Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PREPARANDO O VERÁN
Deixamos aquí algunhas das películas que mercamos este ano e unhas recomendacións literarias para o verán, que xa está petando na porta.


Comentarios (0) - Categoría: PARA LER E VER - Publicado o 27-05-2013 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
ARDALÉN DE MIGUELANXO PRADO, UNHA NOVELA GRÁFICA

Celebramos esta nova como amantes da Banda Deseñada e fans de Miguelanxo Prado.

A obra céntrase na memoria, na súa perda e reconstrución e nos xogos e confusións que se producen na mesma. Prado xoga con documentos , fotografías ou obxectos para narrar unha historia na que convida a participar ao lector. Máis información no páxina de Cultura Galega.
Comentarios (2) - Categoría: PARA LER E VER - Publicado o 24-11-2012 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
CARTAS DE INVERNO EN CÓMIC

Antonio Seijas leva ao cómic a novela de Agustín Fernández Paz Cartas de inverno. Na páxina de Xerais atoparedes unha entrevista ao autor gráfico.
Comentarios (1) - Categoría: PARA LER E VER - Publicado o 06-11-2012 07:29
# Ligazón permanente a este artigo
ENGURRAS UN CÓMIC DE PACO ROCA

El Patito Editorial leva ao galego esta novela gráfica tenra e emotiva de Paco Roca sobre o alzheimer e que recibiu o Premio Nacional de Banda Deseñada 2008.

Baseada nela realizouse unha película de animación, Arrugas.

Comentarios (0) - Categoría: PARA LER E VER - Publicado o 11-02-2012 19:00
# Ligazón permanente a este artigo
A MAN DO DIAÑO, DE BRAIS RODRÍGUEZ
Video promocional da obra de banda deseñada A man do diaño, do autor Brais Rodríguez, premiado có Premio Castelao de BD da Deputación da Coruña no 2010. Unha historia dura nun contexto de guerra. Para reflexionar.

Comentarios (0) - Categoría: PARA LER E VER - Publicado o 10-12-2011 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
SEN MIRAR ATRÁS, DE DANI MONTERO

Sen mirar atrás é a obra gañadora do V Premio de Banda Deseñada Castelao e conta unha historia dura que comeza cunha viaxe sen retorno, un mozo, unha mochila e un can cara a un destino incerto e pragado de sorpresas. O seu autor é Dani Montero.

Editouse en galego e castelán e para a promoción en castelán realizouse este trailer:


Comentarios (1) - Categoría: PARA LER E VER - Publicado o 25-05-2011 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
PARA LER E VER: OS LOBOS DE MOECHE E OS LADRÓNS DE CADÁVERES

Descubro a Manel Cráneo, o autor de Os lobos de Moeche (unha historia sobre as revolucións irmandiñas do século XV) e O ladrón de cadáveres (unha historia de terror con cemiterios profanados e membros do Klu-Klux-Klan.

Esta historia foi levada ao terreo audiovisual cun guión adaptado do propio Manel Cráneo e deu como produto unha curta co mesmo nome, cuxo director foi Xurxo García.


NOTA: O texto de Os lobos de Moeche contén algunhas faltas graves que degradan a publicación, unha mágoa.




Os Lobos de Moeche from euroeume on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: PARA LER E VER - Publicado o 25-05-2011 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal