Dep. Música 2008-2012 do CPI A Picota. Ana María López Díaz


Este blog está pensado para compartir con todos vos material de música que sirva para afianzar o explicado en clase de forma máis divertida, e para informarvos de outros recursos para otras asignaturas e para a vosa vida. Tamén colgarei fotos e videos do que facemos no cole.

CPI A PICOTA
R/Dolores González Jurjo,14
15256 Mazaricos
(A Coruña)
Tfno. 981 852 049
cpi.picota@edu.xunta.es

Correo del departamento de música:
musicapicota@gmail.com


Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


VIDEO DEL MES

TU BOSQUE ANIMADO de Luz Casal






Participamos en el concurso edublogs 2011




O meu perfil
analopezz08@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

As clases quedan suspendidas en todos os centros educativos galegos, como medida de precaución polo mal tempo
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu suspender as clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, mércores 16 de decembro. Esta indicación aplícase aos centros de ensino non universitario, así como aos pertencentes á Rede Galega de Escolas Infantís (de 0 a 3 anos de idade), tanto ás dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, como ás que o son da Secretaría Xeral de Familia.


Esta decisión tómase como medida de precaución, en base á predición feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómenos meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán a Galicia en cotas baixas a partir das 12 desta mesma noite.


A Consellería de Educación garante deste xeito que non se produza incidencia algunha no acceso dos escolares aos seus centros, así como preserva a seguridade do alumnado, profesorado e persoal non docente.

ver o enlace da páxina da Xunta
Comentarios (0) - Categoría: De interese xeral - Publicado o 15-12-2009 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal