Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A PRAIA DOS AFOGADOS, DE DOMINGO VILLAR

A praia dos afogados, de Domingo Villar
De novo o inspector Leo Caldas en acción, resolvendo casos difíciles, como en Ollos de auga. Diálogos áxiles e intrigas enredadas en labirintos delitivos e ambientes mariñeiros.

?-Traballo? ?interesouse o pai.
-O meu axudante ?confirmou Leo Caldas, separándose uns metros e buscando o tabaco no peto antes de contestar.
-Como foi todo? ?preguntou, sostendo un cigarro entre os dentes ao que lle achegou a chama do acendedor.
-Aínda estou no porto este.
-Co afogado?
-Parece que o axudaron a afogar.
-E logo?
-Ten as mans atadas.
Con certa frecuencia, os suicidas que se lanzaban á auga ataban as mans ou os pés para ter a seguridade de que se cumpriría o seu propósito.
-Puido facelo el mesmo ?apuntou Leo Caldas.
-Non, inspector. Non me pregunte por que, pero o forense cre que ese home nin se suicidou nin morreu pescando troitas.
-Troitas no mar hai poucas ?dixo Caldas lacónico.
-Vostede xa me entende.?


Comentarios (1) - Categoría: PARA LER - Publicado o 15-05-2009 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
VIDA E OBRA DE MARUXA MALLO
Realizamos un traballo de educación documental sobre a figura da pintora Maruxa Mallo (está a disposición de quen o desexe en formato word na nosa páxina, na sección de normalización: Maruxa Mallo); a continuación confeccionamos un libriño e, por último, unha exposición. O proxecto levou o título de "Á procura da personaxe misteriosa" (inspirado nun traballo xa realizado sobre o pintor Rembrandt) e resultou un éxito.

Comentarios (0) - Categoría: PARA LER - Publicado o 03-04-2009 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
8 DE MARZO: LECTURAS RECOMENDADAS

Un cuarto propio (ensaio), de Virginia Wolf. Describe a situación da muller, encorsetada nun papel que lle obrigaron a asumir.

Persépolis (cómic), de Marjane Satrapi: conta a historia autobiográfica da autora, de orixe iraniana, de como medrou nun réxime fundamentalista islámico que a levou a abandonar o país. A protagonista é unha muller que non acepta as imposicións dun goberno represor e iso desencadea problemas.

Rapazas, de Agustín Fernández Paz. 6 historias diversas que teñen mozas como protagonistas.

A expedición do Pacífico, de Marilar Aleixandre. Unha rapaza disfrazada de rapaz consegue formar parte dunha expedición para estudar novas especies.

Memoria para Xoana, de Marica Campo. A nai de Xoana, que está por nacer, cóntalle a historia das mulleres da familia, o heroísmo das súas vidas anónimas.

O diario vermello de Carlota, de Gemma Lienas: Carlota procura o coñecemento sobre o sentir, as relacións sexuais, enfróntase aos conflitos da adolescencia con valor.

Amantia (novela), de Mª Xosé Queizán: nos tempos de Prisciliano, personaxe curioso que viviu en Galicia polo século IV, un grupo de mulleres ilustradas reúnense para comentar temas de interese: política, cultura, historia...

Antígona ou a forza do sangue (teatro), de Mª Xosé Queizán: resucita o mito de Antígona, recreándoo en terras galegas...

Unha primavera para Aldara (teatro), de Teresa Moure: nos tempos das guerras irmandiñas, unha abadesa debe enfrontarse á lei por obedecer o amor.

O club da calceta (novela), de María Reimóndez. Un grupo de mulleres diversas reúnense para facer calceta. Contan as súas vidas, mudan de hábitos...

Das últimas mareas (poesía), de Ana Romaní. O verso transpira forza, convida a navegar.

A Ponte das Poldras (poesía), de Chus Pato: a palabra, a muller moderna e as devanceiras, o mito, a Limia, a lagoa que xa non está...

La mujer habitada, de Gioconda Belli. Unha muller arquitecta convértese en activista fronte á ditadura militar. A súa historia discorre paralela a outra historia antiga, á das mulleres indíxenas que loitaron contra os colonizadores.
Comentarios (1) - Categoría: PARA LER - Publicado o 05-03-2009 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
AMEAZA NA ANTÁRTIDA, DE RAMÓN CARIDE



Said e Sheila, os irmáns do futuro, protagonistas de Perigo vexetal, vivirán unha nova aventura. Descobren un río contaminado, investigan, vense envoltos en perigos...

