O pasado luns día 14 de Maio visitamos Allariz. Alí, alumnas e alumnos lectores de Xinzo de Limia, Maceda, Celanova e Allariz fomos á casa da cultura da vila para coñecer o gran escritor galego Xosé Neira Vilas e falar do seu libro Memorias dun neno labrego. O autor foi recibido polo alcalde, a concelleira de educación e polos alumnos alí presentes, que pertencen ós clubs de lectura. O alcalde agasallou ó autor con obxectos simbólicos da vila tales como a figura do “boi” e unha cesta de pan trigo con algúns amendoados.
Posteriormente, algúns dos alumnos presentes no acto procederon á lectura de diferentes partes da novela noutros idiomas como, por exemplo, en inglés, portugués, francés, castelán e, por suposto, en galego.
O autor recoñeceu que era a primeira vez na que oía ós alumnos ler o relato en distintos idiomas. A continuación, o autor deu unha breve explicación e, acto seguido, procedeu a responder as diversas cuestións plantexadas polos alumnos alí presentes.
Preguntáronselle sobre o libro que leva como título Memorias dun neno labrego cuestións tales coma:
- Inspirouse na súa vida para escribir este libro?
- Non, só me inspirei brevemente nalgunhas cousas - contestaba o autor- xa que eu tiven unha infancia moi diferente á que se relata no libro, porque meu pai era moi distinto a como era o pai do personaxe principal, Balbino. O que si que é verdade é que os meus pais eran campesiños pero eles posuían as súas propias terras e non precisaban arrendarllas a ningún Señor como sucede no caso de Balbino e de Manolito.
- A que idade comezou a escribir?
- Comecei a escribir dende pequeno, cando cos meus aforros puiden comprar libros que ía agochando no tellado, ata que un día meu pai os atopou e aconselloume que os mercara con máis moderación dado que tiña o tellado cheo de libros.
- Séguese producindo a mesma diferenza socioeconómica entre os ricos e os pobres hoxe en día?
-Si, pero en menor medida á que se podía atopar na época relatada no libro.
Estas foron algunhas das cuestións máis destacables da reunión que mantivemos. Acto seguido despedimos ó autor cun forte aplauso, xa que se quedou sen tempo para poder seguir respondendo as nosas cuestións, debido a que tiña que acudir a outra reunión cos alumnos do IES Allariz.
NURIA DOMÍNGUEZ GARCÍA 2º ESO
Na foto da cabeceira podemos ver o noso alumno Xosé Manuel Quintela ler un fragmento da novela. Seica leu moi ben, dándolle vida ás palabras. Noraboa, Xosé Manuel! Tamén felicitamos o alumnado que participou nesta xornada literaria, en especial o que interveu na tertulia e a moza que escribiu esta crónica.
Para lembrar a figura do poeta de Celanova rescatamos este videopoema realizado por Cristian, Miguel, Anxo e Miguel, ata o curso pasado magníficos alumnos do noso centro. Tamén vos convidamos a ver o vídeo sobre Celso Emilio Ferreiro elaborado por Xose Manuel para o ENDL. Acompañámolo doutro videopoema dos antigos alumnos citados.
Confeccionamos este vídeo combinando imaxes de dous cómics realizados por alumnado de 4º de ESO con voces de alumnado e profesorado e algunhas fotos propias. O impresionante relato "A barra de pan" do libro Ela, maldita alma, de Manuel Rivas, é a base literaria. Vexan e escoiten, paga a pena.
Aquí deixamos todo o material sobre proxecto "O CÓMIC NA AULA" que realizamos o profesorado de Lingua Galega e Plástica co alumnado de 4º de ESO. Foi unha experiencia incrible, parabéns ao alumnado e profesorado participante.
Outras lecturas que están a abordar os clubs de aula son: As confesións de Carlota Doyle, de Avi, novela de aventuras que ten como protagonista unha rapaza valente e como escenario un barco con todo tipo de personaxes…; Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, unha novela de intriga e suspense que envolve os lectores; Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado, de Roberto Salgueiro, unha peza de teatro que enfoca o amor ideal dunha maneira “distinta” cuns personaxes e unha época que nos lembra a Romeo e Xulieta…; Los escarabajos vuelan al atardecer, de María Gripe, unha novela de misterio con adolescentes investigadores; El asesinato de la profesora de lengua, de Jordi Sierra i Fabra, unha curiosa novela de investigación, con enigmas que descubrir e probas para superar; e El señor de las moscas, de William Golding, unha historia que trata dun grupo de rapaces que deben loitar por sobrevivir nunha illa. Os instintos máis primarios loitan contra a razón e a natureza humana esperta no lado máis desapiadado, onde residen o medo, a ansia de poder, a crueldade... Unha reflexión sobre a natureza humana e o fráxil que é o fío que nos separa da barbarie.
O diario vermello de Carlota e O diario vermello de Flanagan son dous libros que tratan o tema da sexualidade dende o punto de vista de dous adolescentes que deciden escribir cadanseu libro para contar as súas experiencias sexuais. Nesta páxina web, Educando en igualdade, dáse máis información, incluída unha guía de lectura sobre O diario vermello de Carlota.
Celebramos O Día do Libro na biblioteca con varias actividades: unha exposición de marcapáxinas organizada polo departamento de Plástica en que participou alumnado de 3º de ESO, entrega dos premios do concurso literario e gráfico de Carlos Casares e unha lectura dos textos gañadores por parte dos autores dos mesmos. Como ese día había excursión de 2º ciclo e BAC non houbo tanta afluencia de público como outras veces pero as persoas que acudiron, amantes dos libros, encheron a biblioteca de calor e aplausos. N’A Limia hai madeira artística!
No blog do EDNL O falar non ten cancelas están subidos os nomes das persoas gañadoras, os textos e os cómics sobre Carlos Casares. Non deixedes de lelos e velos, paga a pena!
=justify>Eduardo Galeano é un escritor e xornalista uruguaio, comprometido cos problemas dos máis desfavorecidos e crítico cos efectos negativos da globalización. Nos tempos das ditaduras uruguaia e arxentina foi perseguido e tivo que fuxir e refuxiarse en España. Destacamos publicacións como Las venas abiertas de América Latina, un libro crítico coa explotación desta terra por poderes estranxeiros; e El libro de los abrazos, composto por narracións breves ateigadas de simboloxía e alusións á liberdade, o medo, a inxustiza…
O escritor seica vai vir a Ourense en xuño, visita promovida pola Concellaría de Educación da capital da nosa provincia e convidáronnos a asistir co alumnado lector. A ver se é posible...ao igual que é posible ese outro mundo que desexamos.
CELEBRACIÓN DA FANTASÍA
Foi á entrada da aldea de Ollantaytambo, preto do Cuzco. Eu desprendeume dun grupo de turistas e estaba só, mirando de lonxe as ruínas de pedras, cando un neno de lugar, miudiño, farrapento, achegouse a pedirme que lle regale un lapiseiro. Non podía darlle o lapiseiro que tiña, porque a estaba usando en non se que aburridas anotacións, pero lle ofrecín debuxarlle un porquiño na man.
De súpeto, correuse a voz. Da noite para o día atopeime rodeado dun enxame de nenos que esixían, a berros, que eu lles debuxase bichos nas súas manciñas cuarteadas de roña e frío, peles de coiro queimado: había quen quería un cóndor e quen unha serpe, outros preferían cacatúas ou curuxas, e non faltaban os que pedían unha pantasma ou un dragón.
E entón no medio daquel alboroto, un rapaciño desamparado que non alzaba mais dun metro do chan, mostroume un reloxo debuxado con tinta negra na súa boneca:
-Mandoumo un tío meu, que vive en Lima -dixo.
-E anda ben? -Pregunteille.
-Atrasa un pouco ?Recoñeceu.
Aquí deixo un par de intervencións del, é un pracer para os sentidos escoitalo, tanto pola forma como polo contido.
Chamádeme Simbad, de Francisco Castro, unha historia que recrea o mito árabe do aventureiro mariño a través da relación cómplice que se establece entre un rapaz e o seu avó, que padece alzhéimer.
O escritor visitaranos a finais do mes de maio e departirá co alumnado. A Revolta da Freixa ofrece un interesante cuestionario sobre a novela.
O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro, unha historia sobre a última etapa da vida do pintor Van Gogh.
O escritor visitounos o curso pasado e foi un pracer escoitalo.