NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO

____________________________________

"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________


CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 3

2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.

Artigo 148

1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:

17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.

____________________________________


ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

TÍTULO PRELIMINAR

ARTIGO 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

_______________________________


A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________

VIAXEIRO

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.

Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.

Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.

(Celso Emilio Ferreiro)

____________________________________

24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XOSÉ MANUEL BEIRAS, PREMIO TRASALBA 2009
Xosé Manuel Beiras premio Trasalba 2009.

A memoria de Ramón Otero Pedrayo volveu a convocar unha nutrida representación da cultura galega na casa grande de Cimadevila, na parroquia de Trasalba, concello de Amoeiro.

A Comisión de Goberno da Fundación, que é a encargada de designar anualmente a persoa á que se lle dedica o premio, logo de informar e recadar opinións do conxunto do Padroado, valorou a traxectoria vital de Xosé Manuel Beiras, salientando a súa dimensión intelectual, cívica e de pensamento.

Beiras,personaxe importante da historia de Glicia, como político, ensaísta e catedrático de de Economía,recalcou que Galicia non é un país de ananos "pero os ananos proliferan e sóbense ao poder para destruír o país con medidas de exterminio idiomático".
Entregou o premio o presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro,que destacou os sobrados méritos de Beiras para recibir este agasallo.


Naceu en abril de 1936 en Santiago de Compostela.

Licenciuse en Dereito en 1957 na Universidade de Compostela.

Estudou na Universidade de París, 1957-58 e 59-60. Economía na Faculté de Droit et des Sciences Economiques; Letras na Sorbonne.

Coautor, con X. L. Franco Grande, das dúas primeiras traducións ao galego de teatro europeo de post-guerra, en 1958-59: “Antígona”, de J. Anouilh, e “No habrá Guerra de Troya”, de J. Giraudoux, posteriormente publicadas na revista “Grial” da Editorial Galaxia.

Primeira impartición dun curso de Economía Política: 1958-59, na Facultade de Dereito da Universidade de Compostela.

Profesor Axudante de Economía Política co Profesor Prados Arrarte na Facultad de Dereito da Universidade de Madrid, 1960-63.

Membro fundador do Partido Socialista Galego (PSG) na clandestinidade en 1963, poñente na elaboración de seu primeiro documento de Principios Ideolóxico-políticos, e membro dende entón da súa executiva...
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 29-06-2009 15:15
# Ligazón permanente a este artigo
JACOBO FERNÁNDEZ
Jacobo Fernández gaña a edición número 24 dos premios Merlín coa obra Mil cousas poden pasar. "Hai unha serie de feitos fantásticos desencadeados a partires de que os fillos de Rei do Mar chegan á cidade submarina de Nil, onde comezan as mil cousas que poden pasar".


Jacabo Fernández naceu en Vigo en 1971
Ilustrador, pintor e autor de banda deseñada. É o creador da serie dos Arquivos do Archimboldo Roque para a revista Golfiño, que despois foi publicada nun só álbum. Tras realizar este personaxe converteuse en colaborador da publicación periódica Dos Veces Breve, así como da segunda época da revista BD Banda, na que desenvolve a serie titulada Animais pantasma. Ao mesmo tempo, continúa facendo BD para nenos.

Recibíu os seguintes premios:vencedor do III concurso Castelao da Deputación da Coruña coa obra As Aventuras de Cacauequi (2007). Candidato aos premios do Saló de Barcelona de 2009 como autor revelación grazas a dúas obras de 2008, os álbumes de Archimboldo Roque e de Cacauequi.
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 07-06-2009 20:18
# Ligazón permanente a este artigo
ROSA ANEIROS
Roisa Aneiros gana o Xerais de novela, edición número 26, co libro "Sol de Inverno". Unha obra sobre os exilios, pero non é unha novela histórica, senón unha historia na que se mostra como Inverno recupera o paraíso perdido da súa infancia...

Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) é xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación impresos e dixitais, entre eles culturagalega.org (sección Agardando as lagarteiras), Diario de Pontevedra, El Progreso, Galicia Hoxe, Diario de Ferrol (a través da axencia AGN), El País, Grial, Fadamorgana ou Casa da gramática, ademais do programa “Un día por diante” da Radio Galega. En 1999 presentou a súa primeira novela, Eu de maior quero ser á que seguiron Corazóns amolecidos en salitre (2002), Resistencia (Xerais, 2003), O xardín da media lúa (Galaxia, 2004), o volume recompilatorio de artigos literarios Agardando as lagarteiras (culturagalega.org, 2003) e Veu visitarme o mar (Xerais, 2004). Ten publicados relatos nos volumes colectivos Narradoras (Xerais, 2000); Relatos (1999), Relatos gañadores do Pedrón de Ouro 1998-1999-2000 (2001) ), Seis ferroláns (2003), Alma de beiramar perdida (2003), Botella ao mar (2003) ou Narradio (Xerais, 2003). Conta no seu haber con recoñecementos como o Modesto Rodríguez Figueiredo (Pedrón de Ouro, 1998); o Manuel Lueiro Rey (1996); o Manuel Murguía (2001), o Carvalho Calero (2001), o Premio Arcebispo Juan de San Clemente (2003), o Premio Careón 2006 ou o Premio da Crítica Losada Diéguez (2005), ademais do Premio Caixanova Francisco Fernández del Riego en 2007 polo artigo xornalístico “A última vaca”. Ao pé do abismo (Xerais, 2007) recolle a súa obra xornalística.
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 07-06-2009 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal