"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________
CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
TÍTULO PRELIMINAR
Artigo 3
2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.
Artigo 148
1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:
17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.
____________________________________
ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA
TÍTULO PRELIMINAR
ARTIGO 5
1. A lingua propia de Galicia é o galego.
2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.
4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.
_______________________________
A ROSALÍA
Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!
A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!
Pousa Antelo, defensor do legado de Castelao (DE LUNS A VENRES, GALICIAE) A Fundación Castelao destaca nunha nota o labor de Avelino Pousa Antelo a prol da divulgación de toda a obra do histórico rianxeiro como presidente da institución, cargo que ocupou dende o ano 1989
A exposición ?Luces de Alén Mar. As Escolas de Americanos en Galicia?, promovida polo Consello da Cultura Galega, a través do seu Arquivo da Emigración Galega, será inaugurada o venres 3 de agosto ás 21´30 horas na Casa Consistorial de Ortigueira. A mostra, que salienta o instrutivo compromiso solidario dos emigrantes galegos, inicia así o seu percorrido por Galicia. Á inauguración asistirán o alcalde de Ortigueira, Rafael Girón, e o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares.