NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO

____________________________________

"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________


CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 3

2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.

Artigo 148

1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:

17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.

____________________________________


ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

TÍTULO PRELIMINAR

ARTIGO 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

_______________________________


A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________

VIAXEIRO

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.

Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.

Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.

(Celso Emilio Ferreiro)

____________________________________

24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PERMISOS, LICENZAS, EXCEDENCIAS.
I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA.

— Orde do 7 de abril de 2008 pola que se regula o réxime de permisos e licenzas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. 7.096

DOG nº 78 do 23 de abril de 2008,
dende a páxina 8 ata a 18 do documento PDF,
(páxinas do DOG: da 7.096 á 7.106 ).
PERMISOS, LICENZAS, EXCEDENCIAS.http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/69dbe571cfe9ff2ec1257251004b10d8
Categoría: LEXISLACIÓN BÁSICA. - Publicado o 26-05-2008 15:46
# Ligazón permanente a este artigo
LUIS AMADO CARBALLO
Amado Carballo

Luís Amado Carballo. Pontevedra nace o 2 de maio de 1901 e falece no ano 1930.
OBRAS: Proel -1927-
O Galo -1928-.

Creador da corrente hilozoísta, caracterizada por personificar os elementos da paisaxe, foi xunto con Manuel Antonio un dos creadores máis destacados.


CONMEMORAMOS O NACEMENTO DESTE ESCRITOR CUNHA MOSTRA DALGUNHAS DAS SÚAS POESÍAS DE "PROEL" E DE "O GALO".

DE “PROEL”


DE “PROEL”
     
CANZÓN DO TEMPORAL

Os berros dos mazaricos
rachan as sedas do mar
no carro das mouras nubens
ven do sur o temporal.

 Nas barras e nos peiraos
rompen as foulas cristadas
de lóstregos azuados
das estrelas afogadas.

Púxose o ceo de loito
pol-os que van afogar.
As centellas como trallas
baten no lombo do mar.


CAMPANAS

Quixera bañar
o meu corazón
no morno lirismo
d'un rayo de sol.

ALALAS

Son lostregos do verde mollado,
que aturuxan nas ponlas dos pinos
pregoando a chegada do día,
os tremantes cantares doídos
que maina acompasa
a chorosa fuxida do río...
A alma do campo choraba nos ceos
unha sonatina de violoncellos.


DE “PROEL”

O QUE MORREU NO MAR

Tiña doce netos
aquel mariñeiro,
todos eles caben
debaixo d'un cesto.

SPLEEN

O día amarelo
aboyaba morto
nas ágoas do ceo.  
 
CALMA CHICHA

As ruas amarelas
con perguiza de bois
levaban deic'o mar
quentes feixes de sol.

BEIRA

O mar borracho de sol
anda a tombos pol-a praya,
a montana lavandeira
bota areales nas ágoas.

NOITE

A cibdade pesca a ardora
e diante da sua rede
de luces d'ouro tomado
fuxe a lua como un peixe.

ÉGLOGA

Mama o campo oxe
leite de campanas,
para él monxe o crego
quentes bateladas.

AFOGADO

A ágoa tan serea
como o ceo quedou,
mais aboya a luz da lua
o cadavre da sua voz.


DE “O GALO

O GALO
Abrell'as portas ao día
co-a chave do teu cantar
que xa na fonte da Lua
está lavada a mañán.

Bótall'o teu aturuxo
a paisaxe dend'o val
qu'o gran balbo das estrelas
cairá serodio no mar.

O campo cheo de frío
busca un anaco de sol,
alcéndelle unha fogueira
co lume da tua voz.
        
NOIVOS

Primaveira galanada
con collares de luar
e con pendentes de estrelas
está ô seu noivo á agardar.
Domente os ventos de Marzo
tecen seu manto de noiva
pregunta ao paxaro sabio
degarante e ruborosa:

          Cuco-rey
          rabo d' escoba
           cantos días faltan
           para a miña boda

O paxaro decontado
poñíase a cantar
e o corazón latexante
estaba a moza á contar:

           Un, dous, tres,
           te non trabucache
           meu bô cuco-rey?

Domente qu'ela escoitaba
tremecida de vergonza
xa estaba Mayo galán
entrándolle pol-a porta.

AS CANTIGAS DO BERCE

Un carrizo namorado
afogóuse nun luceiro;
chora o monte y-a campía,
de loito vistius'o vento.


Como un paxariño horfo
nas mans morréusem'o día,
arrechegueino ao meu peito
por ver si lle daba a vida.


Vaite choiva e vente sol
qu'imos á xogar â leira
cô moneco bonitiño
que meu pai trouxo da feira.


Aquil berce está valeiro
y-a naiciña anda a chorar,
o meniño está no ceo
coas estrelas a brincar.


A campía escurecida
chora tremando co frío,
a probiña quedóu horfa
qu'o día afogóu no río.




LUIS AMADO CARBALLO. http://www.17demaio.org/diasdasletras/ano.php?txt=ano_1982
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 09-05-2008 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
XABIER P. DOCAMPO
O VINDEIRO DÍA 23 DE MAIO DE 2008 VISITARANOS O ESCRITOR XABIER P. DOCAMPO, para realizar unha charla-coloquio co alumnado de 2º de ESO.


Xabier P. Docampo (Xabier Puente Docampo) (Rábade, 1946).

Para saber máis del podes acceder desde aquí ao seu BLOG e ao Centro de Documentación da AELG.
XABIER P. DOCAMPO. http://www.xabier-docampo.net/blog/29_blog.php
VIDEOTECA DO AUTOR. http://www.aelg.org/Centrodoc/GetMediaLibraryByAuthor.do?authorId=autor236
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 05-05-2008 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal