NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO

____________________________________

"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________


CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 3

2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.

Artigo 148

1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:

17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.

____________________________________


ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

TÍTULO PRELIMINAR

ARTIGO 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

_______________________________


A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________

VIAXEIRO

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.

Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.

Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.

(Celso Emilio Ferreiro)

____________________________________

24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

GÁLIX. ASOCIACIÓN GALEGA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Trátase dun colectivo, sen ánimo de lucro, que desenvolve as súas actividades no campo da literatura infantil e xuvenil.

A asociación créase en xaneiro de 1989, como sección en Galicia da OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil), que á súa vez é o departamento estatal do IBBY (International Board of Books for Young People).




GÁLIX.http://www.galix.org
Categoría: ORGANISMOS DE INTERESE. - Publicado o 26-06-2010 13:37
# Ligazón permanente a este artigo
A AELG HOMENAXEA A MARILAR ALEXANDRE
A homenaxe "A Escritora na súa Terra", impulsada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), alcanza este ano a décimo sexta edición e recaíu, por decisión unánime dos seus socios, na figura de Marilar Aleixandre.
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, o 5 de xuño preside, na avenida de Barcelona, a homenaxe á escritora Marilar Aleixandre, na que se descubrirá un monolito conmemorativo. No pazo de Raxoi entrégaselle o galardón da Letra E.

BIOGRAFÍADA.
Marilar Aleixandre (María Pilar Jiménez Aleixandre). (Madrid, 1947). Vive en Galicia dende 1973, primeiro en Vigo, e agora na Amaía. Doutora en Bioloxía. Catedrática de Ciencias Naturais de Ensino Medio. Catedrática de Didáctica das Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela. Colaboradora das revistas Nó, Luzes de Galiza e Festa da palabra silenciada. Como narradora ten publicado: A formiga coxa (Xerais 1989), novela xuvenil; O rescate do peneireiro (Xerais 1990), novela xuvenil; Tránsito dos gramáticos (Xerais 1993), novela; Nogard (1994), novela xuvenil; A expedición do Pacífico (Xerais 1994), Premio Merlín e Premio da Crítica á creación literaria en galego en 1995, sendo a primeira vez que recae nun libro xuvenil e nunha muller; Lobos nas illas (Xerais 1996), relatos; “Agardando polos morcegos”, conto incluído no volume Antoloxía do conto galego de medo (1996); O trasno de Alqueidón (Xerais 1996), contos infantís, Premio Rañolas 1996 ao mellor libro infantil do ano; A Compañía Clandestina de Contrapublicidade (1998), novela, Premio Álvaro Cunqueiro; “Desaforados muños”, relato incluído en Airadas palabras (1998), premio Manuel Murguía; A banda sen futuro (Xerais 1999), novela, premios Lazarillo e Lecturas Galix 2001; Lapadoiras, Sacaúntos e Cocón (1999), conto infantil; Unha presa de terra (2001), Premio La Voz de Galicia de novelas por entregas; “O Rato de Biblioteca e a Gaiteira de Marín”, incluído en Contos para levar no peto (Xerais 2001); Teoría do caos (Xerais 2001), novela, Premio Xerais; Paxaros de papel (Xerais 2001), álbum en colaboración con Lázaro Enríquez, O chápiro verde (2001, Xerais 2003), conto infantil; Basilisa, a princesa sapiño (2002), conto infantil; Rúa Carbón (Xerais 2005), novela finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2006 e A Cabeza de Medusa (Xerais 2008), novela gañadora do Premio Fundación Caixa galicia de Literatura Xuvenil 2008 e Premio The Withe Ravens, 2009. “O coitelo en novembro”, relato incluído en Materia prima (Xerais 2002); “Palabras descarreiradas”, relato incluído en Longa lingua (Xerais 2002). Boa parte da súa obra narrativa foi traducida a todas as linguas peninsulares. No eido da poesía, recibiu o Premio Esquío por Catálogo de velenos (1999), o premio Caixanova por Mudanzas (2008), tendo publicado, ademais, o volume Desmentindo a primavera (Xerais 2003). Colaborou como guionista con Fran Bueno na banda deseñada Os Escachapedras, e publicou a biografía Castelao segundo Rañolas (2000). Traduciu do inglés para o galego A caza do carbairán (Xerais 1995) de Lewis Carroll e o poemario Muller ceiba (Xerais 1997) de Sandra Cisneros. No ámbito profesional publicou o estudio Dubidar para aprender (Xerais 1996).

HAIKUS DO COUREL PARA NOVONEYRA

1
país, esquivo amante,
inalcanzable
áspera cerna.

2
¿Non ousas, faia,
ceibar da simetría
follas captivas?


3
Dovesa de Rogueira:
miden os grilos
estes meus versos.


4
levanta as saias,
vento nordés,
ispe os adxectivos.


5
perpetra a araña
labirinto de chuspe:
trampa ou poema.

MARILAR ALEXANDRE. http://www.xente.mundo-r.com/marilar/
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 05-06-2010 15:13
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal