Confeccionamos este boletín informativo con algunhas películas para uso de profesorado e alumnado. Aínda que se intentase, dende unha perspectiva integradora, atender á diversidade e aplicar un criterio de certa calidade, este criterio de escolla non deixa de ser parcial e subxectivo e, polo tanto, como é inherente a toda selección, faltan moita películas por citar. Esta débeda por saldar xustificará a elaboración de próximos boletíns.
Algunhas películas están baseadas en textos literarios, outras abordan períodos históricos e/ou problemas sociais, de todas se pode extraer coñecemento. Van acompañadas dunha introdución que pode servir de orientación didáctica para o profesorado.
Deixámosvos aquí algúns trailers e escenas dalgunhas destas películas.