NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO

____________________________________

"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________


CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 3

2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.

Artigo 148

1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:

17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.

____________________________________


ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

TÍTULO PRELIMINAR

ARTIGO 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

_______________________________


A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________

VIAXEIRO

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.

Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.

Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.

(Celso Emilio Ferreiro)

____________________________________

24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XOGA CON NÓS
XOGOS.http://www.edu.xunta.es/xogos/OS.
Categoría: XOGOS - Publicado o 23-04-2008 16:31
# Ligazón permanente a este artigo
A TRABE DE OURO
A TRABE DE OURO. http://www.soteloblancoedicions.com/trabe.asp
Categoría: REVISTAS. - Publicado o 18-04-2008 16:05
# Ligazón permanente a este artigo
GRIAL
Historia da revista Grial


Primeiro número da revista Grial
saído do prelo en 1963
A revista Grial tivo o seu antecedente na Colección Grial, que iniciou a súa andaina ao tempo que a Editorial Galaxia. En 1951 apareceu o primeiro caderno dos catro que se chegarían a publicar. Cando Juan Aparicio foi nomeado Director Xeral de Prensa (no diario Pueblo xa escribira un duro ataque contra os cadernos), unha das primeiras medidas que tomou foi prohibir a colección.
A partir de 1963, coa promulgación da Lei de prensa e imprenta, e baixo a constante ameaza de expedientes administrativos e xudiciais, inicia os corenta anos ininterrompidos de contacto permanente con lectores e subscritores. Dirixida por Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego, tiña por obxectivos servir de canle á produción cultural galega e ser testemuña da súa existencia autónoma, tanto fóra coma dentro de Galicia, erixíndose como un espazo de comunicación entre a cultura galega e as culturas do mundo. Ademais, pretendía servir de ponte entre as vellas xeracións do galeguismo e a mocidade que se incorporaba, coas dificultades propias da época, ao discurso cultural galeguista. Naqueles tempos formaban o seu consello de redacción: Ricardo Carballo Calero, Domingo García-Sabell, Celestino Fernández de la Vega, Xosé Manuel López Nogueira, Marino Dónega Rozas, Camilo González Suárez-Llanos, Basilio Losada Castro e Ricardo García Suárez.
GRIAL.http://www.editorialgalaxia.es/editorial/editorial.php?id=4
Categoría: REVISTAS. - Publicado o 18-04-2008 15:55
# Ligazón permanente a este artigo
UNIÓN LIBRE. CADERNOS DE VIDA E CULTURAS
UNIÓN LIBRE. CADERNOS DE VIDA E CULTURAS


UNIÓN LIBRE naceu co propósito de ser unha colección de cadernos de periodicidade anual dedicada á vida no seu sentido máis integral e pluricultural, aínda que sempre en conexión con manifestacións creativas preferentemente literarias e dende unha perspectiva de avanzada radicalmente aberta, crítica, independente e libertaria.
UNIÓN LIBRE. http://www.unionlibre.org/comite.htm
Categoría: REVISTAS. - Publicado o 18-04-2008 15:45
# Ligazón permanente a este artigo
DORNA. EXPRESIÓN POÉTICA GALEGA
DORNA . http://dice.cindoc.csic.es/revista.php?rev=1703
DORNA. http://www.usc.es/spubl/revdorna.htm
Categoría: REVISTAS. - Publicado o 18-04-2008 15:38
# Ligazón permanente a este artigo
LOE. Lei Orgánica 2/2006, de Educación.
As sociedades actuais concédenlle grande importancia á educación
que recibe a súa mocidade, na convición de que dela dependen tanto o
benestar individual como o colectivo. A educación é o medio máis adecuado
para construír a súa personalidade, desenvolver ao máximo as súas
capacidades, conformar a súa propia identidade persoal e configurar a súa
comprensión da realidade, integrando a dimensión cognoscitiva, a afectiva
e a axiolóxica. Para a sociedade, a educación é o medio de transmitir e, ao
mesmo tempo, de renovar a cultura e o acervo de coñecementos e valores
que a sustentan, de extraer as máximas posibilidades das súas fontes de
riqueza, de fomentar a convivencia democrática e o respecto ás diferenzas
individuais, de promover a solidariedade e evitar a discriminación, co
obxectivo fundamental de lograr a necesaria cohesión social.

PODES CONSULTAR A LOE DESDE ESTA PÁXINA.
LOEhttp://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/Conselleria/loe.pdf.
Categoría: LEXISLACIÓN BÁSICA. - Publicado o 16-04-2008 20:25
# Ligazón permanente a este artigo
BIBLIOTECA DO IES EBA
BIBLIOTECA IES E.BLANCO AMOR. http://www.biblioeba.blogspot.com/
BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA. http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 10-04-2008 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA
BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA.http://bvg.udc.es/LetrasGalegas2008/index.html
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 02-04-2008 18:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal