NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO

____________________________________

"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________


CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 3

2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.

Artigo 148

1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:

17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.

____________________________________


ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

TÍTULO PRELIMINAR

ARTIGO 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

_______________________________


A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________

VIAXEIRO

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.

Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.

Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.

(Celso Emilio Ferreiro)

____________________________________

24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CESÁREO SÁNCHEZ IGLESIAS
Cesáreo Sánchez Iglesias (Dadín-Irixo, 1951) é autor dunha ampla obra, principiada en 1978 con Silencios e conversas de inverno. Estudiou Arquitectura Técnica e Socioloxía e Ciencias Políticas en Madrid e foi un dos fundadores da Agrupación Cultural Lóstrego, que presidiu. Continuou a manter unha posición dinámica dentro da creación do movemento asociativo cultural durante a transición, colaborando na formación da Agrupación Cultural Avantar, do Carballiño. Actualmente é director de Edicións A Nosa Terra e presidente do semanario do mesmo nome. Traballa na Oficina Técnica de Arquitectura da Xunta de Galicia.
A súa poesía, varias veces premiada, caracterízase por unha elaboración en chave simbolista e evocativa, realizada en versos breves. Está considerado un dos nomes máis relevantes da promoción poética da década de 80.

Acabe de publicar "O paraíso das sombras" un poema no que repasa a historia do país.
Nunha entrevista concedida ao Xornal de Galicia comenta: "xa gañamos antes a batalla de manter a lingua".


Beirando por fondas corredoiras,
o dia de hoxe respira


na pupila do gato,
encérrase nun angulo da luz desde meiodia,


déitase no sartego.
E regreso, como se nada fose ánoite antiga.


Féchase todo e nada que non sexa celeste concavidade,


como se eu nada non poidera ollar.
Rio Sar
Ceo de escamas azuis. Poeira de verde vidro es o rio.
So o humano sabe como ser, xerador do tránsito.
Nos espellos son os gritos da sombra son ameneiros
no infinitamente inmóbil traballo do vento na túa tona.
Silencioso vas ao mar tan solitario: Sen saíres de ti.
A Catedral
Vertical o espazo créame: A forma do silencio. Escreber é restituir o xerminar da luz ás túas mans vacias. Asisto a ver como me entregas á forma incorpórea, ao soño das palabras, no seu aparecer e desaparecer silenciosamente.
O tanxibel da nosa inmortalidade é tránsito.
(Paso a paso,verso a verso.Poderia lembrar aos clásicos galegos, no percorrido da senda secular, feita en pedra, suor, e morte. O xeito de andar pola vella senda do (amiño, cara a Compostela, terra santa, eternidade lirica da palabra nos versos de Cesáreo. As sombras, as árbores, os rios, a soidade da xente, as vilas, as pontes, ao longo destas paxinas inmateriais na lirica da vida, experiencia tan sentida, como maxica, ao camiñante .-
A escrita do Camiño Primitivo. Edicions A nosa Terra, ultimo libro do XX premio Esquio de Poesia).

OBRA:
. A árvore das sete palavras

· A escrita do Camiño Primitivo

· A escrita do silencio-Antoloxía persoal

· Alma de beiramar

· Antonte das salamántigas

· Do olvido o río

· Evadne

. Homenaxe a Anxel Casal

· II Festival da Poesía do Condado

· III Festival da Poesía no Condado

· Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina

· IV Festival da Poesía no Condado

· Mar do fin da terra

· Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra

· O Cántigo da Fonte

· O desafío das ondas

· O rumor do distante

· Ortigas da memoria

· Silencios e Conversas de Inverno

· Variacións nube

· XIII Festival da Poesia no Condado

.O paraiso das sombras


PARA MÁIS INFORMACIÓN A PÁXINA http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=CesS%E1nch
CESÁREO SÁNCHEZ IGLESIAS.http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=CesS%E1nch
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 02-09-2009 15:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal