Un club de lectura crea un espazo de comunicación íntimo que promove o diálogo dende o respecto, provoca a reflexión, potencia a imaxinación, convida a viaxar de balde, contribúe a combater prexuízos e a desenmascarar estereotipos, crea complicidades, esperta a conciencia e a sensibilidade, incrementa a confianza, é un pasaporte ao pasado e ao futuro, favorece o coñecemento da propia identidade e do outro, polo tanto, axuda a aceptar as diferenzas, edifica espazos habitables e tende pontes entre culturas, destrúe muros, sobre todo os que constrúe a ignorancia, compensa desigualdades e contribúe á adquisición das competencias básicas. Ler fainos máis críticos e, polo tanto máis libres. De aí que estea convencida de que a seguinte fase deste proxecto que é a lectura compartida se instale nas aulas. Como docentes comprometidos co ensino público creo que debemos rescatar a lectura das marxes e integrala no currículo e evitar así que se faga máis profunda a brecha entre favorecidos e desfavorecidos. Pero o camiño cara a ese horizonte non é fácil, máis ben se albisca arduo e cheo de obstáculos, pois, ademais de competir coa poderosa industria do ocio e consumo que vende produtos atractivos pero baleiros de contidos, ou cos medios que difunden vulgaridade e espectáculo, agora, por se fose pouco, debemos enfrontarnos ao inimigo na propia casa: a unha administración que ameaza con someter os proxectos de promoción da lectura a recortes drásticos, a unha administración que fai depender a existencia e continuidade destes proxectos do voluntarismo e da carga horaria do profesorado. Nós non somos heroes nin heroínas, nós só somos obreiros e obreiras da aprendizaxe que queremos desempeñar o noso traballo dignamente e que este sexa recoñecido, nin máis nin menos. Non, nós non somos heroes nin heroínas pero sabemos indignarnos.
E, por último, en palabras de Lois Pereiro:
Que a vida non me sorprenda xamais
desprevenida, calada e neutral.
Porque se eles non nos deixan soñar, nós non os deixaremos durmir.
Cun pouco de retraso pero ao fin chegaron as fotos das cabazas premiadas no Samaín.O concurso foi convocado polo Departamento de Plástica en colaboración coa biblioteca e o EDLG. Tania Montero, de 1º de ESO, e Vanesa Alonso, de 3º de ESO, recolleron os premios na biblioteca.
Colgamos un fragmento da entrevista realizada por Marcos e parte do club de lectura de 3º da ESO (Yolanda Doliveira, Leticia Dacunha)á escritora Lola Gándara. Carlos Said, outro membro do club de lectura, realizou a presentación no Salón de Actos.
escritora Lola Gándara visitou o instituto para charlar sobre o oficio de escribir e sobre a súa novela Alexandra co alumnado de 3º da ESO. Concedeu unha entrevista a varios alumnos e asinou libros.
Colgamos varios fragmentos da entrevista realizada a Fina Casalderrey o curso pasado por tres alumnas de 4º da ESO, agora as tres de 1º de BAC: María Barreiro, Tamara Castro e Mª Luisa Pérez.
XABIER XIL XARDÓN, poeta das Redes Escarlata e vello alumno deste centro acaba de gañar a 1ª edición do premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón coa creación Cando menos, a derrota, poemario épico sobre a perda na Limia.O curso pasado gozamos cos seus poemas no IES Lagoa de Antela.
Sergio mándanos outra referencia lectora interesante, un novo enlace ateigado de libros cos seus respectivos comentarios: as alumnas e os alumnos opinan. Grazas pola información, Sergio. Por certo, con Gracia Santórum de Trafegando ronseis compartín estudos hai "algún" tempo. Máis lecturas comentadas
Dende o IES Sánchez Cantón mándannos este enlace para acceder a un monte de libros con resumos e opinións!! Un achado impresionante. Dende aquí dámoslles as grazas e felicitámolos polo seu excelente traballo. Libros no IES Sánchez Cantón
Aquí van os acrósticos máis valorados, o de Úrsula Casado e Anxo Quintairos, dous poetas que prometen.
Na imaxe colgamos o acróstico de Susana Do Nascimento Ralha, unha excelente alumna que se nos foi para Guadalajara unha tempada e que desexamos que lle vaia ben na súa estancia alí. Lembrámonos de ti, Susana, e esperamos que fagas amizades e, á volta, nos contes as túas aventuras. Unha aperta.
Úps (o que digo cando me equivoco)
Remendo (acción común en min)
Soños (moitos e variados)
Ulir (non ao fedento!)
Ledicia (valor indispensable)
Amor (sen palabras)
Cedo (o que non chego aos sitios)
Alerxia (enfermidade fastidiosa)
Sinxeleza (así son eu!)
Algarabía (habitual nos sitios que vou)
Durmir (ben prezado?)
Omm (Úrsula, reláxate!)
Verbas (necesítoas para vivir)
Achantaches! (sempre caio!)
Zarabeta (nos meus primeiros anos de vida)
Queixo (rico rico)
Uhh... (máis cara pensativa)
Esperar (non me gusta nada de nada)
Zoar (o vento nos días de inverno)
Adoro comer
Nunca me encho, o
Xamón faime soñar,
Ódio ter que parar.
Quixera poder viaxar
Utilizando o meu compás máxico
Indo dun lugar a outro
Navegando polos mares sen
Temón nin rumbo
A descubrir novo mundo
Investigando novas especies en cada
Recuncho do planeta
Onde poida vivir sen preocupacións e podendo
Ser libre!!!