Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CLUB DE LECTURA VIRTUAL

Descubrimos un club de lectura virtual, interesante proposta. Unha das súas lecturas foi O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz, premio nacional de literatura. O grupo de 1º de BAC do noso club están lendo este libro de relatos.CLV
Comentarios (0) - Categoría: VARIOS - Publicado o 28-11-2008 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
UN BLOG PARA REFLEXIONAR: MESTURAS
Entrade neste blog e mirade os vieopoemas: alucinante!!
Noraboa ás persoas que o xestionan. Outro mundo é posible.

http://mesturas.blogspot.com/2008/01/existe-por-desgraza-unha-ampla-mostra.html
Comentarios (0) - Categoría: VARIOS - Publicado o 28-11-2008 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO LIBROS DO MES

Tres libros para ler, para gozar. Comezamos con tres libros entretidos, moi interesantes: As flores radioactivas, de Agustín Fernández Paz para 1º e 2º da ESO, Los escarabajos vuelan al atardecer, de María Gripe, para 3º e 4º da ESO e Un home que xaceu aquí, de Aníbal Malvar, para Bacharelato. Despois da lectura, unhas preguntiñas e premios!!

Hai 10 exemplares de cada libro na biblioteca.

ANÍMATE!!
Comentarios (0) - Categoría: VARIOS - Publicado o 08-11-2008 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
PARABÉNS A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, PREMIO NACIONAL DE LITERATURA

Rescatamos estas palabras do escritor nunha entrevista

E que lle preguntan os rapaces cando se dirixen a vostede?

Pois non me podo queixar dos afagos. É extraordinario que che escriban para darche as grazas polo pracer dunha lectura, que che digan que te seguen e que van mercando os teus libros. Habitualmente sempre fan referencia a libros concretos. Hai reflexións inxenuas e tamén moi maduras. Hainos que teñen inquedanzas literarias, outros que non lían até que din atopar algo que lles gustou.

Falando de rapaces, ten vostede unha comprometida traxectoria a pé dos movementos de renovación pedagóxica. "O pracer de ler" transformou abondo a escola? Parece que só escoitamos reflexións pesimistas... Como ve a situación?

Disinto profundamente desa visión negativa. Non creo que houbera ningunha pasada idade de ouro onde os rapaces lían moito máis. Eu de feito lembro todo o contrario da miña propia infancia, onde o acceso a libros e ao propio ensino era reducido. Pola miña experiencia, penso que cando lle pos nas mans a un cativo o libro axeitado para el, vai descubrir con agrado que lle gusta. Téñoo visto máis dunha vez. Recordo por exemplo o caso dun rapaz que escapaba da literatura como o vampiro dos allos e logo de descubrirmos que lle gustaba o xénero do terror, vimos como rematou devorando o Drácula de Bram Stoker. Sempre pensei que aparte de investir en bibliotecas había que facer esforzo en mediadores, xente que contribúa a abrir canles que unan lectores e libros. E por certo, a rede estáse descubrindo como medio moi atractivo para o espallamento do devezo literario, hai blogs de aula e bibliotecas interesantísimos.

"Na vida o único que queda é o amor", o verso de Pamuk do que nace o título do libro, como é que se decidiu por el?

Inicialmente tivo un título provisorio. Estaba inspirado nunha frase tirada do filme 2046, "Todas as nosas lembranzas son sucos de bágoas". Quedeime coa idea e "Sucos de bágoas" era en principio a opción pensada para o título. Posteriormente, lendo Neve, de Orhan Pamuk, atopei unha idea que encaixaba como anel no dedo. Ese verso, "Na vida o único que queda é o amor", concentraba perfectamente o fío dos relatos, en todas as súas dimensións, tanto na parte amarga do amor, como na beira que os relatos tamén exploran a súa parte luminosa. A convicción de que o amor cámbialles a vida ás persoas.
Comentarios (0) - Categoría: VARIOS - Publicado o 24-10-2008 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
AS LETRAS GALEGAS DE LOITO: FALECE RAMIRO FONTE


Ramiro Fonte (Pontedeume, 1957, Barcelona 2008), licenciado en Filosofía e Letras, profesor de Lingua e Literatura Galegas, era director do Instituto Cervantes de Lisboa. Membro correspondente da Real Academia Galega. Poeta, narrador, ensaísta, crítico e estudoso da literatura galega, formou parte dos poetas do Colectivo Cravo Fondo. Como poeta publicou: As cidades da nada (1983); Designium (Xerais 1984), Premio da Crítica e Premio Losada Diéguez de creación; Pensar na tempestade (1986); Pasa un segredo (Xerais 1989), Premio da Crítica Española; As lúas suburbanas (1991); Adeus norte (1991), Premio Esquío; Luz de mediodía (1995); Persoas de amor (1995); O cazador de libros (1997); Mínima moralidade (1999), Premio González Garcés; Capitán inverno (Xerais 1999); A rocha dos proscritos (2001, e Xerais, 2005), O xardín do Pasatempo (Tambre, 2008) e Reversos (Xerais 2008). Como ensaísta publicou As bandeiras do corsario (1996). (1990); Os leopardos da lúa (1993), novela; Soños eternos (1994), relato e a triloxía das novelas «Vidas de infancia» formada por Os meus ollos (Xerais 2003), Premio Losada Diéguez de creación 2004, Os ollos da ponte (Xerais 2004) e A ponte nos ollos (Xerais 2007).

VITA NUOVA

-páxina de diario-

Deixar que o solpor morra co seu ritmo
de imposible navío ou de rapaza
e descifre o remate da novela.

Beber na noite os seus licores lenes
e brindar cos amigos nesa copa
escura que nos ata á mesma causa.

Escribir algún verso que a fortuna me dicte
e nalguna hora acaso como esta,
mollada na lembranza, perseguir
sen pintalos nos lenzos,
certos corpos amados.


PERSÉGUENOS A MÁSCARA BALEIRA,
O símbolo, columna que se ergue
Como de nós ó deus, ó seu dominio
Quen nos refai no espello vai negando
Cidades ou xardíns, praias ou azas.
Nós conquerimos sedes ou esteiros,
Algún lugar incerto na memoria
No que a chorar estamos longamente,
Facedores de lumes, condeados
A poñer nome ás cousas e deixalas
Noutros ríos do tempo máis inmensas.
Xa sabedor de illas tan feridas
Ó recibi-los ventos na fronteira
Has te-la fronte clara, os ollos grandes.

*Dous poemas de As cidades da nada (Colección Esquío)
Comentarios (0) - Categoría: VARIOS - Publicado o 12-10-2008 22:59
# Ligazón permanente a este artigo
VICTORIA FEIJÓO VALORA OS LIBROS QUE VAI LENDO

Vicki opina:

Phoolan Devi encantoume.

Un dos fragmentos que me gustou moito foi:

?Ya no había banda. Vickram había muerto y yo estaba sola. Estaba físicamente destrozada. Tenía diecioho años y cicatrices de las torturas de aquellos hombres que no eran hombres sino bestias y perros sanguinarios. Me habían roto las muñecas en una comisaría y no se me habían curado bien. Apenas podía sostener el fusil para disparar. Tenía que sujetarlo con las dos manos y sólo me quedaba una bala. Pero para los sipahis me había convertido en Phoolan Devi la intocable, ¡la reina de los bandidos!
Aquella noche le prometí en silencio a la culebra que era mi aliada que no volvería a ser mujer. Todo lo que hiciera a partir e entonces lo haría como hombre.
El mal había dejado su marca en mí. Había sobrevivido a la maldad y no tenía nada que perder. Era más fuerte que nunca.?

É un libro moi duro, pero merece a pena.

Agora estou lendo un de Agatha Christie.

Que me queres, Amor? de Manuel Rivas: algúns relatos gustáronme, pero foron poucos!

Amantia, de Mª Xosé Queizán: lino moi rápido, e non me deu tempo a engancharme. Non me chamou moito a atención.

O enxoval da noiva, de Víctor Freixanes foi o que máis me gustou dos tres, pero tampouco foi para tanto!! Tamén o lin bastante rápido.

E lin tamén Rachel se va de viaje, de Marian Keyes, e gustoume moito, porque é moi longo, fíxome chorar e tamén tiña momentos divertidos, e era moi ameno e fácil de ler.

E agora estou cun de Lucía Etxebarria, que é un libro de relatos que se chama Una historia de amor como otra cualquiera, tamén me fai chorar, por iso me gusta

El ocho, de Katherine Neville..., Cartas sobre la mesa de Agatha Christie e agora estou con Iacobus, de Matilde Asensi. Agatha Christie, coma sempre, estupenda...
Comentarios (2) - Categoría: VARIOS - Publicado o 14-07-2008 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
COMPARTE AS TÚAS LECTURAS DE VERÁN

Comparte as túas experiencias lectoras de verán neste espazo. Lembra que a lectura é un pracer que non é incompatible con tomar o sol, bañarse ou pasear.

