Dep. Música 2008-2012 do CPI A Picota. Ana María López Díaz


Este blog está pensado para compartir con todos vos material de música que sirva para afianzar o explicado en clase de forma máis divertida, e para informarvos de outros recursos para otras asignaturas e para a vosa vida. Tamén colgarei fotos e videos do que facemos no cole.

CPI A PICOTA
R/Dolores González Jurjo,14
15256 Mazaricos
(A Coruña)
Tfno. 981 852 049
cpi.picota@edu.xunta.es

Correo del departamento de música:
musicapicota@gmail.com


Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


VIDEO DEL MES

TU BOSQUE ANIMADO de Luz Casal






Participamos en el concurso edublogs 2011




O meu perfil
analopezz08@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

30 XANEIRO DIA DA PAZ
A PAZ COMEZA POR UNO MESMO E CON OS QUE TEN CERCA.
Videos de cancións sobre a Paz.
Pensade sobre a letra e cualificade cal é a que máis vos gustou, tamén podeis engadir outras cancións que falen de paz ou estean en contra da guerra.

1. "Coronel" de la Oreja de Vang Gogh.


2. "No dudaría" de Antonio Flores, cantado por Rosario Flores.

Video de "NO DUDARÍA"

3. "Cantaré, cantarás" de José Feliciano


4. "DIAS DE PAZ" de Medina Azahara



5. "Canción de paz" de Calaitos



6. "Solo le pido a Dios"



7. "WE ARE THE WORLD"


Comentarios (0) - Categoría: Xeral de música - Publicado o 22-01-2009 00:12
# Ligazón permanente a este artigo
LA MÁQUINA DE ESCRIBIR de Leroy Anderson
Aquí cólgovos o enlace de outra páxina para que practiquedes esta peza.
Tamén podedes escoitar outras composicións deste compositor e saber un pouco sobre a súa biografía.

Leroy Anderson: "La máquina de escribir" e outras composicións

A continuación cólgovos un video de esta peza interpretada polo humorista Jerry Lewis, como vos comentei en clase.
Espero que vos guste.

Comentarios (0) - Categoría: 4º ESO - Publicado o 19-01-2009 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
ARTICULO SOBRE A VISITA AO ASILO DE ANCIÁNS EN NOIA
O xoves 18 de decembro fomos a unha residencia de anciáns, en Noia.
Fómoslle cantar panxoliñas; foi unha boa experiencia, e creo que todos os alumnos volveriamos a ir algún día, sen pensalo.
Cando chegamos, puxémonos todos nunha esquina da sala a cantar, as anciás (en feminino, porque non había ningún home), alegráronse moito de que alguén se acordara deles, nesas fechas. Dúas delas gustoulles tanto, que se puxeron a bailar. Cantamos todas as panxoliñas que sabiamos, e cando acabamos preguntámoslle se sabían algunha máis, e elas, con moito agrado, dixéronnos todas as que sabían. Unha vez rematado, para facerlles un pouco máis de compañía repartímoslle bombóns e falamos un pouco con elas.
A algunhas gustáballes estar alí pero penso que a outras non tanto, porque dicían que case non recibían visitas, e que se sentían moi soas.Cando estabamos repartindo os bombóns, unha delas botouse a chorar, dicía que estaba tan contenta coa visita que nos quería dar algo, pero como non tiña nada quedou moi triste; nós dixémoslle que non víñamos para que nos deran algo, senón que viñamos por quere alegrarlles, aínda que so fose por un día. Unha vez que rematamos de repartir os bombóns escoitamos como cantaba unha señora; cantaba moi ben, e sabían moitísimas panxoliñas tradicionais...
Estivemos á leria unha hora máis ou menos, pero despois tivemos que despedirnos de todas, as anciás non querían que marchasemos, pero nós dixémoslles que non había outro remedio, tamén lles dixemos que habiamos volver para o ano que ben así que agardamos que a profesora de música nos leve outra vez, porque nos imos!!!
Sobrounos unha caixa de bombóns, e deixámosllela alí para que comesen cando quixeran ata acabárena.
Cando saímos, no autobús non fixemos outra cousa que falar da experiencia tan bonita que vivimos ese xoves.

Leticia Gallardo Jurjo (alumna de 2º ESO B)
Noa Moledo Mariño (alumna de 2º ESO B)



Se queredes ver algunhas fotos podedes entrar en FOTOBLOGOTECA (marxen esquerdo desta páxina)
Comentarios (0) - Categoría: Xeral de música - Publicado o 14-01-2009 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal