"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________
CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
TÍTULO PRELIMINAR
Artigo 3
2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.
Artigo 148
1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:
17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.
____________________________________
ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA
TÍTULO PRELIMINAR
ARTIGO 5
1. A lingua propia de Galicia é o galego.
2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.
4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.
_______________________________
A ROSALÍA
Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!
A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!
Luis Amado Carballo naceu en Pontevedra o 2 de maio de 1901. É o poeta de máis influencia nas letras galegas contemporáneas; procede dunha tradición de profunda raigame na lírica galega: a paisaxe descritiva do século XIX, á que humaniza e depura coidadosamente. (cita: Basilio Losada, poetas gallegos contemporáneos).
As súas obras máis importantes son: PROEL e O GALO
SOL-POR
Acorado e roibo
durmíase o día,
coa testa deitada
no colo da ría.
A campás beatas
no ceo bulían
rezando rosarios
á Virxen María.
Bogando nas nubens
cara ó ceo ían
envoltas nos ouros
do sol que morría.
Pol-o mar, as velas
eran folerpiñas,
que da lua aberta
nas ágoas caíran.
Da veira do río,
chegaban cantigas,
choutando nas leiras
molladas de risas.
Preto do hourizonte,
estrelas obrizas
frotaban os ollos
tirando a perguiza.
E bicando os lonxes
as foulas ispidas
o alen nevaban
de limpas surrisas.
Un outo aturuxo
voando fuxía.
E os bosques lonxanos
noite revertían.
O mércores día 4 de abril o alumnado de 3º de ESO participou nun obradoiro de regueifas levado a cabo por LUIS CARUNCHO E PINTO D'HERBÓN, dous REGUEIFEIROS que demostraron dun xeito moi sinxelo en que consiste o feito de regueifar.