Este blog espero que vos sirva para afianzar todo o aprendido en clase, para ampliar os vosos gustos musicais e para que reflexionedes sobre distintos aspectos.
Estas son algunas de las fotos del concierto de Senegal. La calidad no es demasiado buena. Lo siento.
¡Qué bien lo pasamos todos/as!, y qué bien hablan en francés las alumnas de 4º ESO, ¿eh?.
Este enlace é o video oficial da canción J'aimerais tellement interpretada por Jena Lee.
É unha canción proposta por Isabel (profesora de francés)
Esperamos que vos guste.
Ainda que xa pasaran bastantes meses. Cólgovos este video coa actuación de Lucía, Lidia, Judith, Noelia e Jesica bailando unha coreografía no festival de fin de curso 2008-09 e preparada na clase de Educación Física.
Foi unha das mellores actuacións do festival según as opinións que escoitei do público.
Espero que las profes de inglés no se enfaden conmigo al poneros este vídeo. Eso sí, luego decidles que os transcriban exactamente lo que cantan los distintos grupos, para ver la gran diferencia.
Se tratan de fragmentos de canciones en los que aparecen posibles frases en castellano debido a la pronunciación.
Espero que os riais tanto como yo cuando lo vi.
A UNESCO lanzou unha biblioteca dixital mundial en abril do 2009 que reune mapas, textos, fotos, gravacións e películas de todos os tempos e explica en sete idiomas as xoias e reliquias culturais de todas as bibliotecas do planeta: árabe, chinés, inglés, francés, ruso, español e portugués.
Esta dirección tamén está na marxe esquerda deste blog en "Recomendados" para cando necesites acceder a ela.
O acceso é gratuíto e os usuarios poden ingresar directamente pola Web, sen necesidade de rexistrarse.
Ademáis hai documentos en línea en máis de 50 idiomas.
Entre os documentos máis antigos hai algúns códices precolombinos, grazas á contribución de México, e os primeiros mapas de América, debuxados por Diego Gutiérrez para o rei de España en 1562.
Os tesouros inclúen o Hyakumanto darani , un documento en xaponés publicado no ano 764 e considerado o primeiro texto impreso da historia; un relato dos aztecas que constitúe a primeira mención do Neno Jesús no Novo Mundo; traballos de científicos Arabes revelando o misterio do Algebra; ósos utilizados como oráculos e ronseis chineses; a Biblia de Gutenberg; antigas fotos latinoamericanas da Biblioteca Nacional de Brasil e a soada Biblia do Diaño, do século XIII, da Biblioteca Nacional de Suecia.
Fácil de navegar .
Cada xoia da cultura universal aparece acompañada dunha breve explicación do seu contido e o seu significado. Os documentos foron escaneados e incorporados no seu idioma orixinal, pero as explicacións aparecen en sete linguas, entre elas O ESPAÑOL
A biblioteca comeza cuns 1200 documentos, pero foi pensada para recibir un número ilimitado de textos, gravados, mapas, fotografías e ilustracións.
Cun simple clic, pódense pasar as páxinas dun libro, achegar ou afastar os textos e movelos en todos os sentidos. A excelente definición das imaxes permite unha lectura cómoda e minuciosa.
Entre as xoias que contén polo momento a BDM está a Declaración de Independencia de Estados Unidos, así como as Constitucións de numerosos países; un texto xaponés do século XVI considerado a primeira impresión da historia; o diario dun estudioso veneciano que acompañou a Fernando de Magallanes na súa viaxe ao redor do mundo; o orixinal das "Fábulas" de Lafontaine, o primeiro libro publicado en Filipinas en español e tagalog, e unhas pinturas rupestres africanas que datan de 8.000 A .C
Dúas rexións do mundo están particularmente ben representadas:
América Latina e Medio Oriente. Iso débese á activa participación da Biblioteca Nacional de Brasil, a biblioteca Alejandrina de Exipto e a Universidade Rei Abdula de Arabia Saudita.
A estrutura da BDM foi calcada do proxecto de dixitalización a Biblioteca do Congreso de Estados Unidos, que comezou en 1991 e actualmente contén 11 millóns de documentos en liña.
Os seus responsables afirman que a BDM está sobre todo destinada a investigadores, mestres e alumnos. Pero a importancia que reviste ese sitio vai moito máis alá da incitación ao estudo das novas xeracións que viven nun mundo audiovisual. Este proxecto tampouco é un simple compendio de historia en línea: é a posibilidade de acceder, íntimamente e sen límite de tempo, ao exemplar invalorable, inabordable, único, que cada un algunha vez soñou con coñecer.