Club de lectura Nós tamén navegar IES Lagoa de Antela


ler sen cancelas

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FOTO DE CLUB

Esperamos que esta experiencia siga co mesmo éxito nas próximas xuntanzas.
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE PROFES - Publicado o 07-02-2010 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
MÁIS FOTOS DO CLUB

Para marzo a 2ª xuntanza, con Persépolis, de Marjana Satrapi, e Baixo mínimos, de Diego Ameixeiras. E sesión de cine incluída.
Comentarios (1) - Categoría: CLUB DE PROFES - Publicado o 07-02-2010 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
PRIMEIRA XUNTAZA DO CLUB DE PROFES

O xoves celebramos a nosa primeira xuntanza literaria. Ao pracer da palabra compartida sumouse o pracer do padal, que a lingua sempre se solta máis se se beneficia o estómago. Case tres horas de palabras fluíndo en círculo, grazas a unha mesa redonda ( sen novas de Merlín, o ausente).

Intercambiamos impresións sobre as diversas lecturas ofertadas e velaquí algunhas impresións recollidas:

Sobre O antropólogo inocente coincidimos sobre as consecuencias do choque de culturas, rimos coas anécdotas derivadas dos malentendidos lingüísticos, do valor de sacrificar o corpo á ansia de coñecer, do concepto do tempo, as diferentes maneiras de entender as relacións…
Os relatos "O home de xeo" e "O séptimo home" Murakami deron para falar da natureza humana, o valor do pasado, as expectativas, o amor, a necesidade de enfrontarse aos medos, os remordementos…
E con O home que plantaba árbores, a historia máis valorada, falamos do amor desinteresado á natureza, da felicidade como destino do ser humano, do valor da paciencia e a perseverancia…
E a novela máis controvertida foi Sardinia blues, de Flavio Soriga, que suscitou paixóns e rexeitamento, non houbo lugar para o termo medio. Ese ambiente claustrofóbico, de aillamento desacougou algunhas persoas lectoras, outras gozamos coa maneira de describir ese ambiente sen saída.
Comentarios (1) - Categoría: CLUB DE PROFES - Publicado o 07-02-2010 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
MORREU J. D. SALINGER, AUTOR DE O VIXÍA NO CENTEO

A semana pasada morreu J. D. Salinger, autor de O vixía no centeo, unha novela que marcou xeracións de lectores.

Un adolescente, Holden Caufield, é expulsado do colexio e inicia unha viaxe polas rúas de New York enfrontándose a todos os temas que preocupaná mocidade (a amizade, o sexo, as relacións familiares…). unha novela que analiza e destripara sociedade estadounidense: a hipocrisía, os valores corrompidos, o sistema…

Velaquí un fragmento:

“-Xa teremos tempo de facer esas cousas, todas esas cousas, cando saias da facultade, e casemos, e todo. Teremos unha chea de sitios marabillosos onde ir.
-Non. Non habería unha chea de sitios onde ir. Daquela todo será moi distinto. –Estábame deprimindo outra vez.
-O que? Non te oio. Primeiro berras e logo…
-Dicía que non, que non haberá sitios marabillosos para ir despois de que eu saia da facultade. Abre as orellas. Todo será distinto. Teremos que andar a baixar en ascensores con maletas e cousas. E tremos que chamar por teléfono a todo o mundo e dicirlles adeus, e mandarlles postais dende os hoteis. E eu traballarei nunha oficina, facendo moitos cartos, e irei ao traballo en taxi ou nos buses da Avenida Madison, e lerei xornais e xogarei ao bridge, e irei ao cine e verei estúpidas curtametraxes e atraccións e noticiarios. Noticiarios. Xesús Cristo querido! Sempre hai algunha estúpida carreira de cabalos, ou unha señora estoupando unha botella contra un barco, ou un maldito chimpancé montando nunha bicicleta. Non será o mesmo de ningún xeito. Non entendes o que quero dicir.
-Se cadra non. Se cadra ti tampouco. –Para daquela xa os dous nos odiabamos. Ben se vía que non tiña ningún sentido seguir unha conversa tan pouco intelixente. Mellor fose non tela empezado.”
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 05-02-2010 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
VÍDEO DO DÍA DA PAZ
Grazas ás persoas que colaboraron para que esta actividade fose posible: ao alumnado de Carrocería, ao alumnado do club de lectura de 1º de BAC, ao alumnado de teatro, a Fatima, a Mayte, a Raquel, ás profesoras Miriam, Pilar, Mª Xosé, Sara, Ana, ao público marabilloso que asistiu nos dous recreos...



Comentarios (1) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 05-02-2010 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
TERTULIA EN OURENSE CON MARILAR ALEIXANDRE

MARTES LITERARIO EN OURENSE
O club de lectura de 4º da ESO e 1º de BAC compartiu co club de lectura do IES Allariz unha xornada literaria en Ourense que os levou pola mañá a percorrer o itinerario d’A esmorga e pola tarde a cambiar impresións sobre a novela de Marilar Aleixandre A cabeza de Medusa nunha sesión na que tamén estivo presente alumnado do IES Blanco-Amor. A xornada rematou cunha charla coa autora do libro, que resolveu algunhas dúbidas que xurdiran na tertulia. A tertulia, que foi organizada pola Concellería de Educación do municipio ourensán, leva funcionando dende hai algúns anos e constitúe un exemplo de iniciativa a prol da lectura compartida.
Cun guía simpático chamado Andrés andamos polas rúas que pisaron O Cibrán, O Bocas e o Milhomes e detivémonos en rúas e prazas para ler os fragmentos literarios da novela onde aparecen eses espazos. Tamén coñecemos onde viviu o escritor e fotografámonos con el na Alameda.
Tamén aproveitamos para realizar unha visita guiada á interesante exposición de Caixanova “A arte da semellanza”, que nos fixo reflexionar sobre algunhas tendencias artísticas actuais. Cadros de óleo que parecían fotos, cordas de pedra, bolígrafos Bic, teas vestindo nenas pintadas, cadros devorados por insectos: todo un mundo sorprendente cheo de significados: a identidade, a infancia imposible de recuperar, a reivindicación artística de materiais pobres, a ollada que engana, o mito de Ofelia transformado, o impacto medioambiental. Encantounos!
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS DO CLUB - Publicado o 28-01-2010 14:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
TEXTOS POLA PAZ
O día 30 de xaneiro celébrase o día da paz, a semana vindeira realizaremos unhas lecturas públicas para conmemorar o día, velaquí un anticipo.

Comentarios (1) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 28-01-2010 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
10 DE DECEMBRO: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS
Sobran as palabras.
Hernán Zin en "Villas Miseria".
Tomamos o vídeo de Trafegando ronseis, como non!

E como lectura recomendamos Cartas de amor, de Fran Alonso.




Comentarios (0) - Categoría: DATAS E ACCIÓNS PARA LEMBRAR - Publicado o 10-12-2009 11:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
INICIAMOS A ANDAINA DO CLUB DE LECTURA DE PROFES

Este mes iniciamos a nosa travesía de lecturas compartidas.
Unha vez recollidas algunhas propostas sobre lecturas e formas de organizar as reunións acordouse que estas teñan lugar unha vez ao mes en forma de coloquio-merendola, xantar ou cea en diferentes zonas habilitadas para o intercambio de impresións literarias e gastronómicas.
Tamén abrimos un espazo virtual no blog lector para subir fotos e comentarios.
Algunhas das lecturas propostas son: O home que plantaba árbores, de Jean Giono, un texto breve que xa se pode recoller fotocopiado na biblioteca, nun espazo que se habilitou para o profesorado; El antropólogo inocente, de Nigel Barley, un libro sobre a experiencia dun antropólogo cunha tribu de Camerún; Sardinia blues, de Flavio Soriga, unha novela ambientada na illa de Sardeña, que non deixa indiferente; A praia dos afogados, de Domingo Villar, unha novela de intriga, éxito de vendas este verán; e Persépolis, o cómic da iraniana Marjana Satrapi, que deu pé á película do mesmo nome.
Outras propostas: Xente ao lonxe, de Eduardo Blanco-Amor, novela ambientada no Ourense de principios do século pasado; La fiesta del chivo, de Mario Vargas Llosa, novela que transcorre na ditadura de Trujillo na República Dominicana, Fin de século en Palestina, de Miguel Anxo Murado, que recolle a experiencia deste en Palestina durante a Intifada; O club da calceta, de María reimóndez, unha novela que reivindica a dignidade das mulleres...
E as suxestións que se vaian facendo durante as reunións...
O home que plantaba árbores e dous relatos de Sauce ciego, mujer dormida, de Haruki Murakami, serán os primeiros textos que se porán en circulación esta semana en fotocopias.
Esperamos que esta viaxe compartida sexa agradable e as persoas que aínda non se animaron están convidadas a unirse a esta viaxe experimental.

Saúdos lectores!!


Páxina interesante con información sobre O home que plantaba árbores e o autor, JEAN GIONO. Ars Legendi.
De Murakami ofrecemos esta entrada da wikipedia.

Comentarios (4) - Categoría: CLUB DE PROFES - Publicado o 04-12-2009 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ITINERARIOS LECTORES DE LITERATURA GALEGA
Comentarios (0) - Categoría: PARA LER - Publicado o 04-12-2009 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal