama a raias, John Boyne, Facktoría K
A historia dun neno de 9 anos nunha época terrible, a vida e o mundo contados dende os seu ollos e a través da súa palabra.
?Un último pensamento pasóuselle pola cabeza ao seu irmán mentres miraba na distancia para aqueles centos de persoas facendo as súas cousas. O pensamento era que todos eles, os rapaces pequenos, os rapaces maiores, os pais, os avós, os tíos, a xente que vivía soa en calquera barrio e que non parecía ter familia ningunha, todos vestían a mesma roupa: un pixama a raias grises e na cabeza unha gorra a raias grises.
- Que estraño ?murmurou antes de dar a volta.?
|
|
|
|
O DIARIO VERMELLO DE CARLOTA |
|
 Se queres información fiable ou necesitas resolver dúbidas sobre o tema da sexualidade preme nestes enlaces:
http://tutorglbt.blogspot.com
Nestes enlaces poderás atopar respostas a preguntas que te formules sobre a sexualidade. http://querote.org/ |
|
|
|
MÁIS LIBROS PARA GOZAR... |
|

|
|
|
|
E MÁIS LIBROS |
|

|
|
|
|
MERGULLÁMONOS NA LECTURA |
|

|
|
|
|
|
|
|
|
|