?Deime conta axiña de que os robots non traían boas intencións. Tentaban rodearme e apreixarme. Quixen fuxir o máis rápido que puiden. Corrín, todo canto daban as miñas pernas, lanzándome ó espazo que deixaban dous robots entre eles. Pero daquela, cando xa os pasaba, sentín que tropezara con algo. Era un fío, case invisible, fino e duro coma un arame, que unía as máquinas entre si, formando un círculo ou unha rede.?
Comentarios (0) - Categoría: PARA LER - Publicado o 18-02-2009 20:48
# Ligazón permanente a este artigo
A EXPEDICIÓN DO PACÍFICO, DE MARILAR ALEIXANDRE

No ano de Darwin propoñemos esta lectura para a ESO: A expedición do Pacífico, de Marilar Aleixandre

Unha rapaza, interesada pola Zooloxía, viaxa de polisón nun barco coa intención de formar parte da expedición dun grupo de científicos á procura de novas especies polo continente americano. Para ser admitida no grupo (estamos a mediados do século XIX) disfrázase de mozo e, deste modo, cumpre o seu soño: observar e estudar in situ exemplares da fauna e flora dos países latinoamericanos, correr aventuras cheas de perigos e sentir a emoción do amor.

?... Falemos dos insectos que ti ben coñeces. Pódese negar que as distintas especies de formigas parécense entre si máis que formigas e avésporas? Pero, por outra banda, as formigas, as avésporas, as abellas e os abellóns teñen semellanzas entre eles e son distintas das moscas e mosquitos, ou dos escaravellos, comprendes?
- Comprendo, pero non vexo a relación entre as clasificacións e as teorías de Darwin.
- Pois está ben claro! Sendo estes grupos cada vez máis distintos entre si, ou cada vez máis semellantes, segundo percorremos a scala de clasificación nun sentido ou noutro, non é razoable defender, como fan os fixistas, que cada especie foi creada independentemente das outras, senón que, todos os que se parecen, proceden de antepasados comúns.?
Comentarios (0) - Categoría: PARA LER - Publicado o 15-02-2009 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
UN CASOIRO BEN MAL AMAÑADO, DE BALI RAI


Unha historia de ruptura, de rebeldía. Un adolescente punxabi, criado en Inglaterra, enfróntase á súa familia, que acorda a súa voda segundo a tradición, sen ter en conta os intereses do mozo. O conflito entre as dúas xeracións reflicte a realidade das comunidades inmigrantes e os seus fillos e fillas, a loita por manter as raíces nun espazo que pode chegar a ser hostil e os valores da sociedade onde se instalan. Integración e desintegración. Manny, o rapaz punxabi, toma unha decisión que vai dar un xiro á súa vida.

? A miúdo falaba nunha mestura de inglés ? punxabi, cousa que me provocaba un riso de suficiencia porque me facía graza e logo, ala, empezábame a zunir o meu oído esquerdo!
- Pra onde vas?
- Vou por aí adiante ?nunca lle contestaba máis ca iso.
- Non che estou pitoño, Manjit. Xa sei que vas por aí adiante. Pra onde?
- Só vou alí, por aí adiante con Adri.
- Con Adri? Me cago na tose! Por que sempre andas con ese Kalah (negro)?
E aí acababa a conversación. Poñíame doente porque o meu vello estaba a lle faltar ao respecto ao meu mellor amigo. Eu chamáballe racista, el dábame outro moquetón e logo empezaba coa súa ladaíña contra dos negros.?
Comentarios (0) - Categoría: PARA LER - Publicado o 03-02-2009 19:42
# Ligazón permanente a este artigo
O XARDÍN DAS PEDRAS FLOTANTES, DE MANUEL LOURENZO GONZÁLEZ, PREMIO XERAIS DE NOVELA

Unha historia inquietante.
Unha serie de acontecementos en cadea, que arrancan na Idade Media, provoca que dous adolescentes se coñezan e namoren. Un libro maldito que condena a quen o toque. Amores prohibidos, imaxinación desbordada, presenzas funestas?, todas pezas dun puzle que van encaixando pouco a pouco.


"[...] Tras un silencio, preguntei:
- Campás, que é morrer?
Dubiou ao escoller as palabras que necesitaba:
- Xa sabes o que din, morrer é irse un pouquiño. Estás aquí e logo estás alá. É entrar nun burato negro e pasar a ser outra cousa. Unha flor, un barco, unha estrela. Ou unha pociña de chuvia. Ti que quererías ser? ? Baixei a cabeza, buscando unha resposta que non atopei. El púxose serio-: Oín a Rouco. Sabes que me doe tanto coma a ti.
- Só quixera estar seguro de que non sofre.
- Diso podes estar seguro. Onde el foi, non saben o que é sufrir. Nin estar ben. Por iso están ben. É coma se durmisen.

[...]

Esa noite bicámonos por primeira vez. Entón, coñecín o sabor dos seus beizos, máis fresco ca a auga da fonte, máis doce ca as uvas da infancia, máis embriagador ca calquera licor. Bicámonos unha vez, outra vez, beixos como lúas, como flores, como bolboretas ou augamares, beixos como cancións, como raios de luz na penumbra.

[...]

- Eu non sei cal será o meu futuro. Só sei que agora estou contigo e que non desexo estar noutro lugar nin con outra persoa. Mais non sei o que pode ocorrer mañá, ti sábelo? Non se pode predicir. Nós xogamos a facer promesas como se a eternidade fose un territorio da nosa propiedade, e non o é. Só son palabras, son as palabras que dicimos porque nos gustan e porque os demais as queren oír. Pero a vida vai por onde quere, é independente das nosas palabras."

