Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

SELECCIÓN DE POEMAS DE CELSO EMILIO FERREIRO
Aquí deixamos unha selección de poemas de Celso Emilio Ferreiro para lermos e espertarmos as conciencias. Non nos van deixar indiferentes.


Comentarios (0) - Categoría: PARA LER - Publicado o 17-05-2012 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS

O alumnado de 3º e 4º de ESO está a ler esta novela de Marcos Calveiro sobre a que xa escribimos neste blog ( referencia e book trailer). A descuberta do amor e a arte na adolescencia cruza os destinos dun mozo e o pintor Vincent Van Gogh en Auvers.

A relación entre pintura e literatura propicia un proxecto interdisciplinar entre Lingua e Plástica que acadará o seu cénit coa visita do escritor.

Velaquí van referencias para mergullarse na obra e vida do pintor neerlandés:

Visita virtual en 3D ao Van Gogh Museum de Amsterdam.

Biografía.




Comentarios (13) - Categoría: PARA LER - Publicado o 08-04-2011 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
INTERESANTE CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DA LECTURA
Interesante campaña de promoción da lectura de Mondadori.

Comentarios (14) - Categoría: PARA LER - Publicado o 30-03-2011 08:38
# Ligazón permanente a este artigo
BOOKTRAILER DE O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS
Booktrailer de O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro, unha novela sobre a sensibilidade; arte,vida, amor e morte mestúranse nesta historia grazas á relación de amizade que establece un adolescente co pintor Van Gogh. Premio Lazarillo de literatura xuvenil 2009 e premio Fervenzas Literarias ao mellor libro xuvenil de 2010.


Comentarios (0) - Categoría: PARA LER - Publicado o 23-01-2011 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
STEFANO, DE Mª TERESA ANDRUETTO

Stefano, Mª Teresa Andruetto, Galaxia

Unha historia familiar, coa emigración en primeiro plano. Un rapaz italiano cruza o Atlántico á procura de fortuna, escapando da fame. Súa nai resístese a que marche e fica, esperando. Recoñecemos nesta historia o drama da nosa terra e das nosas xentes.

"Poñía a ferver sobre a estufa, durante un bo cuarto de hora, unha pota con auga, dous dentes de allo, unha presada de sal e unha cebola pequena.
Eu cortaba o pan, poñíao nos pratos e ela botaba enriba caldo.
Despois dicía:
NON TE APURES! TES QUE ESPERAR QUE ABRANDE!
Víame comer así, con gusto, e preguntaba:
VA QUE ESTÁ BO, STEFANIÑO!
E eu tomaba outro prato, un máis. Pero se quería outro, ela dicía:
ABONDA XA. GARDA PARA A NOITE"

Comentarios (1) - Categoría: PARA LER - Publicado o 31-05-2010 08:13
# Ligazón permanente a este artigo
BILBAO -NEW YORK -BILBAO, DE KIRMEN URIBE

Bilbao - New York – Bilbao, Kirmen Uribe
Tradución de Isaac Xubín

INTERESANTE NOVELA!
O autor viaxa no avión e durante a travesía dá conta tanto do proceso de creación da novela que está escribindo como das súas propias dúbidas. A novela aborda a historia de tres xeracións dunha mesma familia. Unha novela en que se mesturan personaxes, historias e arte. Sobre elas a perda dunha maneira de vivir vinculada ao mar.

“- O único que tiña na cabeza é que estaba no medio de Harlem cun traxe de Gucci. Quería ir tomar un café, pero non me atrevía a entrara así nos bares do redor, vestido tan elegante. Tiña medo.
-Medo?
-Si, estiven sen afastarme máis de tres metros da porta, durante unha hora. O mellor é que cando acabou a gala quería ir cear con Elizabeth a un restaurante xaponés chamado Soto e non sabiamos o enderezo. Elizabeth dixo: buscarémolo nese Internet- café de aí adiante. Creríasme se che digo que entramos no café e ninguén me mirou?
-Claro que non. Os prexuízos teñen moito peso. De todos os xeitos nalgúns sitios é mellor non entrar.”
Comentarios (1) - Categoría: PARA LER - Publicado o 09-05-2010 20:19
# Ligazón permanente a este artigo
(Retrovisor), de Antía Otero