Se encontras algo que dicir (reflexións, suxestións, relatos, poemas, impresións?) tamén podes vertelo aquí.

Unha vez que descobres o mundo onde habitan todos os mundos a emoción está garantida.

FELIZ VERÁN A TODAS E A TODOS!!
Comentarios (2) - Categoría: VARIOS - Publicado o 27-06-2008 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
RAQUEL TRIGO VALORA A SÚA EXPERIENCIA NO CLUB DE LECTURA

Raquel Trigo, integrante do club de lectura e gañadora do libro do mes de maio (Rúa Carbón) valora a súa experiencia no club de lectura e comenta os libros:

Ata que non comecei a formar parte do club de lectura nunca lera libros pola miña conta que non fosen os típicos en que uns rapaces viven unas aventuras irreais e acaban namorándose. Este club abriume as portas a outro tipo de lecturas que te fan pensar.

Gustoume moito a etapa en que a ?madriña? do grupo nos daba relatos breves moi interesantes, sempre acababas con ganas de que che dese máis ou directamente te puñas a ler todas as obras do autor. Internet foi a miña salvación! Os libros estiveron magnificamente escollidos e cada un agochaba unha valiosa intención. Eu acabei con fame de máis e máis galego!

Moonkid e Liberty (Paul Kropp) gustoume porque me fascina a psicoloxía dos adolescentes (e tamén a dos adultos) e as actitudes propias destes diante das aparencias. Ademais a lectura é fácil. Dous irmáns e dous puntos de vista: un considérase un extraterrestre e no acepta o comportamento da súa irmá nin do resto da humanidade, quizais un mecanismo de autodefensa para non sentirse culpable diante das inxustizas e non asumir a súa propia responsabilidade como humano; a outra loita por ser alguén, popular e avergonzase de seu irmán e de seu pai. Os dous maduran e?

Un home que xaceu aquí (Aníbal Malvar) atraeume aínda que antes non me gustaban as novelas policíacas. Pero, por que os protagonistas destas novelas son homes amargados e divorciados? Cóntase a investigación dun profesor, incitada por unha compañeira, acerca do roubo dun manuscrito.

As confesións de Carlota Doyle (Avi) enganchoume pola ambientación, o mundo da navegación e trata das aventuras dunha rapaza a bordo dun barco.

O diario vermello de Flanagan ( Andreu Martín) foi moi construtivo pero non me gustou demasiado. O máis interesante foron os debates na clase e as conversas co sexólogo sobre a homosexualidade, a prostitución e as diferenzas entre sexos: por que esa teima do tamaño do pene nos rapaces?

Made in Galiza (Séchu Sende) é un libro con metáforas sobre a lingua que te fan escachar de risa ou que che dan unha labazada pola crúa realidade. Recomendo ?Falar en soños?, ?Eu fixen ouigha co espírito de Castelao? e ?O paracaídas?. O autor, Séchu Sende, tamén é moi divertido.
Ollos de auga (Domingo Villar) engancha e o humor vén da man dun policía de Zaragoza que se desespera cos costumes e forma de contestar dos galegos.

Durmido sobre os espellos ? encantoume. Esta novela apaixonoume polas cousas que contaba de Cuba, da súa xente, da súa ideoloxía, historia? Sentín a pel escura abrasante rozando a miña. Merece a pena coñecer unha cultura como a deses países, namóraste!
Comentarios (0) - Categoría: VARIOS - Publicado o 27-06-2008 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
REMEXE E DESCUBRE TESOUROS

Nas seccións da biblioteca de
"recomendados" e e
"animación á lectura"
da nosa páxina web atoparás novidades literarias, textos interesantes,
vídeos, fotos, lecturas recomendadas.
Visítanos.
http://centros.edu.xunta.es/ieslagoadeantela/?q=taxonomy_menu/8/35

http://centros.edu.xunta.es/ieslagoadeantela/?q=taxonomy_menu/8/36
Comentarios (1) - Categoría: VARIOS - Publicado o 29-05-2008 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
MOZAS E MOZOS COMENTAN LIBROS NESTE BLOG
NESTE BLOG PODERÁS ATOPAR COMENTARIOS DE LIBROS REALIZADOS POR ALUMNOS E ALUMNAS DUN INSTITUTO. INTERESANTÍSIMO!!!
http://trafegandoronseis2.blogspot.com/
Comentarios (0) - Categoría: VARIOS - Publicado o 20-05-2008 21:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0