Se queredes contactar co autor este é o seu blog:


batume
Comentarios (0) - Categoría: PARA LER - Publicado o 23-01-2009 17:33
# Ligazón permanente a este artigo
OS IRMÁNS CORAZÓN DE LEÓN, DE ASRID LINDGREN

Os irmáns Corazón de León,
Astrid Lindgren (colección Merlín, Xerais)

Dous irmáns, Ionatán e Karlos, atópanse en Nanguillala, lugar a onde voan todos os que morren. Alí deben intentar salvar o Val das Cerdeiras e o Val das Silveiras do dominio do cruel Ténguil. Aventuras con pasadizos, traidores...
Interesante historia con aventuras da creadora de Pipi Calzaslongas.


"Meteu a man por debaixo dunha das ás da pomba esacou unha pequena cápsula. E do interior desta quitou un papel envolto que era igual ó que vira cando Ionatán o quitaba do cesto e agochaba no aparador, aló na casa!
- Le de présa ?impacientouse Ionatán-, bule, veña!
Sofhía leu e coa desesperación escapóuselle un salouco.
- Fixeron prisioneiro a Órvar tamén ?desacougouse-. Agora xa non queda ninguén alí que poida facer algo.
Pasoulle o papel a Ionatán a quen, tras lelo, ata lle mudou a cara a peor.
- Un traidor no Val das Cedeiras ?repetiu-. Quen pensas ti que pode ser?"
Comentarios (0) - Categoría: PARA LER - Publicado o 18-01-2009 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
O CLUB DE 1º DE BAC LE A LOBA, DE BENTO DA CRUZ



En Gostofrío, unha aldea do Barroso, bisbarra do norte de Portugal, agóchase unha historia terrible, nacida ao abeiro do lado máis escuro do ser humano. nos instintos máis primarios: o odio, a luxuria, a crueldade... Ambientada nos anos corenta e cun escenario aínda familiar: todo o mundo sabe e cala e o silencio é cómplice...

?Ao recuar, Rufina reparou nunha terceira porta, ao fondo do corredor.
- E alí?
- Está a loba.
- Que loba?
Nese instante chegaoulle aos ouvidos, como vindo de moi lonxe, unha especie de grito de alma en pena ou ouveo de lobo caído no lazo. As dúas non pararon ata que non chegaron ao final das esqueiras. Rufina sentiu a pel arrepiada, os cabelos en punta e gotas de suor fría na espiña do lombo. Salomé ría, como se aquilo fose un xogo de meniños.
- Quen fechou alí a loba? ?voltou Rufina, recuperada a fala.
- O meu tío Zeferino.
- Para que?
- Para que non fuxa.
- E para que quere unha loba na casa? ?
Comentarios (0) - Categoría: PARA LER - Publicado o 10-01-2009 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
LECTURA SOBRE CULTURAS: VIAXES CON HERÓDOTO

Viaxes con Heródoto, Ryszard Kapuscinski

O escritor polaco lévanos de viaxe por terras habitadas por pobos con diferentes culturas: India, China, Exipto, Arxelia, Senegal... Asemade vainos revelando os mundos descritos polo historiador grego Heródoto. Dúas viaxes separadas por máis de vinte séculos de diferenza;unha travesía interesante, inzada de aventuras e distintas formas de vivir e entender o mundo.

?A miña loita pola India foi, no seu primeiro asalto, unha batalla coa lingua. Comprendín que cada mundo entrañaba un misterio e que o acceso ao mesmo só o podía facilitar a lingua. Sen coñecela, ese mundo permanecería para nós insondable e incomprensible, por máis anos que pasásemos no seu interior. Máis aínda: descubrín unha relación entre ter nome e existir, pois cada vez que volvía ao hotel dábame conta de que na cidade vira tan só aquilo que sabía nomear, por exemplo lembraba unha acacia pero non a árbore que medraba xunto dela, porque descoñecía o seu nome. Nunha palabra, comprendín que canto máis vocabulario atesourase, máis cedo ?e máis rico na súa inabarcable diversidade- abriríase ante min o mundo.?

?Descobre que distan os exipcios enteiramente dos demais pobos en leis, usos e costumes.
E, atento e escrupuloso, rexistra:
Alí son as mulleres as que venden, mercan e negocian publicamente, e os homes fían, cosen e tecen... Alí os homes levan a carga sobre a cabeza e as mulleres sobre os ombros. As mulleers orinan de pé, e os homes en crequenas. Para as súas necesidades retíranse ás súas casas, e saen delas comendo polas rúas, descontando que o indecoroso, por máis necesario que sexa, debe facerse ás agachadas, e que pode facerse ás claras calquera cousa indiferente.?

Comentarios (0) - Categoría: PARA LER - Publicado o 07-01-2009 18:55
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0