Para @s amantes da poesía íntima. A voz poética íspese, procura a súa identidade.
Alusións á película de Win Wenders París Texas e ao pintor austríaco expresionista Egon Schiele (un dos meus favoritos).


a infancia é un parque de atraccións pechado/
por descanso


un cheguei aquí
sen saber como
Comentarios (0) - Categoría: PARA LER - Publicado o 05-05-2010 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
PEAXES, DE SANTIAGO LOPO

Dende a cabina de peaxe onde traballa, un caixeiro vai imaxinando as vidas das persoas que se cruzan con el. A música que escoitan, os coches que conducen, as conversas por teléfono, as expresións … sérvenlle para construír e mesmo inventar as súas vidas. Un libro interesante.

“Apareceu Ibiza, coas sempiternas caixas de cartón. Que olleiras trae, debeu andar de troula toda a fin de semana.
- ...It’s beeb a hard day’s night ...
- Fáltanche cincuenta céntimos.
- Ah, si, perdoa –dime rebuscando no peto.
- Foi unha fin de semana dura, eh?
- Aí falaches, tanto se me nota?
- Mellor que volvas poñer os lentes de sol –aconséllolle cun sorriso cómplice.
- Boa idea. Non durmín nada. Mulleres, xa me entendes. Dásme o recibo? Ata logo.”
Comentarios (0) - Categoría: PARA LER - Publicado o 16-11-2009 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
LECTURAS DE MEDO PARA ESTAS DATAS DO SAMAÍN

Cando petan na porta pola noite, catro historias que arrepían coma aquelas que se contaban ao pé da lareira nas noites de inverno. Relatos de medo e suspense para non durmir. Xabier P. Docampo.

“Botei uns días cismando dentro de min se sería certo o que sucedera ou tería sido un mal soño, cando unha noite que viña de Mos, ao pasar pola Ponte Vilar volvín ver a vella. De primeiras non vin máis que a luz do lume que vai canda ela, porque se botou de riba de min e arrincoume o fígado en menos do que che conto, e mentres eu agarraba e apertaba a barriga entre as máis terribles dores que ten sufrido humano ningún, el acomía a miña víscera coma se fose un manxar. Berrei coma un condenado polas dores e polo medo. Vomitei e cuspín sangue toda a noite.” Fragmento de “O Fornadas”.

A pantasma de Canterville
, unha familia norteamericana merca o pazo enmeigado de Canterville. Polas noites aparece o espectro de Sir Simon de Canterville e as reaccións da familia alporiza a pantasma. Oscar Wilde.

A noite das cabras do aire, Chisco é ese heroe que debe enfrontarse aos seres que buscan saciar os seus apetitos máis horrendos. Lázaro Enríquez.

Dr. Jekyll e Mr. Hyde, un home experimenta no seu laboratorio e acaba transformándose no ser máis vil para cometer actos terribles. R. L. Stevenson.

A pantasma telefónica, un grupo de rapaces notan a presenza dunha pantasma nun albergue, a pantasma entra nos seus móbiles, no ordenador... Xabier A. Barreiro.

O escarabello de ouro, sete contos de misterio e terror que provocan arrepío n@s lector@s. Edgar Allan Poe.

Pel de lobo, a lenda das mulleres loba cobra vida nun relato apaixonante de misterio que pon os pelos de punta. Niinguén fica indiferente. Xosé Miranda.
Comentarios (0) - Categoría: PARA LER - Publicado o 02-11-2009 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
LECTURAS PARA DERRETERSE NO VERÁN

LECTURAS PARA DERRETERSE (NO VERÁN).
Estas son algunhas suxestións, ás que se suman as realizadas o ano pasado.
PASADE POLA BIBLIOTECA E REALIZADE O PEDIDO!!
Tamén podedes solicitar unha MOCHILA VIAXEIRA PARA O VERÁN.

VEN Á BIBLIOTECA E PIDE LIBROS PARA NAVEGAR MARES, VISITAR E COÑECER MUNDOS, SOÑAR E VIVIR AVENTURAS!!!



Comentarios (0) - Categoría: PARA LER - Publicado o 08-06-2009 16:28
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal