|
|
|
LER É VIAXAR E VIAXAR É APRENDER |
|
Dá igual o que un procure nos libros, o que importa sempre é a viaxe e a viaxe sempre nos ofrece e nos agasalla outras cousas diferentes daquelas que en principio buscabamos.
Cavafis |
|
|
|
EDUARDO GALEANO VISITOU OURENSE |
|
 O autor de O libro dos abrazos e As veas abertas de América Latina presentou un novo libro, Espejos. Falou dos que non saen na foto, dos excluídos, e leu e contou historias que nos puxeron a carne de galiña.
1778, FILADELFIA: SE EL NACESE MULLER
Dos dezaseis irmáns de Benxamín Franklin, Jane é a que máis se lle parece en talento e forza de vontade.
Pero á idade en que Benjamín marchou de casa para abrirse camiño, Jane casou cun talabarteiro pobre, que a aceptou sen dote, e dez meses despois deu a luz o seu primeiro fillo. Desde entón, durante un cuarto de século, Jane tivo un fillo cada dous anos. Algúns nenos morreron e cada morte abriulle un tallo no peito. Os que viviron esixiron comida, abrigo, instrución e consolo. Jane pasou noites sen durmir arrolando os que choraban, lavou montañas de roupa, bañou moreas de nenos, correu do mercado á cociña, fregou torres de pratos, ensinou abecedarios e oficios, traballou cóbado a cóbado co seu marido no taller e atendeu os hóspedes o aluguer dos cales axudaba a encher a pota. Jane foi esposa devota e viúva exemplar; e cando xa estiveron crecidos os fillos, fíxose cargo dos seus propios pais achacosos e das súas fillas solteiras e dos seus netos sen amparo.
Jane xamais coñeceu o pracer de deixarse flotar nun lago, levada á deriva por un fío de cometa, como adoita facer Benxamín a pesar dos seus anos. Jane nunca tivo tempo de pensar, nin se permitiu dubidar. Benjamín segue sendo un amante fervoroso, pero Jane ignora que o sexo pode producir algo máis que fillos.
Benxamín, fundador dunha nación de inventores, é un grande home de todos os tempos. Jane é unha muller do seu tempo, igual a case todas as mulleres de todos os tempos, que cumpriu o seu deber na terra e expiou a súa parte de culpa na maldición bíblica. Ela fixo o posíbel por non tolear e buscou, en van, un pouco de silencio.
O seu caso carecerá de interese para os historiadores.
EDUARDO GALEANO.
|
|
|
|
HOMENAXE A ´XOSÉ Mª ÁLVAREZ BLÁZQUEZ |
|

|
|
|
|
BLOG DOUTRO POETA DA LIMIA: XABIER XIL XARDÓN |
|
 O poeta Xabier Xil Xardón colga os seus textos na rede, explora e recréate!!http://ocadaverdoespello.blogspot.com/
|
|
|
|
E MÁIS PALABRAS... |
|

|
|
|
|
LIBROS QUE LEMOS E ESTAMOS A LER EN 4º DA ESO E 1º DE BAC |
|
Deixade os vosos comentarios!!
As confesións de Carlota Doyle, de Avi.
Made in Galiza, de Séchu Sende.
Un home que xaceu aquí, de Aníbal Malvar.
Pel de lobo, de Xosé Miranda.
Durmido sobre os espellos, de Jordi Sierra i Fabra.
O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas
|
|
|
|
PARTICIPA NO CONCURSO DE LINGUA DE AMOR! |
|
 Entra e participa no concurso de declaracións de amor en galego, se te apuras recibes premio seguro.http://www.linguadeamor.eu |
|
|
|
MES DA PALABRA - ESPAZO PARA LER E CREAR |
|
Publica as túas creacións
Haikus
Eu nin vou nin veño
pero sei o que son,
eu son Galega.
Comecei a ler
Cando tiña tres anos;
Dixen: in-fla-ción.
Paula
Impresións
Se ser adicto á lectura é estar tolos, a nós que nos pechen nun manicomio xa! Eu leo porque, cando o fago, gozo coma unha nena de tres anos cun caramelo. Moita xente le só por afección; eu fágoo tamén polo arume que desprende un libro recén aberto.
Paula
Un parrulo branco
púxose morado
comendo moras.
Victoria
|
|
|
|
SÉCHU SENDE VISITARANOS O LUNS 7 DE ABRIL |
|
 Do relato ?Unha palabra común?.
[...] Coñecín moitas palabras que desapareceron e todos os días me cruzo na rúa con algunha que acaba de nacer.Mais hai uns quince días sucedeume algo preocupante. Acababa de acordar e estaba saíndo da ducha cando soou o timbre da casa. Vestinme apurada e abrín a porta. Cando vin que era un castelanismo fechei a porta con medo. E respirei fondo.Que quede claro que non teño nada contra as palabras estranxeiras. Na miña vida coñecín moitas que viñan aquí facendo turismo. Pasei moi bos momentos con algunhas palabras italianas e francesas e unha palabra alemá e mais eu mesmo tivemos unha historia de amor hai algúns anos.
|
|
|
|
MARICA CAMPO VISITARÁ O INSTITUTO O MÉRCORES 3 DE ABRIL |
|
Se o mar morrer o son da caracola
perderase no eco que non volve
se o mar morrer non quedarán metáforas
para o amor para a morte para a vida
se o mar morrer os ríos suicidas
coma min nos teus ollos cara ao mar...
Marica Campo
|
|
|
|
|
|
|