NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO

____________________________________

"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________


CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 3

2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.

Artigo 148

1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:

17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.

____________________________________


ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

TÍTULO PRELIMINAR

ARTIGO 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

_______________________________


A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________

VIAXEIRO

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.

Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.

Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.

(Celso Emilio Ferreiro)

____________________________________

24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

OCÉANA

Oceana é unha organización internacional que traballa para protexer e recuperar os océanos do mundo. O noso equipo de científicos mariños, economistas, avogados e outros colaboradores están conseguindo cambios específicos e concretos na lexislación para reducir a contaminación e previr o colapso irreversible dos stocks pesqueiros, protexer aos mamíferos mariños e outras formas de vida mariña. Conta con oficinas en Norteamérica - Wáshington (DC), Juneau (Alaska), Los Ángeles (CA), en Europa - Madrid (España) e Bruxelas (Bélxica), e en Sudamérica - Santiago (Chile). Uníronse máis de 300.000 colaboradores e ciberactivistas en 150 países.

OCÉANA FILMA BOSQUES DE CORAIS DE GALICIA.

Fondos cubertos de corais e esponxas, xardíns de gorgonias, bosques de laminarias, fondos de maërl e outros ecosistemas de gran valor son o obxectivo dos investigadores de Océana Ranger.
OCÉANA. http://www.oceana.org/sp/europa/prensa/comunicados-de-prensa/press_release/0/809/
Categoría: Xeral: NATUREZA - Publicado o 27-06-2008 15:11
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS LETRAS GALEGAS 2008 RELATO CURTO E POESÍA
LETRAS GALEGAS 2008

GAÑADORES DO CONCURSO DE RELATO CURTO

1º PREMIO

GAME OVER (
“Chámome Evelin teño catorce anos e teño un segredo, ... Acaso vosoutros estades mortos? Eu si, ou non? Explícome, cada día esperto ás sete da mañá, almorzo e vou ao colexio. E logo morro. Cada día é igual. Pero creo que teño a solución: simplemente teño que evitalo”.
Evelin pechou o ordenador. Levaba dez anos escribindo o mesmo. Pechou a porta e marchou ao insti. Había unha néboa moi rara no ambiente ... De súpeto o seu MP3 quedou sen batería. Buscou o seu móbil -sen cobertura-, dixo polo baixo. Nisto que alguén colleuna pola man.
- Ola! -Dixo Dani por atrás.-
- Ola! Ola, Dani ...!- Dani era o seu mellor amigo.
- Sabes? Vou pedirlle a un rapaz da miña clase.
Dani púxose serio.
- A quen?
- A Roi.
- A ese? Ao bastardo? Ao emo?
- Si, eu tamén son emo..., e máis non dis nada.
- Si, pero non pensas como ese.
- Colleuna das mans e mirouna moi serio.
- Non che convén.
- Déixame en paz! -Dixo ella berrando-
E seguiu soa ata o colexio.
Evelin sabía todo o que ía pasar ese día. O dez que sacaría en literatura. O si de Roi. Todo!
Evelin evitou todo tipo de trampas mortais.
O timbre indicaba o fin des clases.
-Vémonos pola tarde? -Dixo Roi.
Ela dubidou.
- De acordo ... ás cinco?
- Ata logo! E eu ...
Colleu o camiño máis longo para chegar á casa. De súpeto alguén pegoulle na cabeza, provocando a súa morte.
- Evelin..., Evelin...non comprendes que se non es para min..., non es para ninguén? Ata mañá ... “querida.”
Dani seguiu o camiño para a súa casa. Deu a volta e rosmou “game over”...
Ás sete da mañá soou o espertador.
Evelin levantouse.
- Oh non !!!
Evelin Pérez 3º A




2º PREMIO

UN MAGO E DOUS NOVICIOS

Era unha mañá de xuño, na illa de Khorinis, unha illa de 40 km², con un mosteiro de magos, un campamento de mercenarios, que protexían as granxas da cidade, Kharinis, unha cidade dunhas 900 persoas, dividida, na zona portuaria, na que vivían as perso as pobres, que é perigosa polas atracos; cidade baixa, na que estaban os gremios, os ferreiros, os carpinteiros, alquimistas, tabernas e mercados y o cuartel na que estaban as xentes do rei, soldados cunhas boas armaduras. E, por último o barrio alto, onde vivían os comerciantes importantes, xente adiñeirada algúns magos, e onde estaba o concello, controlado polo exército, controlado polo señor Ramírez.
Eu son un home de vinte e cinco anos, algúns din que estou tolo, pola miña obsesión con conseguir algo grande. Eu son un mago guerreiro, e vivo na cidade, e teño una valiosa espada e sempre vou coa miña cota de malla e a túnica vermella de mago por enriba. Un día, eu estaba na taberna, e escoiteille a un pescador dicir que roubaran ó gobernador, e secuestraran a súa filla e tamén, ó meu superior, Xoán.
Fun falar ca gobernador, que ofrecía unha recompensa a quen encontrara a súa filla. Durante varios días os soldados máis experimentados foron en busca destes, pero ninguén regresou. Entón é aquí onde comeza a historia. Eu coma ninguén regresara púxenme en camiño, e fun cara ó mosteiro para buscar consello. Cando cheguei, fun directo falar có mago supremo, Pyrocar, o que xa coñecía o caso, e informoume de que un espías viron nun castelo abandonado, ó norte da illa luces pola noite. Pyroco deume un amuleto para que me dese forzas, e ao día seguinte partiría xunto con dous novicios (aspirantes a magos) cara ó castelo abandonado. Fun á miña habitación e descansei, esperaríanme uns duros días. Espertei, a luz entraba a través da miña ventá, xa eran as nove. Púxenme en marcha xunto cós novicios. Eran moi xoves, chamábanse, Paco e Lares. Paramos a almorzar nun cantil, e ensineilles un par de conxuros máxicos e tamén uns golpes cá espada.
Continuamos a viaxe, e xa vimos a o torreón do castelo, que estaba nun alto, preto dunha praia, na que había un barco. Botamos unha ollada e non parecía haber ninguén, así que preparámonos para a loita, e ¡alá fomos!
O castelo estaba rodeado de brétema, acercámonos á porta, cunha cadea oxidada que rompeu con facilidade tras o golpe da miña espada, abrimos a porta e entramos nunha capela, alumeada con cirios, pasamos por un gran corredor pola que se escoitaban o caer das pingas de auga, e un inquietante eco. Prendín unha antorcha en continuamos, ata chegar a dúas portas, unha conducía ás celas, e a outra á sala principal, cara as celas baixamos, e vimos a un home que impoñía respecto, co seu aspecto pálido, víase grazas a un pequena ventá no fondo do corredor. Eu decidinme por darlle un golpe na cabeza, cando estaba de costas, co que quedou inconsciente, uns metros despois estaba a filla do gobernador e Xoán ( o meu xefe). A filla do gobernador agradeceume o rescate, igual que Xoán, o meu amigo. Saímos fóra pero démonos conta de algo, dez bandidos cortábanos o paso, o seu líder díxonos que ou deixabamos os rescatados ou mataríanos a todos. Lares cun golpe rápido coa espada matou un dos bandidos, todos comenzamos a correr cara ó barco da praia (un gran galeón). Ordeneilles ós novicios que prepararan o barco e que levaran con eles á filla do gobernador, Xoán e mais eu quedamos a loitar, eu fun contra eles coa espada e Xoán cos seus coñecementos máxicos, lanzou unhas bolas de lume, matando a varios dos bandidos. Pero o xefe dos bandidos feriuno coa súa espada. Só quedabamos o xefe e mais eu, co que comezou unha loita, que tras moitos golpes e feridas conseguir vencer. Collín a Xoán e subino o barco grazas a un cabo. Levamos a áncora e fomos cara Kharin. Chegamos tras dúas horas de viaxe, recibíronos coma heroes, o gobernador recompensoume dándome o galardón de protector da cidade, a filla do gobernador tamén mo agradeceu. Os meus amigos novicios foron ascendidos a mago, baixo a miña supervisión traballarían un tempo, e Xoan recuperouse do espadazo, e recibiu a medalla de honor. Tras esta aventura descansei, e dinme de conta que o máis importante son as persoas que queres, pero os tesouros tampouco están mal.
(Ricardo Blas Vega 3ºD Nº2)


3º PREMIO

DÍA ESCURO


Luns pola mañá. Levanteime, vestinme e fun almorzar. Os meus pais seguían na cama. Eu, como de costume fun cara a escola. Facía moito frío. Era inverno e, de súpeto, o día escureceu. Cal seria a miña sorpresa que, en lugar de atopar a escola, atopei unha casucha vella e abandonada. Non sei o que me pasou, pero alguén me dicía que entrara. Ao abrir a porta sentín un arrepío, xa que porta rinchaba. Diante miña había unha gran escaleira chea de teas de araña.
- Ola! Hai alguén? –Dixen con medo-
Non escoitei resposta ningunha. Entón decidín subir ao piso de arriba. Quedei abraiada. Había fotos da miña mellor amiga por toda a casa. Sentín a presenza de alguén e dinme a volta. Atopei a miña amiga chea de feridas e berrei:
- Anabel! Anabel! Que che pasou?
Ela non respondeu. Fun abrazala, e era como se fose aire. Entroume medo e escapei.
- María! María!
Alguén chamaba por min, o que me fixo correr máis. Polo camiño atopei a miña amiga, pero, raramente,xa estaba curada.
- Por que tes medo? –Dixo Anabel-
- Porque, que facías naquela casa? Que facían as túas fotos alí?
- De que falas? En que casa? Pero se eu non estaba alí.
Nese intre a miña amiga achegouse a min e comezou a sacudirme dicindo:
- María! María! Esperta que chegas tarde á escola!!!
Abrín os ollos e vin que era a miña nai a que berraba. Todo fora un mal soño, pero sentino como se fose de verdade.
(Lidia Seoane e Fátima Varela 2º F.)

GAÑADORES DO CONCURSO DE POESÍA

1º PREMIO

NATUREZA FERIDA )

A natureza está moi disgustada,
pensa que estamos acabando con ela,
nós decidimos tranquilos, non pasa nada,
viramos a cara e mentimos, para non vela.

Chove en agosto, loce o sol en novembro.
neva en xullo, mes de praia en febreiro.
san Xoan cadra en decembro, o Nadal en outubro.
a primavera comeza en setembro e o outono en xaneiro.

A cidade, a polución e o fume,
apagan a estrelas,
levando a súa luz para sempre con elas.
O sol, a choiva e o vento, non son os de antes,
como dun mal xogo, somos malos concursantes.
os montes, os ríos, os lagos e os mares,
gritamos a berros cales son os nosos males.

Xa quixeran as árbores ter pernas para non fuxir,
xa quixeran as aves voar a Marte para vivir,
Xa quixeran as bestas bravas cantar e non xemer,
xa quixeran os peixes auga para non afundir,
xa quixera a lúa ver o sol e non só finxir,
xa quixera eu ter un soño e non só durmir.

Vivimos con présa,non pensamos o que facemos.
Cremos ser os donos da Terra, non sei por que razón,
non a respectamos, roubámoslle todo canto queremos
para cando nos deamos conta, quizais non teña solución.

A Natureza está de gravidade ferida,
habemos ser nós quen a curemos,
se non a mantemos con vida,
con ela tamén nós morreremos.
(Antía Mañana Caneda 2º G)


2º PREMIO

AQUELES

Aqueles que nas fronteiras os ven,
aqueles que nos ríos aparecen,
aqueles que o sol escurecen,
raios de lúa os esquecen
nas liñas olvidadas do tempo.

(Héctor Vázquez Fuentes 2º G)


3º PREMIO

A música, esa arte que nos uniu;
pola que, grazas a ela, estou contigo,
meu amor, meu mellor amigo.

Grazas a ela, puiden coñecer
eses ollos,cheos de tenrura
e de ledicia; ese sorriso radiante,
que borra de min toda tristura;
ese cabelo louro que imita as ondas do mar,
este sentimento tan grande
que moitas veces non sei como expresar.

Son ganas de rir, de chorar,
algo que me queima o peito,
e penso en ti, meu ben,
penso en ti en todo momento.
Nas túas mans, nos teus beizos …
e quero botar a correr,
ir na túa procura, pero ti,
unha vez máis, estás lonxe,
tan lonxe de min …
onde por máis que queira, non podo ir.

E percórreme a angustia,
por non saber onde estás,
por non poder estar contigo,
e miro a túa foto, os teus ollos, o teu sorriso…

(Ester Pallares Soengas 3º D)

Categoría: TRABALLOS DO ALUMNADO - Publicado o 03-06-2008 20:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal